EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓN DO LIBRO-DISCO

Pitusa-semifusa

 

Na colección Sonárbore, xa conta con páxina no Facebook para facerse fan, escoitar avances en Spotify, etc.

 

 


Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro-disco, publicado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas, ‘Pitusa Semifusa‘, un impresionante proxecto musical comandado pola pandereiteira folk e que pretende, ademais de ofrecer un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico desta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz), aprenderlles aos nenos e as nenas as familias de instrumentos.
Pitusa Semifusa é proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastras, Quim Fariña, Anxo Pintos ou Ramón Bermejo, entre outros. Entre todos eles argallan cancións que nos permitirán viaxar pola voz, os ventos, os metais, as cordas…nunha mestura musical e vocal diante da que ninguén quedará indiferente.
Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa Semifusa, cantareira e festiva.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: