Galiza sumou 16.000 parados/as máis no último trimestre

Os fogares con todos os membros activos no desemprego incrementáronse en 5600, situándose nos 101.500

Vigo, a 29 de abril de 2014
Segundo a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), o noso país sumou 16.000 parados/as máis no primeiro trimestre do ano, sendo a comunidade do Estado español onde máis medrou o desemprego. Deste xeito, Galiza contabiliza un total de 296.900 persoas nesta situación e rexistra 101.500 fogares con todos os seus membros activos no paro, o que supón un incremento de 5600 no último trimestre.

A última EPA, correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo, amosa unha evolución moi negativa do desemprego no noso país, con 16.000 parados/as máis neste período, o que supón un incremento do 5,7%. Trátase do peor comportamento rexistrado no conxunto do Estado español, onde os datos amosan un descenso de 2300 persoas.

Segundo estes parámetros, a taxa de paro sitúase en Galiza no 23,2%, o que supón 1,3 puntos máis con respecto ao anterior trimestre. No conxunto do país o peor comportamento correspóndelle a Ferrol, que rexistra unha taxa de paro do 29,2%.

A este elevado aumento do paro contribuíu o forte descenso da ocupación, xa que o noso país rexistrou 19.800 persoas ocupadas menos durante o primeiro trimestre do ano.

Con todo, o máis preocupante é o aumento do número de fogares con todos os seus membros activos no paro, xa que a EPA amosa que son xa 101.500, o que representa un incremento de 5600 nos últimos tres meses.

Pola contra, descende o número de persoas activas , especialmente no grupo de idade comprendido entre os 30 e os 34 anos. A CIG entende que esa caída da poboación activa vén provocada fundamentalmente pola emigración, que tamén está a provocar que o incremento do desemprego non sexa aínda maior.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: