MATO AVOGA POR CONVERTER Á ADMINISTRACIÓN NUN “REFERENTE” NA PROTECCIÓN E DEFENSA DOS DEREITOS DOS TRABALLADORES PÚBLICOS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago unha xornada técnica, organizada por CSI-F Galicia, sobre a promoción da seguridade e saúde laboral no sector público
 A titular de Traballo destacou que o ISSGA está a levar a cabo actuacións específicas dirixidas ao colectivo de empregados públicos, como accións de asesoramento ou a investigación de accidentes laborais e enfermidades profesionais
 A Xunta está a elaborar un borrador da nova Estratexia de Prevención de Riscos Laborais 2015-2020 que consensuará cos axentes sociais

Santiago, 29 de abril de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe en Santiago a importancia de que a Administración xogue “un papel de referente” na protección e defensa dos dereitos dos traballadores públicos. Así o resaltou a titular do departamento autonómico na inauguración dunha xornada técnica sobre a promoción da seguridade e saúde laboral no sector público, organizada por CSI-F Galicia.

Para facer fronte a este reto, Mato sinalou que a Xunta de Galicia xestiona a prevención de riscos dos empregados públicos a través de varios servizos de prevención propios como o Servizo de Prevención Xeral e os específicos do Sergas e Educación en relación ao persoal destes centros.

Así mesmo, a conselleira indicou que o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) está a levar a cabo actuacións específicas dirixidas a este colectivo, como accións de asesoramento técnico, tanto aos servizos de prevención propios da Xunta como ás organizacións sindicais, e a investigación de sinistros de traballos e enfermidades profesionais. Ademais, destacou a realización de accións formativas e informativas destinadas a colectivos con riscos específicos.

Por último, Mato apuntou que o ISSGA está a elaborar o borrador da nova Estratexia de Prevención de Riscos Laborais 2015-2020 que consensuará cos axentes sociais. Nestes momentos estase a realizar un informe de execución e cumprimento da actual estratexia e un diagnóstico da siniestralidade. “Neste proceso, o papel dos sindicatos volverá ser primordial”, indicou Mato.

Para concluír afirmou que desde todos os ámbitos hai que seguir avanzando “para anticiparnos aos riscos aos que estamos expostos no traballo e levar a cabo unha protección efectiva dos traballadores”. Neste senso, apostilou que “é un camiño que se debe impulsar desde as administracións e para o que se precisa tamén a colaboración dos axentes sociais, da iniciativa privada e, por suposto, dos propios traballadores”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: