Archive | mayo 7, 2014

GALICIA REXISTRA A MAIOR BAIXADA MENSUAL DO PARO DUN MES DE ABRIL DESDE 1996, CON 6.319 DESEMPREGADOS MENOS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou que, grazas á contención na destrución de emprego, este mes hai 20.315 parados menos que en abril do ano pasado
 Galicia foi a sexta comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos interanuais
 Trátase da sexta minoración interanual consecutiva, e a maior de todas, cunha diminución do 6,99 por cento

Santiago, 6 de maio de 2014.- Galicia pechou o mes de abril cunha baixada de 6.319 desempregados, un 2,29 por cento, segundo os datos do paro rexistrado. Esta evolución mensual é a mellor dun mes de abril desde a que se rexistrou no ano 1996. Ademais, esta minoración é case nove veces superior á que se rexistrou no mesmo mes do ano pasado.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou hoxe –nunha visita ao obradoiro de emprego de Cambre- esta baixada de desemprego, que tamén se reflicte en termos interanuais, con 20.315 parados menos (-6,99 por cento), o que sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma na que máis descendeu o paro entre abril do ano pasado e o mesmo mes deste exercicio.

Este mes a comunidade autónoma rexistrou a sexta minoración interanual consecutiva do paro, unha tendencia que comezou en novembro de 2013. Trátase, ademais, do maior descenso interanual de todos, cun -6,99 por cento.

Así, Galicia remata abril con 7.500 parados menos dos que había a finais de abril de 2012, isto é, “vólvese a niveis de paro de hai dous anos”, sinalou, o que confirma a contención progresiva na destrución de emprego.

A análise por sectores reflicte que o maior descenso produciuse no sector dos servizos (-4.140), seguido pola construción (-1-227), a industria (-477) e a agricultura e a pesca (-246).

Por provincias, o paro baixou en todas elas. A maior diminución corresponde á de Pontevedra (-2.566), seguida pola Coruña (-2.077); Lugo (-842), e Ourense (-834).

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de abril un total de 57.854 contratos, 6.799 contratos máis que no mes anterior; deste total, 5.678 foron indefinidos (9,81%) e 52.176 temporais (90,19%).

No Estado, o paro descendeu en abril nun 2,33 por cento, con 111.565 persoas desempregadas menos, de xeito que o número de desempregados sitúase en 4.684.301 persoas.

O ISSGA FORMA A 40 PERSOAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN

 Este curso forma parte do plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2014, que está dirixido a toda a mocidade galega e aos profesionais da información xuvenil e do eido do tempo libre e voluntariado
 Ten unha duración aproximada de dous meses e finalizará cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA de Galicia ou na EGAP
 A formación en liña do ISSGA complétase con outros tres cursos básicos de prevención de riscos laborais, tamén impartidos en colaboración coa Egap, no que se formará a 450 persoas

Santiago, 7 de maio de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) está a formar a 40 persoas a través dun curso básico de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, na modalidade de teleformación.

Este curso forma parte do plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2014, que está dirixido a toda a mocidade galega e aos profesionais da información xuvenil e do eido do tempo libre e voluntariado. Impártense en colaboración coa Escola galega de administración pública (EGAP).

Ten unha duración aproximada de dous meses e finalizará cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA de Galicia ou na EGAP. Os seus obxectivos son proporcionar o nivel e capacitación necesario para desenvolver funcións de xestión da prevención; e facilitar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

Está dirixido a empregados, traballadores por conta allea ou autónomos, traballadores designados e delegados de prevención, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.

A formación en liña do ISSGA complétase con outros tres cursos básicos de prevención de riscos laborais, tamén impartidos en colaboración coa Egap, no que se formará a 450 persoas, dos cales xa tivo lugar o primeiro deles e se está a realizar o segundo.

Esta formación en liña, que facilita o acceso á formación das persoas con dificultades para acudir ás aulas por diversos motivos, compleméntase cos cursos presenciais e as distintas xornadas. Para este ano 2014 está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais e 22 xornadas técnicas que terán lugar nos catro centros provinciais do ISSGA.

Oferta formativa do ISSGA
A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo. Así mesmo, encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Neste liña, a oferta formativa do ISSGA, que se desenvolve tanto presencialmente nos seus centros provinciais, como en liña e a través da aula virtual, ten o propósito de proporcionar formación de calidade nesta materia dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011–2014.

Concentración perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

web_9maioVENRES 9 de maio, ás 11h00, a ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e parroquia do Cristo da Victoria convocamos unha CONCENTRACIÓN ás portas do CONCELLO perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais.

Noticias Mayo | Guerrera, Unicornibot, Disco Las Palmeras!,.MATA PADRE

Guerrera presentan Mauna Loa
 
Los gallegos Guerrera acaban de publicar su segundo álbum, Mauna Loa, via Matapadre, y ya están inmersos en una gran gira para presentarlo por todo el territorio nacional.
 
Recuerda que puedes escucharlo y descargarlo al precio que elijas en nuestra página de Bandcamp, así como escucharlo en Soundcloud y Youtube y hacerte con tu copia en nuestro rincón de Bigcartel.
 
 
Consulta las próximas fechas de la banda:
 
09/05 Xurrut Gorliz
10/05 La [2] de Apolo Barcelona
23/05 Zona C Santiago de Compostela
06/06 Pedal to the Metal Fest | Siroco Madrid
28/06 Sonic Blast Moledo  Moledo do Minho, PT
Unicornibot nunca paran
 
 
Después de haber estrenado el videoclip de David Contra Salsón hace unas semanas y con otro videoclip en camino y un montón de fechas de verano por anunciar, los pontevedreses van cogiendo fuerzas para un nuevo sprint. 
 
Por lo pronto se enfrentan a principios de junio a varias fechas notorias, como su enfrentamiento cara a cara con sus amigos de Za! en Segovia o su presencia en el Pedal to the Metal Fest junto a bandas como los madrileños Juventud Juché. Todo el mismo día, sí.
 
Aquí tienes las próximas fechas de Unicornibot:
06/06 Retrovisor León
07/06 Festival Música Diversa Segovia
07/06 Pedal to the Metal Fest | Siroco Madrid
Disco Las Palmeras! tocan con Los Planetas en el Día de Galicia
 
 
Los lucenses acompañarán a los granadinos en su concierto en la Praza da Quintana de Santiago de Compostela con motivo de la celebración del Día de Galicia. Consulta la información sobre el evento aquí
 
DLP! también acaban de verse incluidos en el recopilatorio De Viaje Por Los Planetas, donde interpretan su visión de 10.000. Disfrútala.
Próximos conciertos:
09/05 Guerrera Gorliz Xurrut
10/05 Guerrera La [2] Barcelona
23/05 Guerrera Zona C + Cró! Santiago dC.
06/05 Guerrera Pedal to the Metal Fest | Siroco Madrid
06/06 Unicornibot Retrovisor León
07/06 Unicornibot Festival Música Diversa + Zá Segovia
07/06 Unicornibot Pedal to the Metal Fest | Siroco Madrid
28/06 Unicornibot Twist & Shout O Grove
25/07 Disco Las Palmeras! Praza da Quintana Santiago de Compostela
16/08 Guerrera Sonic Blast Moledo Moledo do Minho (PT)

A 14ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 9

corrilenguaBaixo o lema: “Galego, o paso adiante”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio.

A edición 2014 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, comezará o luns 5 de maio en Pontevedra e rematará en Foz o 16 de maio.

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio, baixo o lema: Galego, o paso adiante en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado este 2014, Xosé María Díaz Castro, quen, no inesquecíbel Penélope, falaba do abalar da historia de Galiza: “un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”. Pois ben, neste ano en que se cumpre o 1º centenario do nacemento do escritor, o Correlingua quere responder desde o presente que avanzamos coa nosa lingua, porque o galego é un deses pasos adiante que citaba o poeta.

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 9 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará o grupo gañador do Cantalingua: MONOULIOUS DOP. Para @s máis pequen@s desde as once da mañá actuará, no propio parque, o grupo de Mos MAIMIÑAS.

Como todos os anos contaremos, para conducir o acto da festa final, cunha persoa de relevo, que nesta ocasión é a actriz Isabel Risco, recente gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na serie Era Visto!.

Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO.

A obra do Círculo de Iniciação Teatral de Coimbra, última representación da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario

Vigo, 7 de maio de 2014.- A XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, despídese mañá xoves, 8 de maio, coa obra do Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra, da Universidade de Coimbra. Lupus – Homo Homini Lupus – fala da fronteira que hai entre o home e o animal, as referncias máis salvaxes do ser humano. O grupo de teatro da Universidade de Coimbra leva desde 1954 difundindo a cultura sempre cun forte compoñente interventivo e social.

Unha mostra do Colexio Fogar Fundación Novacaixagalicia fai un percorrido polas artes gráficas

A Fundación Novacaixagalicia presentou hoxe aos medios de comunicación a súa mostra «O Colexio Fogar. Un paseo polas artes gráficas», un proxecto que fai un repaso pola historia desta disciplina profesional e que expón ao público unha escolma de traballos dos alumnos deste centro de formación profesional. Asistiron á rolda de prensa as alumnas de Preimpresión Dixital de Artes Gráficas do Colexio Fogar Fundación Novacaixagalicia, Doira Bairro Paratcha e Natalia Rey Giménez; os alumnos recentemente titulados en Preimpresión de Artes Gráficas, Marta Domínguez Díez e Adrián Rodríguez Moreira; e Nuria Casal Fernández, profesora nos ciclos de Artes Gráficas deste centro.

O proxecto expositivo estará aberto ao público ata o 24 de maio en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h; durante ese tempo na sala haberá permanentemente unha persoa á disposición dos visitantes para explicarlles todos os detalles arredor da mostra e deste centro que a promove.

A Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel na Fundación Novacaixagalicia en Vigo

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá mañá, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, interpretará o Preludio de A Tempestade, op. 109, de Jean Sibelius;A Tempestade, op. 18, de Piotr Ilich Chaikovski; e Scheherezade (O mar e o barco de Simbad; A historia do príncipe Kalendar;O novo príncipe e a nova princesa; Festival en Bagdad. O mar. O barco estrélase contra un cantil coroado por un xinete de bronce) de Nikolai Rimski-Korsakov. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de sete anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

 

Noticias PP

O GRUPO POPULAR ACUSA AOS NACIONALISTAS DUN “INTENTO DE APROPIACIÓN DO GALEGO E DE PRETENDER QUE AS LINGUAS SE IMPOÑAN POR DECRETO”

 “Para chegar a un acordo co PP deberan abandonar a soberbia que teñen sobre o galego, porque nós temos a nosa idea sobre a lingua que está expresada nun programa político respaldado pola maioría social de Galicia”, dixo o portavoz de Cultura, Agustín Baamonde

  • Baamonde afirmou que “non queremos monolingüísmos nin en galego nin en castelán, porque o noso obxectivo é que a gran maioría da cidadanía galega poida expresarse con liberdade na lingua que estime máis oportuno”

 

Santiago, 7 de maio de 2014.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, acusou hoxe no Parlamento aos nacionalistas dun “intento de apropiación do galego e de pretender que as linguas se impoñan por decreto, cando realmente as linguas se falan por convicción e non por imposición, como defende o Partido Popular”.

 

Agustín Baamonde criticou que o BNG defendera hoxe no Pleno unha “iniciativa formulada con espírito de confrontación, non de consenso, porque parte na súa concepción da pretendida superioridade moral dos nacionalistas cando falan da lingua”. “Para chegar a un acordo co Partido Popular deberan abandonar a soberbia que teñen sobre o galego, porque nós temos a nosa idea sobre a lingua que está expresada nun programa político respaldado pola maioría social de Galicia”, manifestou.

DEFENSA DAS DÚAS LINGUAS

Ademais, o portavoz popular apuntou que “tampouco podemos apoiar esta iniciativa porque está baseada no concepto de establecer un relatorio de eivas do galego”. En concreto, dixo que “nos acusan de ser inimigos do galego e ser defensores do castelán, cando a verdade é que defendemos as dúas linguas”. “Non queremos monolingüísmos nin en galego nin en castelán, porque o noso obxectivo é que a gran maioría da cidadanía galega poida expresarse con liberdade na lingua que estime máis oportuno”, sinalou.

O portavoz popular manifestou, por último, que a proposta nacionalista “está instalada nunha posición negativista e cunha mensaxe catastrofista”, ante o que respondeu que “hai que defender o galego con visión positiva porque ten unha lexislación que o ampara, ao tempo que se debe prestixiar a nosa lingua como elemento de penetración social”.

CARMEN PARDO DESTACA O IMPORTANTE ESFORZO REALIZADO EN 2013 POLA XUNTA PARA ELEVAR O RITMO DE EXECUCIÓN DOS FONDOS COMUNITARIOS

 A conselleira de Facenda dixo, a unha pregunta da deputada popular e candidata ao Parlamento Europeo, que non se perdeu “nin un euro de financiamento comunitario” por retrasos na execución dos programas

  • Elena Muñoz explicou que o prazo de execución do actual período non remata ata o 31 de decembro de 2015
  • “Temos case dous anos por diante para executar os fondos do período 2007-2013”, sinalou a conselleira.
  • O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR POLA QUE SE SOLICITA Á XUNTA E AO ESTADO QUE IMPULSEN A IMPUGNACIÓN XUDICIAL DO PRINCIPIO DE ESTABILIDADE RELATIVA

     Jose Manuel Balseiro lamenta a profunda irresponsabilidade das forzas políticas da oposición que, unha vez máis, dan ás costas a unha das principais demandas do sector pesqueiro galego

    • O obxectivo final é modificar o sistema vixente de repartición das cotas de pesca que se vén aplicando na Unión Europea e que asigna posibilidades de captura moito inferiores á capacidade pesqueira de Galicia
    • Por outra banda, os populares sosteñen que as axudas europeas á paralización definitiva dos buques pesqueiros “son indispensables para a adaptación da flota á capacidade pesqueira e así son defendidas polo sector”.

     

     

 

Noticias PP

Figueroa pone como ejemplos de colaboración entre administraciones los nuevos grados de la UNED, la pasarela del Ifevi o el centro de investigación gastronómica

  • Es muy importante para Vigo el acuerdo sobre la Universidad a Distancia; en ninguna otra ciudad se han implantado tantos grados en un solo curso”, enfatiza el portavoz del Grupo Popular.

  • La conexión peatonal entre el aeropuerto y el Ifevi es una vieja demanda de la ciudad, que ahora se va a concretar gracias al compromiso de la ministra Ana Pastor”, subraya Figueroa.

  • José Manuel Figueroa asegura que el centro de investigación grastronómica, que Zona Franca pretende ubicar en el antiguo rectorado, supone “una apuesta decidida por un sector como el turismo, que es fundamental para Vigo y las Rías Baixas”.

  • PEDRO PUY ANIMA A PARTICIPAR NAS ELECCIÓNS EUROPEAS “PARA CONTINUAR AVANZANDO NO ESTABLECEMENTO DUNHA ECONOMÍA SÓLIDA, COMPETITIVA E QUE GARANTA EMPREGO”

     O portavoz popular puxo de manifesto que o Parlamento Europeo “é unha institución que condiciona en boa medida a nosa vida”

    • “É bo reforzar o modelo de construción europea que levamos experimentando, dirixido a garantir unha paz e convivencia social, pero tamén construír unha Europa que nos permita adaptarnos e competir nun mundo globalizado”, sinalou.
    • O GRUPO POPULAR MANTÉN A MAN TENDIDA AO PSDEG NA NOVA LEI DO SOLO PORQUE “ACTUAMOS CON RESPONSABILIDADE ANTE CUESTIÓNS QUE É BO PARA O PAÍS QUE TEÑAN ESTABILIDADE NO TEMPO”

       O portavoz Pedro Puy reiterou a “sorpresa” porque os socialistas votaran en contra do ditame “a pesar de que se lle admitían o cen por cento das súas propostas”

      • A sesión plenaria procederá ao debate e aprobación, polo procedemento de lectura única, da reforma da lei que regula o aproveitamento eólico en Galicia, adiando a obriga de constitución dos avais por parte das empresas ata que se inicie a construción do parque eólico.
      • JOSÉ LUIS COSTA PILLADO E IGNACIO ARANGUREN PÉREZ, PROPOSTOS COMO MEMBROS DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA
        Santiago, 5 de maio de 2014.- Os maxistrados José Luis Costa Pillado e Ignacio Aranguren Pérez son as persoas propostas polo Grupo Parlamentario Popular para ocupar as dúas prazas que lle corresponden por designación do Parlamento no Consello Consultivo de Galicia, logo da reforma da lei que regula este órgano asesor.

        JOSÉ LUIS COSTA PILLADO

        Natural de Cambados, José Luis Costa Pillado é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresa por oposición na Escala Xudicial no ano 1982, sendo nomeado Xuíz de Ingreso o 31 de xaneiro de 1983, cargo que exerce en Ibiza e na Estrada. Nomeado Xuíz de ascenso en 1984, cargo que exerce na cidade de Pontevedra.

        Foi promovido á categoría de Maxistrado o 29 de xaneiro de 1988, exercendo como tal no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Pontevedra e no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da mesma cidade, cargo que compatibilizou temporalmente co de Maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

        Desde o ano 2003 foi maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, formando parte das súas Seccións Terceira e Cuarta. Desempeñou ese cargo ata 2008, ano no que pasou á situación administrativa de servizos especiais polo seu nomeamento como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia, posto que continúa desempeñando na actualidade.

        IGNACIO ARANGUREN PÉREZ

        Pola súa banda, Ignacio Aranguren Pérez é licenciado en dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Accedeu á carreira xudicial pola quenda de oposición no ano 1996, con destinos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sigüenza (Guadalaxara) e no Xulgado do Penal único de Figueres (Xirona).

        No ano 2000 accede por oposición á categoría de Maxistrado especialista do contencioso-administrativo, sendo destinado á Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde o ano 2002. Desde 2004, está destinado na Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección que preside na actualidade. Así mesmo, é letrado do Tribunal Constitucional entre os anos 2002 e 2004.

        Aranguren Pérez foi membro titular do Tribunal de oposición ao corpo de letrados da Xunta de Galicia en tres convocatorias, correspondentes aos anos 2005, 2006 e 2007. Ademais, ten participado en actividades de formación e como poñente en diversos cursos e seminarios organizados polo CGPJ e a EGAP, así como publicado libros especializados en dereito procesual administrativo e dereito procesual constitucional.

         

      • La publicación en el DOG abre el plazo para que los posibles compradores hagan sus ofertas por los pisos municipales de República Argentina

        • El proceso para conseguir los terrenos de la Ciudad de la Justicia es el primero en ser fiscalizado por el Grupo Popular desde la aprobación inicial del presupuesto el pasado viernes”, enfatiza el concejal del PP, Antonio Bernárdez.

        • El periodo comienza mañana y se extenderá hasta el próximo 20 junio. La mesa de contratación habrá de reunirse, de acuerdo con las bases de la subasta, el martes siguiente, día 24.

        • El gobierno municipal podría disponer de los fondos a finales del mes de julio e iniciar, a partir de ese momento, la expropiación de los terrenos del ámbito de ‘Chouzo’ donde se levantará el tercer edificio judicial”, asegura Bernárdez.

        • O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE METEOGALICIA “É UNHA INSTITUCIÓN QUE HAI QUE MANTER POR SER REFERENCIA NO TERRITORIO GALEGO”

           O portavoz Pedro Puy avogou por “reforzar e explorar a vía de colaboración” coa Axencia Estatal de Meteoroloxía

          • “Pensamos e defendemos que a política de traspasos está agora nun momento distinto e o que corresponde é manter a solvencia da Comunidade galega e as prioridades do actual Goberno galego”, manifestou.
          • O PARLAMENTO GALEGO APROBA A REFORMA DA LEI DO APROVEITAMENTO EÓLICO, QUE ADÍA O PAGO DOS AVAIS POR PARTE DAS EMPRESAS ATA QUE SE INICIE A CONSTRUCIÓN DOS PARQUES

             O portavoz de Industria do Grupo Popular, Pedro Arias, afirmou que “hai que mirar cara o futuro, porque somos máis competitivos que a media nacional neste sector”

            • Ademais, permitirase aos titulares de parques autorizados antes da entrada en vigor da lei solicitar a devolución dos avais sempre e cando non empezaran a construción do parque.
            •  O GRUPO POPULAR APOIA A TOMA EN CONSIDERACIÓN DA PROPOSICIÓN DE LEI DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE
              • O portavoz de Conservación da Natureza, Santiago Freire, subliña que “nos últimos anos produciuse un importante avance nas condicións de protección animal, pero é necesario seguir avanzando”
              • “Tras 21 anos da entrada en vigor da norma sobre protección de animais domésticos e salvaxes, estas contías poden ser revisadas á alza, sobre todo nas leves porque a súa modificación puidera producir unha redución efectiva das infracións”, sinalou.
              • O PLENO APROBA O DITAME DA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A NOVA LEI DO SOLO, QUE SERÁ REMITIDO Á XUNTA PARA INCORPORALO AO PROXECTO DE LEI

                 Román Rodríguez lamentou que o PSOE “volvera rexeitar incorporar todas as súas propostas ao ditame final, rachando a proposta de acordo que reiteradamente lle ofrecemos”

                • O portavoz de Ordenación do Territorio criticou que os socialistas non se sumaran ao acordo para “sacar adiante unha norma estable, asumida pola maioría política e que permaneza no tempo”
                • Os obxectivos fundamentais da nova lei son simplificar a tramitación urbanística e os procedementos burocráticos, dotar de maior seguridade xurídica, reducir duplicidades, facilitar que os concellos se doten de planeamento e mellorar a transparencia.
                • O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO QUE O GOBERNO CENTRAL GARANTA O ACCESO Á TUTELA XUDICIAL EFECTIVA DE TODOS OS GALEGOS

                   A portavoz de Administracións Públicas, Paula Prado, solicitou que se teñan en conta as especificidades e peculiaridades propias de Galicia, de xeito que as sete grandes cidades teñan Tribunal de Instancia

                  • Ademais, solicítase que se inclúa criterios relacionados directamente coas características socioeconómicas, xeográficas, poboacionais, redes de comunicación e esforzo inversor realizado pola Xunta á hora de construír e dotar ás sedes xudiciais que existen nas catro provincias galegas
                  • Prado criticou que os socialistas “pidan agora que se retire o proxecto por suprimir partidos xudiciais”, cando no ano 2010 o ministro socialista de Xustiza avogaba por facer unha reforma dos partidos xudiciais.
                  • El Grupo Popular ultima un plan integral de turismo para potenciar Vigo como destino, que pretende consensuar con el resto de los grupos políticos

                    • El concejal del PP, José Luis Álvarez, asegura que “es un sector estratégico para la ciudad al igual que la automoción, el naval o la pesca”.

                    • El turismo representa el 14% del PIB de la provincia y el 11% del Valor Añadido Bruto de Vigo y hasta ahora la promoción que se ha realizado carece de una estrategia global”, afirma el edil del Partido Popular.

                    • En los dos últimos años el PP ha planteado hasta 14 iniciativas, algunas de las cuales se incluirán en el plan integral. “Un programa que pretende fijar las bases para el desarrollo turístico de Vigo en los próximos años”, subraya el concejal del Grupo Popular.