Este venres e sábado no MARCO: ‘Vigo vigor vigorizante 26’, con Juan Loriente e Nekane Santamaría

Este venres e sábado, reinicio do ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Vigo vigor vigorizante 26

con Juan Loriente e Nekane Santamaría

A exposición ‘VERANEANTES’ incluye un programa de artes escénicas y cine, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se vén desenvolvendo en paralelo á mostra. Coincidindo coa prórroga da exposición, o ciclo ‘Material Memoria’ prolóngase agora durante o mes de maio, con novas propostas que terán lugar nas vindeiras semanas no Patio 1 da planta baixa.

Este venres e sábado, o programa dá comezo con Juan Loriente e Nekane Santamaría, que presentan unha peza escénica realizada especificamente para este ciclo en Vigo, e cuxo título está inspirado no poeta e dramaturgo Carlos Fernández.

Juan Loriente e Nekane Santamaríaimage001

Vigo vigor vigorizante 26

Viernes 9 e sábado 10 de maio, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA

Prazas limitadas ata completar aforo

 

Estes cus que son cruces de camiños dende a alma. Paseantes solitarios por esta cidade que me acolleu e me acolle. Recibo os impactos de recordos en cada letreiro, cada recuncho. Nos rostros cos que comparto semáforo, espera. A memoria actívase e desprega a experiencia acumulada no inconsciente. Son o que vivín aquí. O que vivo e vivirei alá onde me atope. Dicíame Manuel, aos seus 96 anos, que o que o mantiña vivo e cordo é a capacidade que ten a memoria de esquecer. E ti adoitábasme dicir: “Que non che poida a experiencia”.

Juan Loriente e Nekane Santamaría coñécense en Madrid en 1992. En 1994 crean a plataforma ENCUENTRO DE DOS INTIMIDADES e presentan a súa primeira proposta no festival de performance da Facultad de Bellas Artes de Cuenca. Dende entón percorren a vida, entre o escénico e o cotián dun semáforo, nun glaciar da Patagonia ou nun escenario de Suecia.

+ INFO sobre próximas actividades en http://www.marcovigo.com/actividades

+ INFO sobre o ciclo completo ‘Material Memoria’ en http://www.marcovigo.com/content/veraneantes

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: