A 14ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 9

corrilenguaBaixo o lema: “Galego, o paso adiante”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio.

A edición 2014 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, comezará o luns 5 de maio en Pontevedra e rematará en Foz o 16 de maio.

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio, baixo o lema: Galego, o paso adiante en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado este 2014, Xosé María Díaz Castro, quen, no inesquecíbel Penélope, falaba do abalar da historia de Galiza: “un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”. Pois ben, neste ano en que se cumpre o 1º centenario do nacemento do escritor, o Correlingua quere responder desde o presente que avanzamos coa nosa lingua, porque o galego é un deses pasos adiante que citaba o poeta.

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 9 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará o grupo gañador do Cantalingua: MONOULIOUS DOP. Para @s máis pequen@s desde as once da mañá actuará, no propio parque, o grupo de Mos MAIMIÑAS.

Como todos os anos contaremos, para conducir o acto da festa final, cunha persoa de relevo, que nesta ocasión é a actriz Isabel Risco, recente gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na serie Era Visto!.

Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: