‘La dama duende’ na Fundación Novacaixagalicia en Vigo e Pontevedra

A Fundación Novacaixagalicia presentará mañá, venres 25, e ao día seguinte, sábado 26 de abril, en Pontevedra e Vigo respectivamente, a peza La dama duende, a última obra dirixida polo dramaturgo Miguel Narros antes do seu pasamento no pasado xuño do 2013. Unha das máis divertidas comedias de capa e espada que alumou o teatro español escrita por Calderón de la Barca. O Centro Social de Pontevedra e o cultural de Vigo abrirán o pano, ás 20.30 h, para acoller esta montaxe clásica interpretada por Marcial Álvarez, Diana Palazón, Iván Hermés, Mona Martínez, Chema León, Emilio Gómez, Eva Marciel, Paloma Montero e Antonio Escribano. La dama duende está incluída na tempada de abonos de teatro que programa a Fundación Novacaixagalicia e as entradas soltas están xa á venda nas canles habituais da entidade: a web de Servinova, www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, ou nos despachos de billetes da Central de Espectáculos, dos centros da Fundación de Ourense, Santiago e A Coruña e no do recinto o mesmo día do espectáculo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: