Archive | abril 24, 2014

Concello de Vigo

 


Concello e empresarios ven na perda da autonomía xudicial un “factor disuasor de establecemento de empresas en Vigo”

O alcalde reuniuse cos máximos responsables do Círculo de Empresarios de Galicia para valorar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, que obriga a Vigo a depender do Tribunal de Instancia de Pontevedra e a apelar no TSXG de A Coruña. As partes valoraron “negativamente” o texto e ven na carencia de partido xudicial propio un factor disuasorio na instalación de empresas na cidade. 

 


O Concello realiza asfaltados e melloras de firme en todas as parroquias e no centro da cidade

O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano. Cun orzamento de máis dun millón de euros, os traballos, explicou o rexedor, están condicionados ás condicións climatolóxicas. 

 


O Concello inaugura unha mostra na Casa das Artes con 116 imaxes do Arquivo Pacheco

O alcalde informou hoxe da apertura, este xoves ás 20 horas, da mostra “Arquivo Pacheco. Documento Gráfico”, habilitada na Casa das Artes ata o próximo 30 de xuño. A exposición encádrase no labor que está a realizar o Concello recuperación, conservación, dixitalización e difusión dun Arquivo composto por 140.000 imaxes 

 


Vigo e Celaya entablarán relacións institucionais en torno á industria do automóbil

O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da Cámara da cidade mexicana, Gerardo Banuet, mantiveron hoxe xoves unha entrevista na que estudaron a posibilidade de establecer relacións institucionais entre ambas urbes, moi vencelladas á industria da automoción. Delegacións de Vigo e Celaya viaxarán a México e España en novembro e setembro, respectivamente. 

 


Caballero anima a todo Vigo a participar o 18 de maio na Primeira Andaina Polos Montes de Vigo

Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta iniciativa permitirá aos vigueses achegarse a “ese gran descoñecido” que son os montes de Vigo. Acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo un chamamento á participación nunha actividade complementaria ao exitoso proxecto Camiño a Camiño, que conta nestes momentos cunha participación de máis de 4.000 persoas. 

 


A 7ª edición de A Pedaliña organiza o domingo unha marcha en bicicleta polo centro da cidade

O concelleiro de Fomento participou hoxe xoves na presentación da 7ª edición de A Pedaliña, unha actividade de promoción do uso da bicicleta, organizada en colaboración con A golpe de pedal. O sábado 26 de abril haberá actividades lúdicas no Castro e o domingo 27 sairá as 11,00 horas unha marcha en bicicleta que partirá da Porta do Sol.

 


Caballero eloxia o nivel do balonmán vigués, que representa a Galicia no Campionato de España Xuvenil

Esta fin de semana, os pavillóns de Navia e Lavadores acollen as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, masculino e feminino, nos que os vigueses Academia Octavio e o Balonmán Lavadores participan, respectivamente, como campións galegos. De sair vencedores disputarán a fase final do Campionato.

 


O programa Vigocultura celebra esta fin de semana o Día Mundial da Danza

Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello , Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza con dous espectáculos: o venres 25 haberá un festival Galaico-Portugués “Na Raia”, e o domingo 27, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra “Menú vexetal”.

 


Presentación do Libro “O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte”

A Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios acolle o venres, 25 de abril, a presentación do libro “O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte” de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. O acto terá lugar ás 20 horas.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

espectáculo teatral ‘La catarsis del tomate’, Representación a beneficio de la asociación Afán

Catarsis del pañal 2  El actor Tito Spaghetto estrena en Vigo el espectáculo teatral y social ‘La catarsis del pañal’, a beneficio de la asociación Afan y con la colaboración de la Diputación de Pontevedra 

• Spaghetto: «Concibo el teatro como una expresión del arte en la que puede y debe tener cabida el compromiso social»

• La obra, que se representara el día 3 de mayo en el auditorio del Concello de Vigo, prevé recaudar pañales para repartir entre las familias necesitadas.
• Las entradas costarán seis euros y con cada una de ellas se obsequiará con un pañal a los asistentes que, al final de la representación, deberán lanzar al escenario.

Vigo, 24 de abril. Mezclar el arte y el compromiso social es, para el actor vigués Tito Spaghetto, algo natural y que debería ocurrir más a menudo. De hecho, a lo largo de su trayectoria profesional, este vínculo de ayuda a los necesitados ha estado siempre presente. En esta ocasión Spaghetto ha querido jugar en casa, su Vigo natal, y convertir un espectáculo teatral en un mecanismo de ayuda a las familias menos favorecidas. Así nació ‘La catarsis del pañal’, tras una idea surgida en una conversación de café con una de las trabajadoras de la asociación viguesa Berce, donde también colabora Spaghetto.
La idea era rememorar el espectáculo que se representa en Madrid ‘La catarsis del tomate’ y hacer algo similar, pero esta vez recaudando y recogiendo pañales para regalar a través de la asociación Afán a familias de Vigo sin recursos.
La obra, que se representará el próximo día 3 de mayo a partir de las seis de la tarde en el auditorio del Concello de Vigo, se presentó esta mañana en la sede viguesa de la Diputación de Pontevedra. La diputada Marta Iglesias elogió la idea, «con la que hemos estado dispuestos a colaborar desde el primer momento», e invitó a todos los vigueses «a participar del espectáculo y de la solidaridad implícita en el mismo».
Las entradas costarán seis euros y, para aumentar el número de pañales, los organizadores han dispuesto más de una decena de puntos de recogida en distintas zonas de la ciudad con la intención de prestar la máxima ayuda posible a la asociación Afan.
Este proyecto de teatro e iniciativa social nace al amparo de Dreamwalkman Producciones Artísticas, y cuenta con la actuación de Tito Spaghetto, autodefinido como el único bululú que hasta ahora se conozca con residencia en la Comunidad Gallega.
Con esta representación, desde Dreamwalkman P.A se busca que las acciones teatrales tengan un retorno social y, en este caso, además, se incorporará como novedad la aparición en el escenario de una intérprete del idioma de signos para que los discapacitados auditivos puedan disfrutar del espectáculo.
La obra teatral está pensada, según explicó su actor principal, para que disfruten al mismo tiempo tres generaciones de una misma familia. El humor, que es el eje central de la trama, correrá a cargo de una familia con distintos personajes que recrearán diversas situaciones capaces de provocar recuerdos entre el público de todas las edades.

MARCO: obradoiros infantís (Día Internacional da Inmunoloxía)

O vindeiro 29 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Inmunoloxía.

Cartel_Día_Inmuno_2014

Con este motivo, o Grupo de Inmunoloxía da Universidade de Vigo organiza, en colaboración co departamento educativo do MARCO, unha actividade dirixida a público infantil, que terá lugar esta fin de semana no Museo, coincidindo cos horarios habituais das actividades para público familiar.

Como funciona o noso sistema inmunitario? Que son os macrófagos e os linfocitos? E eses bichiños chamados virus e bacterias?

Os participantes desfrutarán respondendo a estas cuestións e aprendendo como funciona o noso corpo. Haberá creación de monicreques, xogos, actividades teatralizadas… e poderán descobrir outras cousas mirando a través dun microscopio!

 

Sábado 26 e domingo 27 de abril

Obradoiro infantil con motivo do Día Internacional da Inmunoloxía

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

Horario: de 12.00 a 14.00

Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Eli Paperboy Reed en el Pazo da Cultura de Pontevedra el 14 de mayo – Ciclo Imperdibles

noname (1)

Eli Paperboy Reed en el Pazo da Cultura de Pontevedra

El Ciclo Imperdibles llega a su fin con el concierto del soulman americano Eli Paperboy Reed el próximo 14 de mayo en el Pazo da Cultura de Pontevedra.

Tras los shows de Fanfarlo + Lilies on Mars y vetusta morla + Zoé (que tendrá lugar el 1 de mayo y para el que las entradas están agotadas), llega el turno de una de las propuestas internacionales más atractivas de la actualidad.

Eli Paperboy Reed sacudió la escena musical en 2005 con su descarada juventud e increíble estilo clásico, como si las grandes voces del soul y el R&B se hubieran transmutado en este joven de Brooklyn de aspecto aniñado y sorprendentes maneras clásicas.

La voz, el baile y su estilo a la guitarra conquistaron al público rápidamente.

Su legión de fans españoles se llevará sin duda una grata sorpresa con esta confirmación para el 14 de mayo en Pontevedra, ocasión que aprovechará para presentar su nuevo disco: “Nights like this”, que publicará el 29 de abril y se puede escuchar en exclusiva en la web de Rolling Stone USA.
Fotos, aquí.

14 de mayo, Eli Paperboy Reed (USA)
Pazo da Cultura de Pontevedra
Anticipada: 20 € + gastos
Taquilla: 24 €
Apertura de puertas: 20.15 h.

 

 

Xornadas de ‘Interim Management’ nos campus da Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia

Os campus de Vigo e da Coruña da Escola de Negocios acollerán os vindeiros martes 29 e mércores 30 de abril, respectivamente, as xornadas organizadas en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección e a Asociación Interim Management España, «Interim Management: una nueva forma de dirigir. Valor diferencial y ventajas». 

AXENDA SINSALAUDIO // COMEZA NA CORUÑA O CICLO NINONINO!

NINONINO   NINONINO! é un ciclo organizado por Normal e coordinado por Sinsalaudio.

A Coruña, 24 de abril de 2014.- Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, presenta NINONINO!, un ciclo musical dividido en catro sesións, nas que oito músicos galegos de diferentes estilos presentarán as súas cancións mentres varios debuxantes resumirán cada xornada en viñetas. Este proxecto nace co principal obxectivo de promover a incipiente –e recoñecida– nova xeración de músicos galegos, orixinando un lugar de colaboración con outras disciplinas artísticas como a banda deseñada.

O debuxante vigués Andrés Magán (Vigo) ilustrará o concerto inaugural este venres, 25 de abril, con Gas Noble (A Coruña) e Puma Pumku (Santiago) a presentar as súas últimas propostas musicais. O xoves 8 de maio toman o relevo dúas das bandas de referencia no panorama actual galego, Esquelas (A Coruña) e Das Kapital (Santiago), que protagonizan o segundo concerto do ciclo nunha sesión ilustrada por Miguel Porto (Vigo). Ao día seguinte o escenario de NORMAL acollerá a conversa a tres bandas entre o directo cru de Lady Leño (A Coruña), o pop fresco de Linda Guilala (Vigo) e as ilustracións de Bernal Prieto (A Coruña) no penúltimo concerto deNINONINO! Korokati (A Coruña) e When Nalda Became Punk (Vigo) serán os grupos encargados de pechar o ciclo o venres 16 de maio, nun último concerto que será ilustrado polo debuxante coruñés Roque Romero.

O programa de NINONINO! inclúe tamén un obradoiro familiar aberto a todos os públicos arredor dos sons da cidade, titulado Debuxando os sons da cidade. Este obradoiro gratuíto, que terá lugar o sábado 10 de maio, propón unha procura lúdica dos sons da cidade para despois pintalos, compoñendo o mapa das onomatopeas da Coruña.

GAS NOBLE (A Coruña) – 20:30 horas
PUMA PUMKU (Santiago) – 21:30 horas
+ Andrés Magán (Vigo) – Ilustrador

XOVES 8 MAIO

ESQUELAS (A Coruña) – 20:30 horas
DAS KAPITAL (Santiago) – 21:30 horas
+ Miguel Porto (Vigo) – Ilustrador
LADY LEÑO (A Coruña) – 20:30 horas
LINDA GUILALA (Vigo) – 21:30 horas
+ Bernal Prieto (A Coruña) – Ilustrador
OBRADOIRO FAMILIAR – 11.30 / 13.30 horas
Debuxando as onomatopeas da Coruña
Obradoiro gratuíto con inscrición previa en actividades@istoenormal.org.
KOROKATI (A Coruña) – 20:30 horas
WHEN NALDA BECAME PUNK (Vigo) – 21:30 horas
+ Roque Romero (A Coruña) – Ilustrador

Entrada libre de público até completar o aforo

Máis información en http://istoenormal.org/gl/

‘La dama duende’ na Fundación Novacaixagalicia en Vigo e Pontevedra

A Fundación Novacaixagalicia presentará mañá, venres 25, e ao día seguinte, sábado 26 de abril, en Pontevedra e Vigo respectivamente, a peza La dama duende, a última obra dirixida polo dramaturgo Miguel Narros antes do seu pasamento no pasado xuño do 2013. Unha das máis divertidas comedias de capa e espada que alumou o teatro español escrita por Calderón de la Barca. O Centro Social de Pontevedra e o cultural de Vigo abrirán o pano, ás 20.30 h, para acoller esta montaxe clásica interpretada por Marcial Álvarez, Diana Palazón, Iván Hermés, Mona Martínez, Chema León, Emilio Gómez, Eva Marciel, Paloma Montero e Antonio Escribano. La dama duende está incluída na tempada de abonos de teatro que programa a Fundación Novacaixagalicia e as entradas soltas están xa á venda nas canles habituais da entidade: a web de Servinova, www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, ou nos despachos de billetes da Central de Espectáculos, dos centros da Fundación de Ourense, Santiago e A Coruña e no do recinto o mesmo día do espectáculo.

EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓN DO LIBRO-DISCO

Pitusa-semifusa

 

Na colección Sonárbore, xa conta con páxina no Facebook para facerse fan, escoitar avances en Spotify, etc.

 

 


Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro-disco, publicado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas, ‘Pitusa Semifusa‘, un impresionante proxecto musical comandado pola pandereiteira folk e que pretende, ademais de ofrecer un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico desta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz), aprenderlles aos nenos e as nenas as familias de instrumentos.
Pitusa Semifusa é proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastras, Quim Fariña, Anxo Pintos ou Ramón Bermejo, entre outros. Entre todos eles argallan cancións que nos permitirán viaxar pola voz, os ventos, os metais, as cordas…nunha mestura musical e vocal diante da que ninguén quedará indiferente.
Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa Semifusa, cantareira e festiva.

 

La Comunidad de Madrid presenta Retratos de papel, una gran retrospectiva del fotógrafo Chema Conesa

Lunes 28 de abril, 10.45 h. Sala Comunidad de Madrid-Alcalá, 31

La Comunidad de Madrid presenta Retratos de papel, una gran retrospectiva del fotógrafo Chema Conesa

La consejera de Empleo, Turismo y Cultura de la Comunidad de Madrid, Ana Isabel Mariño, presentará el próximo lunes 28 de abril, a las 10.45 h, en la Sala Comunidad de Madrid-Alcalá 31, la exposición Retratos de papel, de Chema Conesa, comisariada por el también fotógrafo y Premio Nacional de Fotografía, Ramón Masats, y el presidente de PHotoEspaña, Alberto Anaut.

Junto al artista y los comisarios, la consejera Mariño recorrerá esta gran retrospectiva compuesta por 109 grandes instantáneas del Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid 2011, en la modalidad de Fotografía. La muestra es un ambicioso proyecto que desvela un gigantesco mosaico de importantes personajes en España, a través de la mirada de uno de los grandes retratistas españoles. Se podrá visitar desde el 29 de abril al 27 de julio de 2014, dentro de la sección oficial de PHotoEspaña 2014..

DIA: LUNES, 28 DE ABRIL, DE 2014
HORA: 10:45
LUGAR: SALA COMUNIDAD DE MADRID-ALCALÁ 31
C/ ALCALÁ, 31 (MADRID)