A CONSELLEIRA DE FACENDA RESALTA A IMPORTANCIA DE IMPLICAR A TODA A CIDADANÍA NA PLANIFICACIÓN DOS FONDOS COMUNITARIOS PARA O PERÍODO 2014-2020
- Elena Muñoz Fonteriz participou hoxe na clausura das mesas de traballo relacionadas co Fondo Social Europeo (FSE)
- O obxectivo é contribuír a elaborar unha programación dos fondos axeitada ás necesidades e prioridades de Galicia
- A conselleira destacou que a planificación da política de cohesión ten que ser transparente e contar cun amplo consenso de todas as partes involucradas.
Rockandaluz Producciones. Mago de Oz, Pinillo Rock, et
25 ABRIL
THE BUZZ LOVERS (EL MEJOR TRIBUTO A NIRVANA) + SEATTLE SOUND (TRIBUTO AL GRUNGE)
8€ anticipada (Daily Records c/ Sitges nº9), 10€ taquilla
Apertura 21 horas
SALA PLATAFORMA – BARCELONA
26 ABRIL
THE BUZZ LOVERS (EL MEJOR TRIBUTO A NIRVANA) + TRIBUTE
8€ anticipada
Regente Venus: Sant Camil 1 y Avda. Primavera 17 –Cerdanyola del Vallés.
El último manteca: Sant Ramón 214 – Cerdanyola del vallés
Tía Felipa: Lluis Companys 6 –Cerdanyola del Vallés
Cal Pepelu: Sant Casimir 27- Cerdanyola del Vallés
10€ taquilla. Apertura 22:45 horas
SALA ACME- CERDANYOLA DEL VALLÉS
1 MAYO
MAGO DE OZ + LAD CUIG
18€ anticipada (www.ticketea.com , www.rockandaluz.com, Melgamusic, Discos Krisis), 21€ taquilla
Apertura 21:00 horas
SALA EL TREN – GRANADA
2 MAYO
MAGO DE OZ + LAD CUIG
18€ anticipada (www.ticketea.com , www.rockandaluz.com, Malamúsica Jerez, Sala Barco), 21€ taquilla
Apertura 22:00 horas
AUDITORIO IFECA – JEREZ DE LA FRONTERA
23 MAYO
THE BUZZ LOVERS (EL MEJOR TRIBUTO A NIRVANA) + KING JEREMY (TRIBUTO A PEARL JAM)
7€ anticipada (Portobello / www.salamardigras.com ), 9€ taquilla.
Apertura 22:00 horas
SALA MARDIGRAS – A CORUÑA
24 MAYO
THE BUZZ LOVERS (EL MEJOR TRIBUTO A NIRVANA) + GRUPO INVITADO
7€ anticipada (Discos elepé, Discos Honky Tonk, La Iguana Club), 9€ taquilla. Apertura 22.30 horas
SALA IGUANA – VIGO
6 Y 7 DE JUNIO
II FESTIVAL PINILLO ROCK
VIERNES 6: NOCHE DE TRIBUTOS – BUZZ LOVERS (NIRVANA) + RIFF RAFF REUNION (AC-DC) + THE HYPE (U2) + GUERRILLA (RAGE AGAINST THE MACHINE) + SPANISH CARAVAN (THE DOORS) + HELL HOUSE (GUNS N ROSES)
SÁBADO 7: REINCIDENTES + PONCHO K + ESKORZO + D.A.0 + RETALES + SOBRAN CAUSAS
Abono dos días: 18€ anticipada hasta el 5 junio (Puntos de venta:www.ticketea.com, Discos Fuentes Guerra, Totemtanz.com, Record Sevilla, Oficina de Turismo Almodóvar)
Abono dos días: 23€ taquilla. Sólo 6 Junio 13€ taquilla. Sólo 7 Junio 18€ taquilla. Apertura 19.00h
RECINTO FERIAL – ALMODÓVAR DEL RÍO – CÓRDOBA
6 JUNIO
METALMANÍA (TRIBUTO A METALLICA)
8€ anticipada (Donosti Rock, Minuto y Medio, La Cabaña, Doka, Triku Harri, www.kulturalive.com ), 10€ taquilla. Apertura 20.30 horas
SALA DOKA – DONOSTI
7 JUNIO
METALMANIA (TRIBUTO A METALLICA)
5€ anticipada (El ultimo mono, Café Paraiso), 8€ + consumición en taquilla. Apertura 22:30 horas
SALA Whippoorwill (Equilicua) – OVIEDO
7 JUNIO
HELL HOUSE (TRIBUTO A GUNS AND ROSES)
5€ sólo en puerta. Apertura 21.30 horas
SALA MARGINALIA – PORTIMAO (PORTUGAL)
Os Business Program Days na Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia
A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, nos seus campus da cidade da Coruña e mais de Vigo, desenvolverá na fin de semana do 9 e 10 de maio os seus seminarios encadrados no Business Program Days. Aquelas persoas interesadas en inscribirse nos cursos que terán lugar os días devanditos, sábado, poderán facelo ata o martes 6 de maio. A matrícula pode realizarse a través da seguinte ligazón da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia: http://www.escueladenegociosncg.edu/talleres-y-seminarios.php.
MATO APOSTA POR REALIZAR UN LABOR CONTINUO NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE NO TRABALLO
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na inauguración dunha xornada técnica en materia de prevención
- O próximo luns, 28 de abril, celébrase o Día Mundial da seguridade e saúde no traballo, unha efeméride que ten como obxectivo concienciar á sociedade
- Este ano a conmemoración céntrase no uso dos produtos químicos no lugar de traballo, un eido no que xa está a traballar o Goberno galego
- Mato destacou que unhas empresas “máis seguras e saudables”, ademais de ser máis rendibles, proporcionan un “maior benestar” á sociedade
A Coruña, 25 de abril de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe que a prevención dos riscos laborais debe ser un “labor continuo, que é preciso realizar día tras día e entre todos”. Así o salientou hoxe durante a súa participación na inauguración dunha xornada técnica organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) na Coruña.
Mato fixo especial fincapé na necesidade de continuar avanzando neste eido, “moi especialmente” nunhas datas como estas, xa que o próximo luns, 28 de abril, conmemórase o Día mundial da seguridade e saúde no traballo. Esta efeméride, á que a Xunta tense adherido a través da Declaración institucional aprobada onte no Consello da Xunta, ten como obxectivo concienciar ao conxunto da sociedade. “A prevención, por suposto, debe ser impulsada desde os poderes públicos como, de feito, se fai desde o ISSGA. Pero tamén é imprescindible contar coa implicación das empresas, dos axentes sociais, e dos propios traballadores”, considerou.
Este ano a Organización Internacional do Traballo (OIT) escolleu como tema principal desta data o uso dos produtos químicos do traballo. A conselleira explicou que “o uso dos produtos químicos é común en moitos sectores produtivos, polo que resulta fundamental seguir unhas directrices para evitar calquera repercusión negativa na saúde dos traballadores e no medioambiente”.
Por esta mesma razón, o ISSGA xa leva tempo traballando neste ámbito, e ten posto en marcha un “ambicioso proxecto” na materia, que ten como eixo o Mapa de risco químico no sector industrial, que estará listo no mes de xuño. Nesta iniciativa, colaboraron 180 empresas da comunidade autónoma, mentres que os técnicos deste organismo revisaron preto de 6.000 fichas de seguridades dos produtos empregados nestes centros de traballo, o que permitiu elaborar un informe individualizado de cada unha destas empresas.
O ISSGA non só traballa neste aspecto, senón que tamén ten iniciativas noutras áreas da prevención de riscos laborais: na pesca, que é un sector de actuación preferente; nas fábricas de conservas; na elaboración dunha guía ergonómica para traballadores de supermercados; na prevención de enfermidades no caso dos profesionais que traballan coa lousa e o granito; ou no Plan de actuación no sector forestal.
Todos estes esforzos realízanse co convencemento de que “unhas empresas máis seguras e saudables, ademais de ser máis rendibles, proporcionan un maior benestar na sociedade”. Así, a prevención de riscos “repercute directamente” na calidade de vida dos traballadores, pero ao tempo permite mellorar a eficiencia e a rendibilidade das empresas, a través de factores como a redución dos accidentes, o aumento da produtividade ou a satisfacción dos traballadores.
Grazas a este traballo, e á implicación de toda a sociedade, nos últimos cinco anos conseguíronse reducir os accidentes laborais rexistrados en Galicia en máis dun 55 por cento.
DOCE EQUIPOS DE NOVE CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS PARTICIPAN MAÑÁ NA FINAL DE PARLAMENTO XOVE QUE ORGANIZA XUVENTUDE
- Haberá dúas categorías diferenciadas por idades: unha para o alumnado de 3º e 4º de ESO e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato
- Os participantes empregarán a súa oratoria para defender un determinado posicionamento da temática proposta
- O equipo gañador de Bacharelato recibirá como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros e o da categoría de ESO poderá disfrutar dunha semana de ocio educativo
Santiago, 25 de abril de 2014.- A final do certame de Parlamento Xove, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, contará mañá coa participación dun total de doce equipos procedentes de nove centros educativos galegos. Haberá dúas categorías diferenciadas por idades: unha para o alumnado de 3º e 4º de ESO e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato.
Na modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria chegaron á final catro equipos: o colexio La Salle, o IES Pontepedriña e o IES Antón Fraguas, de Santiago, e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos. En Bacharelato tomarán parte oito equipos: o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, o colexio La Salle de Santiago, o IES Manuel Murguía de Arteixo, o colexio Divina Pastora de Ourense e con dous equipos o IES Laxeiro de Lalín e o IES de Becerreá.
Os participantes deberán empregar a súa oratoria para defender un determinado posicionamento acerca do tema proposto pola organización. Deben realizar unha investigación previa, realizar un dossier de investigación e defender no debate a postura que lles toque. Na categoría de ESO a temática será ‘Lemos máis ou menos desde a irrupción de Internet na nosa vida cotiá’ e na de Bacharelato ‘Debe primar a seguridade dun país sobre o dereito á intimidade?’. Só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico daráselles a coñecer a cada equipo se lles corresponde debater a favor ou en contra. O xurado estará composto por xornalistas.
O equipo gañador de Bacharelato recibirá como premio unha viaxe valorado en 5.000 euros e cada un dos membros do equipo subcampión recibirá unha tableta dixital. Na modalidade de ESO, os gañadores poderán disfrutar dunha semana de ocio educativo e os membros do equipo subcampión recibirán un ebook. Os que gañen o premio ao mellor dossier de investigación obterán un disco duro e os mellores oradores recibirán un diploma e un ipod.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias; ao tempo que se potencian as habilidades individuais e grupais, como son a selección de información ou a expresión oral, foméntase a tolerancia e respecto polas ideas dos demais.
A Editorial Galaxia anuncia a publicación da ‘Poesía Galega Completa’ de Xosé María Díaz Castro
En edición de Armando Requeixo
Esta semana irá entrando nas librerías todas do país a ‘Poesía galega completa‘ que a Editorial Galaxia publica en edición de Armando Requeixo.
Nunha coidada edición en tapa dura, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, feitura á altura do poeta a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas, os lectores e lectoras poderán acceder ao legado poético do escritor desa obra emblemática que é ‘Nimbos’ e que, precisamente pola súa forza e potencia, ten escurecido o resto da súa produción lírica.
Daquela, un dos obxectivos desta publicación é sacar á luz un Díaz Castro alén desa obra, un poeta grande que ficaba por descubrir. Compilar toda esoutra produción poética en galego -édita e inédita- e dála a luz a canda o seu referencial poemario é o obxecto deste volume.
Premios David Russell e últimos concertos do Programa Sinfónico de Primavera
Una intensa axenda musical para Npas formacións da Vigo 430
A Xove 430 participa nos Premios David Russell e a formación sinfónica afronta a recta final do Programa Sinfónico de Primavera
Acaban de dar comezo tres semanas de intenso traballo para os músicos que conforman o proxecto da Vigo 430. Dende hoxe día 25 de abril e ata o vindeiro martes 13 de maio serán varias as citas que os integrantes das diferentes formacións da 430, a Orquestra Sinfónica e a Xove Orquestra, terán co público Vigués o que significa semanas de intenso traballo diario nas que están involucrados todos os integrantes, músicos e técnicos, do proxecto para sacar o maior e mellor rendemento das formacións.
Esta fin de semana poderemos escoitar a formación de xente nova nos Premios David Russell. Tras as audicións dos participantes que terán lugar ao longo de toda a fin de semana, o domingo 27 ás 19:30 no auditorio Martín Códax e con entrada libre a Xove Orquestra dará un concerto para anunciar á persoa galardoada este ano. No concerto a xove formación acompañará á gañadora da edició do 2013, Laura Balboa.
O vindeiro martes 6 de maio a Orquestra sinfónica acompañará ao Premio Nacional de Música Javier Perianes no 3ª concerto do Programa Sinfónico de Primavera, tamén no Auditorio de Martín Códax ás 20:30 e con entradas a partir de 10 € á venda a través de Servinova e na Central de Espectáculos.
Durante a fin de semana do 10 e 11 de maio a Vigo 430 rematará o proxecto discográfico que está a elaborar en colaboración co violinista francés Nicolás Dautricourt.
E para rematar coas citas musicais desta intensa axenda o concerto de clausura do Programa Sinfónico de Primavera terá lugar no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia o martes 13 de maio ás 20:30 co violinista Gordan Nikolic e a violoncellista Celine Flamen. As localidades poden adquirirse a partir de 6 € na Central de Espectáculos e através do servizo de venda de localidades de Servinova.
MARCO: programación MAIO 2014
- PRORROGADA ata o 8 de xuño de 2014
- Comisarios: Agar Ledo Arias e Iñaki Martínez Antelo
- Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Carlos Álvarez Gil, Carla Andrade, Arrieta/Vázquez, Pablo Barreiro, Misha Bies Golas, Olmo Blanco, Olmo Cuña, Manuel Eirís, David Ferrando Giraut, Pablo Fidalgo Lareo [El Conde de Torrefiel, Andrés Duque, Gastón Solnicki, Eloy Enciso, Rui Catalão, Patricia Caballero, Xurxo Chirro, Miguel Boneville, Claudia Dias, Ramiro Ledo, Lagartijas Tiradas al Sol, Nicolás Pereda, Olga Novo, Fon Román, Juan Loriente, Celso Fernández Sanmartín, Luis López Carrasco], Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Enrique Lista, Loreto Martínez Troncoso, Joan Morera, Doa Ocampo, montenoso, Gemma Pardo, Lois Patiño, Marta Peleteiro, Kiko Pérez, Miguel Prado, Federico Vladimir Strate Pezdric, Ismael Teira, Mar Vicente, Diego Vites Leer más…
ABERTO DESDE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR O CHEQUE INFANTIL CO QUE BENESTAR FINANCIARÁ ESTE ANO UNHAS 1.100 PRAZAS DE 0-3 ANOS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que permitirá ás familias contar cunha subvención para acudir a calquera escola infantil privada que escollan
Este ano a orde do curso 2014/2015 contará cun orzamento de 1,8 millóns de euros, superior en 400.000 euros ao do ano pasado
A contía a percibir polos usuarios por cada praza de xornada completa oscilará entre os 45 euros mensuais das rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas
Este ano vanse manter os prazos de presentación de solicitudes cos do ano pasado, co obxectivo de que as resolucións estean listas no mes de xullo
Santiago, 25 de abril de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar abrirá a partir de mañá o prazo para solicitar o cheque infantil co que se prevé financiar este ano unhas 1.100 prazas de 0-3 anos en escolas infantís privadas destinadas a aquelas persoas que non resultaran adxudicatarias dunha praza pública, ou ben para aquelas familias que residen nunha localidade na que non existen instalacións sostidas con fondos públicos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde de axudas que está dotada para o curso 2014-2015 cun orzamento de 1,8 millóns de euros, 400.000 euros máis que o exercicio pasado.
A contía a percibir varía en función da renda, e oscila entre os 45 euros mensuais e os 250 euros no caso da xornada completa con comedor. Por esta razón, o número total de beneficiarios pode variar en función de cal sexa a renda das familias que soliciten cada ano estas axudas.
Unha vez concedida, só se pode variar o tipo de servizo solicitado polas seguintes circunstancias, sempre que sexan xustificadas: pasar a situación de desemprego ou outros motivos laborais; enfermidade grave dos pais, nais ou representantes legais; ou situación de nulidade, separación ou divorcio.
Consolidación
Esta convocatoria de axudas consolida o cambio iniciado na orde publicada en 2012. Desde ese curso os pais e nais poden elixir sen restricións o centro no que matriculan aos seus fillos, xa que son agora as familias as que perciben directamente esta contía a través dun bono mensual. Anteriormente os beneficiarios só podían acceder unha praza nalgunha das instalacións adscritas a este programa, posto que eran as propias escolas as que recibían a subvención. Esta nova forma de abono da axuda permite ás familias conseguir unha maior flexibilidade ao poder escoller calquera centro, sempre que estea autorizado.
No acceso ás axudas, seguirán tendo prioridade aqueles nenos e nenas que xa tiveran concedida a axuda no curso pasado, de xeito que se poida dar continuidade á súa escolarización, se seguen cumprindo os requisitos da orde.
Con respecto aos novos solicitantes, mantéñense os criterios da orde de cursos pasados: poderán pedir a axuda aquelas persoas con nenos e nenas de 0 a 3 anos que tiñan solicitado praza pública e non resultaran adxudicatarios, sempre e cando exercesen a opción polo cheque infantil cando a solicitaron. Tamén terán dereito a esta subvención aquelas persoas que residan en localidade onde non existan escolas infantís de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos.
Na orde enténdese como prazas sostidas con fondos públicos aquelas dependentes directamente da rede da Xunta, das corporacións locais ou ben aquelas de iniciativa social que son subvencionadas polo Goberno galego.
Este ano, vanse manter os mesmos prazos de presentación de solicitudes cos do ano pasado, co obxectivo de que se consoliden esas datas para que as familias poidan ter unha previsión dos prazos anuais da convocatoria e de que as resolucións estean listas no mes de xullo.