A Fundación Novacaixagalicia amosa en Vigo a evolución da tradición pictórica galega a través do xénero do bodegón

A Fundación Novacaixagalicia mostrará a partir de mañá mércores a exposición «O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega», un proxecto conformado con fondos das coleccións de arte de Novagalicia Banco e da Fundación Novacaixagalicia e coordinado por Carlos L. Bernárdez. O acto de presentación aos medios, que se desenvolveu este mediodía na sala de exposicións do centro cultural da entidade en Vigo, situado na rúa Policarpo Sanz, 13, contou coa presenza do propio Carlos L. Bernárdez e de Paloma Vela Garicano, directora de Artes Plásticas da Fundación Novacaixagalicia. Esta última salientou a rica e variada representación de pintura galega que ambas as coleccións posúen e afirmou que «este feito permite unha multiplicidade de achegamentos á nosa arte, neste caso, ao xénero do bodegón». Engadiu, así mesmo, que «para a fundación galega é fundamental e obrigado ofrecer a Galicia as diferentes perspectivas que sobre a historia da arte galega a colección permite». Bernárdez, pola súa banda, puxo de relevo «a importancia da mostra á hora de conformar a visión da tradición pictórica galega a través dun dos xéneros fundamentais na evolución da pintura occidental e no que se manifesta, de xeito ben acusado, a experimentación estilística que levou á modernidade».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: