Programa Sinfónico de Primavera 2014 – Concerto 3 – Javier Perianes (piano), Alejandro Garrido Dirección

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 afronta o penúltimo concerto do Programa Sinfónico de Primavera 2014 da man do maxistral pianista Javier Perianes e baixo a batuta do seu director titular Alejando Garrido
logo3jpeg
O vindeiro martes día 6 de maio ás 20:30 h terá lugar no Auditorio Martín Códax da cidade de Vigo o penúltimo concerto do Programa Sinfónico de Primavera. Por primeira vez a OSV430 presenta na súa programación un concerto para piano e orquestra e para esta estrea neste tipo de concerto faino ao grande, da man no premio nacional de música Javier Perianes. Perianes está a tocar nos principais escenarios do mundo e acompañado polos principais directores de orquestra, sendo aclamado por crítica e publico, o que fai del un dos máis recoñecidos músicos españois do panorama clásico internacional. A dirección correrá a cargo de Alejandro Garrido, o director titular da OSV430.
O programa escollido para esta ocasión será o Concerto para piano e orquestra nº 4 en Sol maior Op. 58 de Beethoven na primeira parte e a Sinfonía nº 1 en Do menor Op. 68 de Brahms para a segunda. Abrirá o concerto a abertura de “As bodas de Figaro”.
Esta cita excepcional terá lugar ás 20:30 do martes día 6 no auditorio Martín Códax de Vigo. As entradas xa están á venda a través das canles de Servinova a partir de 10 €.
Ademais a orquestra continúa co seu trepidante calendario de traballo e unha vez rematado este concerto do día 6 darán comezo os ensaios do concerto de clausura do Programa Sinfónico de Primavera, concerto que terá lugar no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo o martes 13 de maio da man de Gordan Nikolic (violín) e Celine Flamen (violoncello) que interpretarán para o público vigués o Dobre concerto para violín e violoncello en La menor Op. 102 de Brahms. As entradas están tamén xa á venda a través das canles de Servinova a partir de 6 €.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: