MARCO: obradoiros infantís (Día Internacional da Inmunoloxía)
O vindeiro 29 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Inmunoloxía.
Con este motivo, o Grupo de Inmunoloxía da Universidade de Vigo organiza, en colaboración co departamento educativo do MARCO, unha actividade dirixida a público infantil, que terá lugar esta fin de semana no Museo, coincidindo cos horarios habituais das actividades para público familiar.
Como funciona o noso sistema inmunitario? Que son os macrófagos e os linfocitos? E eses bichiños chamados virus e bacterias?
Os participantes desfrutarán respondendo a estas cuestións e aprendendo como funciona o noso corpo. Haberá creación de monicreques, xogos, actividades teatralizadas… e poderán descobrir outras cousas mirando a través dun microscopio!
Sábado 26 e domingo 27 de abril
Obradoiro infantil con motivo do Día Internacional da Inmunoloxía
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Horario: de 12.00 a 14.00
Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo