Archive | mayo 6, 2014

O DOG PUBLICA HOXE UNHA LIÑA DE AXUDAS DOTADA CON 533.000 EUROS PARA AS ENTIDADES LOCAIS DESTINADA A PROXECTOS PARA A MOCIDADE

 Estas subvencións están dirixidas á promoción da información xuvenil e á realización de plans no ámbito da educación non formal e da participación
 O importe máximo das axudas é de 3.000 euros, que se pode incrementar ata 8.000 euros no caso de entidades locais que presenten a súa solicitude conxuntamente
 A presentación de solicitudes só poderá realizarse a través das vías electrónicas
 A Lei de Xuventude de Galicia recoñece a competencia da Administración Local nas materias obxecto desta convocatoria

Santiago, 6 de maio de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha convocatoria de axudas destinada ás entidades locais para a promoción da información xuvenil e á realización de proxectos dirixidos á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación. A esta liña de subvencións, a Consellería de Traballo e Benestar destina 533.000 euros. En concreto, as axudas van dirixidas a concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Galicia, así como ás entidades resultantes da fusión de municipios, e tamén aos concellos que, pertencendo a unha mesma zona, sen constituír unha mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación. As administracións locais que se acollan ás fórmulas de agrupación beneficiaranse do incremento no importe máximo das axudas.

Así, a contía máxima que se pode conceder é de 3.000 euros, que poderá chegar ata os 8.000 euros no caso de que as entidades locais presenten conxuntamente a súa solicitude. Os beneficiarios das subvencións deberán participar no financiamento cun mínimo do 25 por cento do orzamento total.

O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2014. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir de mañá.

Unha novidade importante que deben ter en conta este ano as entidades locais é que a presentación das solicitudes realizaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es.

Poderán ser obxecto destas axudas os custes derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se levan a cabo desde este. Tamén se subvencionan as actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

 

El espectáculo de baile moderno de la Diputación en Beade congregó a un millar de personas

rps20140504_122922_945 rps20140504_123558_502
 Cerca de un millar de personas disfrutaron en el centro cultural, social y recreativo de Beade, durante la tarde-noche del pasado sábado, del Festival de Baile Moderno organizado por la Diputación de Pontevedra. Alrededor de 150 participantes, de edades comprendidas entre los seis años y los cincuenta, hicieron las delicias del público mezclando simpáticas coreografías con números que incluyeron acrobacias y espectáculos de equilibrismo. La iniciativa de la Diputación de Pontevedra forma parte de un programa cultural de acercamiento a las parroquias de las expresiones folclóricas y tradicionales, que tiene a Vigo como uno de sus principales objetivos. El acto celebrado este fin de semana en Beade tendrá continuidad a lo largo de los próximos meses por distintas entidades culturales y sociales de la ciudad.

A XVI Mostra de Teatro Universitario despídese coas aulas de teatro de Vigo e Coimbra

Vigo, 6 de maio de 2014.- A XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, despídese esta semana coas representacións das aulas de teatro das universidades de Vigo e Coimbra. Mañá, 7  de maio, subirase ás táboas o grupo teatral da UVigo coa obra O país do vento, posta en escena a partir de Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas, que fala da resistencia e que resume así unha das súas protagonistas: “Primeiro dixeron que había que apertar os cintos, nós fixémolo; logo dixeron que eran épocas turbulentas, nós crémoslles; logo dixeron que en caso de asfixia económica, caería unha máscara de oxíxeno automaticamente. Ningunha destas cousas serviu para nada, o país foi a pique e nunca atopamos a caixa negra”.

Mercadillo NOMADA en Galerias Principe, 22 VIGO

NOMADA_1OMAYO_sdcaliope Sábado 10 de Mayo tendrá lugar como todos los segundos Sábados de mes el Mercadillo NÓMADA en las Galería Príncipe, 22 de Vigo

Se realizaran diferentes actividades y espectáculos a lo largo de toda la jornada entre la que cave destacar la actuación en directo de: SUEÑO DE CALÍOPE, concursantes del programa de Tele5 «TU SI QUE VALES»  a las 13:00 y a las 20:00 h.

A XUNTA CONTRIBÚE A MELLORAR OS HÁBITOS ALIMENTICIOS DE MÁIS DE 1.500 NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE VIGO COA DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA DURANTE TODA ESTA SEMANA

Fruta3 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe no desenrolo desta iniciativa no CEIP Pintor Laxeiro, un dos 27 colexios da cidade que recibiu axuda da Consellería de Medio Rural e do Mar para realizar esta actividade que forma parte do programa AliméntaTBen.
 O CEIP Pintor Laxeiro organiza durante toda esta semana o segundo período de distribución de froita fresca a un total de 417 alumnos e alumas de educación infantil e primaria. Reparten plátano, fresón, mazá, laranxas ou mandarinas.
 Dende o 5 ao 9 de maio, tamén se distribúe a froita noutros catro centros de Vigo: o CEIP Mosteiro-Bembrive, CPR María Auxiliadora, EEI Monte do Alba e IES de Teis, o que supón un reparto que chega a 1.516 alumnos e alumnas.
 A día de hoxe, na actividade participan 54 centros educativos dos 14 concellos que conforman a área da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Sen embargo, chegará a todos os centros solicitantes debido a unha recente ampliación do crédito.

Vigo, 06 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na distribución de froita fresca aos alumnos e alumnas de infantil e primaria do CEIP Pintor Laxeiro da cidade olívica, actividade enmarcada no programa AliméntaTBen da Consellería de Medio Rural e do Mar.

En virtude das axudas concedidas polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), o colexio Pintor Laxeiro é un dos 27 centros educativos de Vigo que recibiu esta axuda –xa publicada no DOG- para distribuír froita fresca entre 417 alumnos e alumnas dos niveis de ensino comprendidos entre o segundo ciclo de infantil e o terceiro ciclo de primaria.

Dende o 5 ao 9 de maio, no CEIP Pintor Laxeiro se está a levar a cabo o segundo período de distribución de froita xa que contan con tres quendas de reparto. O primeiro tivo lugar no mes de febreiro –onde se chegaron a repartir un total de 514 quilos de froita-, o segundo nesta semana de maio e, o terceiro, está previsto que se leve a cabo na primeira semana de xuño. No reparto, que se realiza no momento do recreo dos nenos e nenas, se distribúe plátano, fresón, mazá, laranxas ou mandarinas, entre outros. Segundo as estimacións do Fogga, e ao final dos períodos de distribución, cada alumno e alumna chega a comer ao redor de 2 quilos de froita.

Ademais, en Vigo e nesta mesma semana, tamén se leva a cabo esta actividade noutros catro centros educativos que son o CEIP Mosteiro-Bembrive, CPR María Auxiliadora, EEI Monte do Alba e IES de Teis. Isto supón un reparto que chega a un total de 1.516 alumnos e alumnas durante soamente unha semana.

Coma informou Bravo Bosch, no programa global participan un total de 54 centros educativos dos 14 concellos que conforman a área da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Se ben é certo que estes datos non son finais xa que o pasado 2 de abril o Fogga autorizou unha ampliación de crédito para esta campaña, polo que á espera da publicación no DOG, o plan de froita nas escolas chegará á totalidade dos centros que o solicitaron.

Trátase así dunha iniciativa convocada a través do programa AliméntaTBen que desenvolve a Consellería de Medio Rural e do Mar coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, e coa que se pretende contribuír a unha mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia. As froitas frescas distribuídas aos escolares son de excelente calidade e atópanse no seu grao óptimo de madureza de consumo. E salvo excepcións, as froitas frescas son consumidas nas dependencias do establecemento escolar no momento do recreo.

Con todo, o plan de froita nas escolas ten por obxectivo, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos pola xuventude, en virtude do seu aprovisionamento aos centros escolares, e, a longo prazo, trata de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a manter ou a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita.

 

Postura Cámara sobre anteproyecto de Ley Orgánica del Poder Judicial

Camara_VigologoLa singularidad de Vigo

En fechas recientes se ha suscitado una nueva polémica derivada de las previsibles consecuencias del anteproyecto de Ley Orgánica del Poder Judicial. Este anteproyecto supone una nueva definición de la organización territorial de la justicia. Se abandona el esquema ya tradicional de partidos judiciales, para crear una nueva distribución basada en las provincias, y siempre centralizada en sus capitales. Como consecuencia de esta profunda modificación, todos los órganos judiciales de Vigo pasarían a perder la autonomía territorial que se deriva de la actual organización. Este cambio supondría un retroceso notable para nuestra ciudad que, una vez más, se vería perjudicada por un esquema territorial obsoleto y anacrónico, que no responde a la realidad actual ni contribuye a acercar los servicios a los ciudadanos.

Porque más allá de este asunto concreto, lo que subyace y se pone de manifiesto, una vez más, es la singularidad de la situación de Vigo; una situación única en España, y contraria a los intereses de los ciudadanos.

En general las capitales de provincia son las ciudades con mayor población de su territorio de referencia. Esta capitalidad natural, en la que la ciudad más poblada coincide con la sede provincial, se da en la amplia mayoría de los casos. Dado que la actual división provincial data del último cuarto del siglo XIX, inevitablemente se han producido variaciones que han alterado este esquema. Aunque son excepcionales, en España existen casos de ciudades con población mayor que la de la capital de la provincia a la que pertenecen. No son muchos. En términos de diferencia absoluta, destacaríamos, a Jerez de la Frontera, con 211.670 h. frente a 122.990 de Cádiz. Tenemos también el caso de Gijón, con 275.274 habitantes frente a los 225.089 de Oviedo. Y, más recientemente Talavera de la Reina ha alcanzado los 88.548, frente a los 83.593 de Toledo. Y, en una clase aparte está el caso de Vigo, con una población de 296.479 habitantes, lo que supone 3,5 veces más que los 82.934 de Pontevedra, y casi un tercio del total de la población total de la provincia. Pero es que Vigo, además, es la ciudad más poblada de su Comunidad Autónoma (y ésta no es uniprovincial, como en el caso de Asturias) con algo más de 50.000 habitantes más que la ciudad de A Coruña. Vigo es, por lo tanto, el principal centro urbano y núcleo de la principal área de población de Galicia y del noroeste español. Y, sin embargo, Vigo, y por ende todos sus habitantes, han de luchar una y otra vez por poder disponer de servicios que suelen centralizarse en la capital provincial, a pesar de chocar directamente con el principio de proximidad que debería regir en la administración pública.

De este sinsentido tenemos numerosos ejemplos que sólo han obtenido una solución gracias a la perseverancia de los ciudadanos y a las gestiones de los organismos locales. De estos casos podemos recordar, entre otros, la Oficina de Tráfico, la Sede de la UNED, el Registro Mercantil, la Delegación de la Xunta de Galicia, y tantas otras. Esperemos que algún día se imponga la cordura y se resuelva este problema recurrente que viene suponiendo un impedimento al desarrollo de nuestra ciudad.

QualityNova Consultores se convierte en “Entidad Asesora Homologada” del Plan de Apoyo a la Innovación del Programa InnoCámaras

QualityNova Consultores es una de las primeras consultoras gallegas que presta este servicio para sensibilizar y apoyar a las pymes en la incorporación de la cultura innovadora en su estrategia empresarial.

▪    El programa InnoCámaras ofrece a las compañías la oportunidad de solicitar el desarrollo subvencionado de “Planes Individuales de Apoyo a la Innovación“, realizados por expertos asesores homologados, que las orientarán sobre su proceso de innovación.

 

Os candidatos de AGE, BNG, CxG, PSOE e PP ás europeas aceptan o convite de Luzes e conversarán con Manuel Rivas este mércores en Vigo

Lidia Senra, Ana Miranda, Paulo Carlos López, José Blanco e Millán Món responderán as preguntas do escritor e xornalista no Auditorio Mar de Vigo

Unhas 250 persoas, entre subscritores da revista, convidados e público xeral,
poderán asistir mañá a este terceiro encontro do EspazoLuzes

O acto retransmitirase en streaming e calquera poderá intervir a través de Twitter empregando as etiquetas #EspazoLuzes e #EuropaMardeVigo
Vigo, 6 de maio de 2014. As cinco forzas políticas convocadas pola revista Luzes a unha conversa pública conducida polo escritor e xornalista Manuel Rivas, co-director desta publicación en papel, aceptaron finalmente o convite. Este mércores 7 de maio, a partir das 20 horas, estarán no Auditorio Mar de Vigo a labrega Lidia Senra, en representación de AGE; a ex-parlamentaria europea Ana Miranda, polo BNG; Paulo Carlos López, cabeza de lista de CxG; o ex-ministro José Blanco, do PSOE; e Francisco Millán Mon, o galego mellor situado na candidatura do PP. Unhas 250 persoas poderán seguir ao vivo a conversa, que tamén se retransmitirá en streaming.

O aforamento, limitado a 250 persoas que deberán acceder amosando a súa entrada, repártese entre convidados, subscritores da revista, para os que se reservaron 100 localidades, e público xeral. Calquera, estea ou non na sala, poderá trasladar as súas preguntas aos candidatos a través de Twitter, antes e durante o encontro, empregando as etiquetas #EspazoLuzes e #EuropaMardeVigo. A organización encargarase de moderar estas intervencións para evitar que a conversa se prolongue máis do aconsellable. A apertura de portas está prevista para as 19.30 horas.

«Que Europa?» é o paraugas baixo o que se acubillan estas Conversas no Mar de Vigo, terceira convocatoria do foro de debate e intercambio de ideas EspazoLuzes tras os celebrados no Ateneo Ferrolán, arredor da crise do sector naval, e no de Santiago, onde se discutiu outra reconversión máis recente: a que padece o campo do xornalismo. Desta vez as preguntas que lle trasladamos ás forzas políticas con implantación en Galicia teñen que ver coa inminente convocatoria electoral do 25 de maio e os retos que o proceso de construción europea atravesa hoxe.

A revista Luzes, unha publicación mensual en papel que botou a andar o pasado mes de decembro baixo a dirección de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada polo xornalista Iago Martínez, vén de publicar o seu número cinco. O bloque central, «Aquí sobramos», aproxímase ao fenómeno da emigración, a nova e a vella, e reúne crónicas periodísticas enviadas dende o Reino Unido, Dinamarca, Marrocos, Suíza, Ecuador e Holanda. Ademais das seccións habituais, contén entrevistas en profundidade coa escritora Teresa Moure, o crítico musical Jaime Gonzalo e unha muller, Celsa Díaz Cabanela, que vén de sumarse á querela contra os crimes do franquismo.

A catro meses do seu debut, a publicación supera xa os 800 subscritores e mantén estable a súa tiraxe mensual en 2.000 exemplares. Uns e outros, subscritores e lectores fieis, son o aval que vai facer posíbel, mes a mes, a publicación desta man de reportaxes, entrevistas e pezas de creación e pensamento. Ideas, historias e voces. En papel, cunha edición de calidade, en lingua galega e coa promesa de dar o salto tamén ás pantallas dos tablets e outros dispositivos móbiles de lectura a curto prazo. Non soamente unha revista. Un lugar. Un ecosistema propicio para o xornalismo. Para contar as cousas como é debido, con tempo, rigor e campo aberto por diante.

A Fundación Novacaixagalicia presenta unha mostra sobre o seu Colexio Fogar de Vigo

A Fundación Novacaixagalicia presentará aos medios de comunicación a súa mostra «O Colexio Fogar. Un paseo polas artes gráficas», un proxecto que fai un repaso pola historia desta disciplina profesional e que expón ao público unha escolma de traballos dos alumnos deste centro de formación profesional. Terá lugar mañá, mércores 7, ás 11.00 h no marco da mostra, localizada na Sala II do Centro Social da entidade galega en Vigo, Policarpo Sanz, 24. Na rolda de prensa estarán presentes as alumnas de Preimpresión Dixital de Artes Gráficas do Colexio Fogar Fundación Novacaixagalicia, Doira Barrio Paratcha e Natalia Rey Giménez; os alumnos recentemente titulados en Preimpresión de Artes Gráficas, Marta Domínguez Díez e Adrián Rodríguez Moreira; e Nuria Casal Fernández, profesora nos ciclos de Artes Gráficas deste centro.

Este venres e sábado no MARCO: ‘Vigo vigor vigorizante 26’, con Juan Loriente e Nekane Santamaría

Este venres e sábado, reinicio do ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Vigo vigor vigorizante 26

con Juan Loriente e Nekane Santamaría

A exposición ‘VERANEANTES’ incluye un programa de artes escénicas y cine, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se vén desenvolvendo en paralelo á mostra. Coincidindo coa prórroga da exposición, o ciclo ‘Material Memoria’ prolóngase agora durante o mes de maio, con novas propostas que terán lugar nas vindeiras semanas no Patio 1 da planta baixa.

Este venres e sábado, o programa dá comezo con Juan Loriente e Nekane Santamaría, que presentan unha peza escénica realizada especificamente para este ciclo en Vigo, e cuxo título está inspirado no poeta e dramaturgo Carlos Fernández.

Juan Loriente e Nekane Santamaríaimage001

Vigo vigor vigorizante 26

Viernes 9 e sábado 10 de maio, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA

Prazas limitadas ata completar aforo

 

Estes cus que son cruces de camiños dende a alma. Paseantes solitarios por esta cidade que me acolleu e me acolle. Recibo os impactos de recordos en cada letreiro, cada recuncho. Nos rostros cos que comparto semáforo, espera. A memoria actívase e desprega a experiencia acumulada no inconsciente. Son o que vivín aquí. O que vivo e vivirei alá onde me atope. Dicíame Manuel, aos seus 96 anos, que o que o mantiña vivo e cordo é a capacidade que ten a memoria de esquecer. E ti adoitábasme dicir: «Que non che poida a experiencia”.

Juan Loriente e Nekane Santamaría coñécense en Madrid en 1992. En 1994 crean a plataforma ENCUENTRO DE DOS INTIMIDADES e presentan a súa primeira proposta no festival de performance da Facultad de Bellas Artes de Cuenca. Dende entón percorren a vida, entre o escénico e o cotián dun semáforo, nun glaciar da Patagonia ou nun escenario de Suecia.

+ INFO sobre próximas actividades en http://www.marcovigo.com/actividades

+ INFO sobre o ciclo completo ‘Material Memoria’ en http://www.marcovigo.com/content/veraneantes