A XUNTA CONTRIBÚE A MELLORAR OS HÁBITOS ALIMENTICIOS DE MÁIS DE 1.500 NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE VIGO COA DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA DURANTE TODA ESTA SEMANA

Fruta3 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe no desenrolo desta iniciativa no CEIP Pintor Laxeiro, un dos 27 colexios da cidade que recibiu axuda da Consellería de Medio Rural e do Mar para realizar esta actividade que forma parte do programa AliméntaTBen.
 O CEIP Pintor Laxeiro organiza durante toda esta semana o segundo período de distribución de froita fresca a un total de 417 alumnos e alumas de educación infantil e primaria. Reparten plátano, fresón, mazá, laranxas ou mandarinas.
 Dende o 5 ao 9 de maio, tamén se distribúe a froita noutros catro centros de Vigo: o CEIP Mosteiro-Bembrive, CPR María Auxiliadora, EEI Monte do Alba e IES de Teis, o que supón un reparto que chega a 1.516 alumnos e alumnas.
 A día de hoxe, na actividade participan 54 centros educativos dos 14 concellos que conforman a área da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Sen embargo, chegará a todos os centros solicitantes debido a unha recente ampliación do crédito.

Vigo, 06 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na distribución de froita fresca aos alumnos e alumnas de infantil e primaria do CEIP Pintor Laxeiro da cidade olívica, actividade enmarcada no programa AliméntaTBen da Consellería de Medio Rural e do Mar.

En virtude das axudas concedidas polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), o colexio Pintor Laxeiro é un dos 27 centros educativos de Vigo que recibiu esta axuda –xa publicada no DOG- para distribuír froita fresca entre 417 alumnos e alumnas dos niveis de ensino comprendidos entre o segundo ciclo de infantil e o terceiro ciclo de primaria.

Dende o 5 ao 9 de maio, no CEIP Pintor Laxeiro se está a levar a cabo o segundo período de distribución de froita xa que contan con tres quendas de reparto. O primeiro tivo lugar no mes de febreiro –onde se chegaron a repartir un total de 514 quilos de froita-, o segundo nesta semana de maio e, o terceiro, está previsto que se leve a cabo na primeira semana de xuño. No reparto, que se realiza no momento do recreo dos nenos e nenas, se distribúe plátano, fresón, mazá, laranxas ou mandarinas, entre outros. Segundo as estimacións do Fogga, e ao final dos períodos de distribución, cada alumno e alumna chega a comer ao redor de 2 quilos de froita.

Ademais, en Vigo e nesta mesma semana, tamén se leva a cabo esta actividade noutros catro centros educativos que son o CEIP Mosteiro-Bembrive, CPR María Auxiliadora, EEI Monte do Alba e IES de Teis. Isto supón un reparto que chega a un total de 1.516 alumnos e alumnas durante soamente unha semana.

Coma informou Bravo Bosch, no programa global participan un total de 54 centros educativos dos 14 concellos que conforman a área da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Se ben é certo que estes datos non son finais xa que o pasado 2 de abril o Fogga autorizou unha ampliación de crédito para esta campaña, polo que á espera da publicación no DOG, o plan de froita nas escolas chegará á totalidade dos centros que o solicitaron.

Trátase así dunha iniciativa convocada a través do programa AliméntaTBen que desenvolve a Consellería de Medio Rural e do Mar coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, e coa que se pretende contribuír a unha mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia. As froitas frescas distribuídas aos escolares son de excelente calidade e atópanse no seu grao óptimo de madureza de consumo. E salvo excepcións, as froitas frescas son consumidas nas dependencias do establecemento escolar no momento do recreo.

Con todo, o plan de froita nas escolas ten por obxectivo, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos pola xuventude, en virtude do seu aprovisionamento aos centros escolares, e, a longo prazo, trata de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a manter ou a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: