Concello de Vigo

 


Concello e empresarios ven na perda da autonomía xudicial un “factor disuasor de establecemento de empresas en Vigo”

O alcalde reuniuse cos máximos responsables do Círculo de Empresarios de Galicia para valorar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, que obriga a Vigo a depender do Tribunal de Instancia de Pontevedra e a apelar no TSXG de A Coruña. As partes valoraron “negativamente” o texto e ven na carencia de partido xudicial propio un factor disuasorio na instalación de empresas na cidade. 

 


O Concello realiza asfaltados e melloras de firme en todas as parroquias e no centro da cidade

O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano. Cun orzamento de máis dun millón de euros, os traballos, explicou o rexedor, están condicionados ás condicións climatolóxicas. 

 


O Concello inaugura unha mostra na Casa das Artes con 116 imaxes do Arquivo Pacheco

O alcalde informou hoxe da apertura, este xoves ás 20 horas, da mostra “Arquivo Pacheco. Documento Gráfico”, habilitada na Casa das Artes ata o próximo 30 de xuño. A exposición encádrase no labor que está a realizar o Concello recuperación, conservación, dixitalización e difusión dun Arquivo composto por 140.000 imaxes 

 


Vigo e Celaya entablarán relacións institucionais en torno á industria do automóbil

O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da Cámara da cidade mexicana, Gerardo Banuet, mantiveron hoxe xoves unha entrevista na que estudaron a posibilidade de establecer relacións institucionais entre ambas urbes, moi vencelladas á industria da automoción. Delegacións de Vigo e Celaya viaxarán a México e España en novembro e setembro, respectivamente. 

 


Caballero anima a todo Vigo a participar o 18 de maio na Primeira Andaina Polos Montes de Vigo

Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta iniciativa permitirá aos vigueses achegarse a “ese gran descoñecido” que son os montes de Vigo. Acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo un chamamento á participación nunha actividade complementaria ao exitoso proxecto Camiño a Camiño, que conta nestes momentos cunha participación de máis de 4.000 persoas. 

 


A 7ª edición de A Pedaliña organiza o domingo unha marcha en bicicleta polo centro da cidade

O concelleiro de Fomento participou hoxe xoves na presentación da 7ª edición de A Pedaliña, unha actividade de promoción do uso da bicicleta, organizada en colaboración con A golpe de pedal. O sábado 26 de abril haberá actividades lúdicas no Castro e o domingo 27 sairá as 11,00 horas unha marcha en bicicleta que partirá da Porta do Sol.

 


Caballero eloxia o nivel do balonmán vigués, que representa a Galicia no Campionato de España Xuvenil

Esta fin de semana, os pavillóns de Navia e Lavadores acollen as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, masculino e feminino, nos que os vigueses Academia Octavio e o Balonmán Lavadores participan, respectivamente, como campións galegos. De sair vencedores disputarán a fase final do Campionato.

 


O programa Vigocultura celebra esta fin de semana o Día Mundial da Danza

Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello , Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza con dous espectáculos: o venres 25 haberá un festival Galaico-Portugués “Na Raia”, e o domingo 27, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra “Menú vexetal”.

 


Presentación do Libro “O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte”

A Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios acolle o venres, 25 de abril, a presentación do libro “O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte” de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. O acto terá lugar ás 20 horas.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: