Concello do Porriño

IMG_3151

porriño celebra el día 9 la fiesta de los mayos

Diversas agrupaciones locales protagonizarán una muestra de estas figuras vegetales alrededor de las cuales cantarán las tradicionales coplas

Será el próximo viernes a partir de las 18.00 horas en la plaza Arquitecto Antonio Palacios.

LA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PORRIÑO ACOGE UN TALLER DE cómic

Usuarios de Aceesca y escolares del CEIP Fernández López participarán el próximo martes 13 de mayo de esta actividad de integración impartida por el ilustrador, humorista gráfico y profesor de inglés Xosé Tomás.

EL CONCELLO DE PORRIÑO CERRÓ 2013 CON UN SUPERÁVIT DE MÁS DE 1,8 MILLONES DE EUROS

La concejala de Economía y Hacienda Iria Lorenzo informó al pleno de la liquidación del ejercicio 2013 con un resultado presupuestario positivo de 1.831.795,70 euros, un remanente de tesorería de más de 3,6 millones de euros y un endeudamiento del 20,9%, muy lejos del límite establecido del 110% para las entidades locales

Más de 1,5 millones de euros del superávit obtenido se destinará a saldar deudas anteriores a 2010, como son las facturas del Grupo Gradín, multas de Confederación y devolución de obras del Plan E .

ESCOLARES DA LOURIÑA E DO BAIXO MIÑO VISITAN A DEPURADORA DE GUILLAREI

OLYMPUS DIGITAL CAMERA As visitas á instalación do Consorcio de Augas do Louro dan continuidade á programación educativa desenvolvida durante estes anos polos concellos e Augas de Galicia

Durante o pasado mes de abril, mais de 30 escolares de 3º curso da ESO do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas e mais de 70 escolares do IES de Tomiño teñen realizado sendas visitas didácticas ás instalacións da EDAR de Guillarei, xestionadas actualmente polo Consorcio de Augas do Louro.
A realización destas accións formativas permite dar continuidade á colaboración brindada por Augas de Galicia aos concellos en anos anteriores, toda vez que tanto este organismo como os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui integran o Consorcio de Augas do Louro na actualidade.
As visitas tratan de difundir a importancia da depuración das augas residuais como parte do ciclo urbano da auga e o compromiso do Consorcio co medio ambiente, achegando aos escolares o concepto de que a auga de calidade é un recurso imprescindible e limitado, que é necesario coidar para non comprometer a posibilidade do seu uso futuro.
Nesta liña, o Consorcio de Augas do Louro está a deseñar itinerarios de visita específicos en función da idade e nivel formativo dos visitantes, prestando especial atención ás medidas de seguridade a adoptar nas visitas dos menores de 12 anos. Para eles, o Consorcio ten previsto a instalación dunha aula de interpretación do ciclo urbano da auga, zonas de xogos interactivos, mapas e fichas explicativas, que fagan mais ameno e aproveitable o recorrido.
Debido a este motivo, as visitas programadas a día de hoxe para o que resta do presente curso escolar, están dirixidas especialmente a alumnos de secundaria e centros universitarios, estando tamén abertas para outros grupos e colectivos.”

VINTE ANOS DESPOIS, O CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO XESTIONA DIRECTAMENTE O CICLO INTEGRAL DA AUGA NOS CONCELLOS DE MOS, O PORRIÑO, SALCEDA DE CASELAS E TUI

45,27 x 31,18 O Consorcio ten carácter de administración pública local e iniciou a prestación efectiva dos servizos de abastecemento, sumidoiros e depuración o 1 de xaneiro de 2014
Van xa mais de vinte anos dende que en 1993 foran declaradas de interese xeral do Estado as obras necesarias para levar a cabo o saneamento integral do río Louro. Para levalas a cabo, foi necesaria a colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia e dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, actualmente integrantes do Consorcio de Augas do Louro e beneficiarios dunhas obras que acadaron unha inversión global de preto de 94 millóns de euros.
Xa en 2009, e coas obras de saneamento e depuración practicamente rematadas, Augas de Galicia encargouse da posta en funcionamento das instalacións de xeito transitorio ata o momento en que a explotación se levara baixo a responsabilidade dos catro concellos. Preveuse a formación dun consorcio para xestionar unicamente a depuración, pero durante a creación do actual Consorcio de Augas do Louro engadíronse as competencias de abastecemento e sumidoiros, como se recolleu nos estatutos definitivamente aprobados en 2013. Esta fórmula dálle unha maior solvencia e sostibilidade a futuro.
Nestes estatutos determinase que o Comité Directivo é o órgano superior de goberno, estando composto polos alcaldes dos concellos que o integran e mais un representante de Augas de Galicia, de xeito que queda reforzado o carácter local desta administración.
Dado o carácter supramunicipal do consorcio, este aprobou a finais de 2013 unhas taxas iguais para os catro concellos, coa referencia do custo da auga vixente en Tui ata ese ano pero tomando como base os volumes de auga realmente consumidos e rexistrados mediante contadores, sen consumos mínimos.
Para levar a cabo prestación dos servizos o Consorcio tomou unha decisión innovadora, que combina o máximo control económico e técnico por parte da administración local e a experiencia profesional na prestación dos servizos dunha única empresa, de xeito que esta leve a cabo a conservación, mantemento e manobra das instalacións e preste a asistencia técnica requirida para a lectura de contadores e elaboración de recibos. O contrato que une o Consorcio coa empresa asinouse por tan só tres anos prorrogables, de xeito que en caso de desacordo ou que o futuro comité directivo opte por outro modelo de xestión, poderá tomar nese momento a decisión que considere oportuna.
O importe das taxas é ingresado nas contas bancarias de titularidade do Consorcio, sen pasar pola empresa que presta o servizo, nunha clara diferenza coas concesións habituais de auga nos concellos. Así, é o Consorcio quen decide en todo momento cales son as prioridades que deben ser atendidas así como o destino final destes ingresos. Durante un período inicial de 5 anos, nos que se prevé que os ingresos por aplicación destas taxas non cubran o total dos custes pola prestación dos servizos, Augas de Galicia prestará un apoio económico que acadará máis 1,3 millóns de euros.
Paralelamente e para atender outras necesidades de inversión do Consorcio tanto no que respecta á ampliación da cobertura dos servizos a toda a poboación destes catro concellos, e a conectar redes de sumidoiros xa existentes ao sistema de saneamento xeral como para mellorar ou poñer en funcionamento outras instalacións municipais actualmente fóra de servizo, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil están a acometer, con cargo aos seus orzamentos, importantes actuacións de carácter prioritario, reforzando deste xeito o apoio institucional prestado dende hai xa vinte anos a este Consorcio de recente creación.
Deste xeito, o obxectivo final de manter o río Louro nun bo estado ecolóxico e plenamente recuperado para o uso e desfrute da cidadanía está cada vez máis preto de ser acadado.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: