Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

A saúde dos traballadores e o beneficio empresarial

A actual e persistente coxuntura de crise económica propiciada polo gran capital transnacional e as oligarquías económicas e financeiras, foi aproveitada por estas para  implantar a través dos seus representantes políticos no poder, un modelo social e económico asimétrico, desequilibrado e fondamente inxusto que, non dubidou en aplicar extremas fórmulas neoliberais -propias da máis rancia e escura ultradereita política-, xustificadas  estas como o remedio único e imprescindible para recuperar a bonanza económica e o emprego.

Na práctica, a realidade e outra e moi distinta. A salvaxe e inédita -por brutal- reforma laboral  imposta polo PP ao conxunto da clase traballadora, vén de propiciar unha fonda desregulamentación das relación laborais, que está a ter desastrosas e terribles consecuencias para os traballadores e as súas familias. Relacións laborais nas que o empresario pasou a ter respaldo legal e plena capacidade para impoñer  sen límites as condicións de traballo e as retribucións salariais, fronte a unha clase traballadora espoliada dos seus dereitos laborais máis elementais, completamente desprotexida ante a avaricia e a falla de escrúpulos de uns e a corrupción social, política e económica de outros, no marco dunha falsa e deteriorada democracia na que nin tan siquera o poder xudicial é quen de garantir non xa a xustiza, senón os dereitos máis elementais.

Estamos logo ante un modelo socioeconómico e laboral sustentado sobre un paradigma con terribles consecuencias para a seguridade e a saúde dos traballadores, no que:

  • O poder político e lexislativo reduce sistemáticamente e até extremos absolutamente inxustificables os orzamentos dispoñibles para a promoción e mantemento de políticas de prevención de riscos e saúde laboral.
  • O empresariado está dotado de amparo legal e dun poder omnímodo para determinar as relación laborais e as condicións de traballo.
  • O traballador é una mera ferramenta de produción, de baixo custe e doadamente reemplazable.
  • O propio poder político permanece cómodo e satisfeito ante a laxitude  da Inspección de Traballo e se cadra da propia Xudicatura,  ante o continuo incumprimento por parte das empresas da normativa máis elemental en materia de prevención de riscos e saúde laboral.
  • As empresas, coa aquiescencia do Goberno, a colaboración das mutuas e a inoperancia da Inspección de Traballo, ocultan sistematicamente incidentes e accidentes laborais, así como enfermidades profesionais coa maior das impunidades.
  • A través da última proposta de reforma funcional e competencial das mutuas, priorízase o beneficio económico sobre a saúde dos traballadores, poñéndose en cuestión e reducindo os tempos de recuperación das súas doenzas, sexan estas comúns ou profesionais.

É neste contexto  no que estamos a celebrar hoxe 28 de abril do 2014 o Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo. Un contexto de deterioro social, político e económico que desgraciadamente tamén afecta de xeito grave e directo ás condicións da seguridade nas que realizamos o noso traballo.

No noso Pais, máis aló de certos datos positivos, e das patéticas e frecuentes escenificacións de autoloubanza ás que nos ten acostumado o Goberno do PP, a sinistralidade laboral segue proporcionándonos datos altamente preocupantes e dificilmente xustificables.

Así atopámonos con que, na Galiza no ano 2013 o índice de incidencia dos accidentes mortais alcanzou no ano 2013 un valor de 5,3 puntos, valor superior á media do Estado español que foi de 3,1 o que sitúa ao noso País no terceiro lugar no conxunto do Estado en relación ao índice de incidencia en accidentes mortais.

Por outra banda aparece tamén como dato extremadamente preocupante que, o índice de incidencia de accidentes graves na Galiza foi no 2013 de 52,2puntos, sendo o máis alto de todas as comunidades autónomas e chegando case a duplicar a media estatal, que foi do 23,8.

Estamos logo, ante un modelo social e laboral altamente perigoso para as clases traballadoras, no que os custes da seguridade e a saúde laboral son considerados por moitas empresas e mesmo polos gobernos da dereita, como un atranco para o incremento da produtividade e unha rémora  para a consecución dos máximos beneficios posibles

Ante esta situación cumpre dar un paso ao fronte. Cumpre denunciar e loitar en cada posto de traballo, en cada taller e en cada fábrica polo irrenunciable dereito a traballar en condicións de plena seguridade e a preservar en todo momento a nosa saúde laboral.

Compostela, 28 de abril de 2014

Antolín Alcántara

Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral

Confederación Intersindical Galega

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: