GALICIA REXISTRA A MAIOR BAIXADA MENSUAL DO PARO DUN MES DE ABRIL DESDE 1996, CON 6.319 DESEMPREGADOS MENOS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou que, grazas á contención na destrución de emprego, este mes hai 20.315 parados menos que en abril do ano pasado
 Galicia foi a sexta comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos interanuais
 Trátase da sexta minoración interanual consecutiva, e a maior de todas, cunha diminución do 6,99 por cento

Santiago, 6 de maio de 2014.- Galicia pechou o mes de abril cunha baixada de 6.319 desempregados, un 2,29 por cento, segundo os datos do paro rexistrado. Esta evolución mensual é a mellor dun mes de abril desde a que se rexistrou no ano 1996. Ademais, esta minoración é case nove veces superior á que se rexistrou no mesmo mes do ano pasado.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou hoxe –nunha visita ao obradoiro de emprego de Cambre- esta baixada de desemprego, que tamén se reflicte en termos interanuais, con 20.315 parados menos (-6,99 por cento), o que sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma na que máis descendeu o paro entre abril do ano pasado e o mesmo mes deste exercicio.

Este mes a comunidade autónoma rexistrou a sexta minoración interanual consecutiva do paro, unha tendencia que comezou en novembro de 2013. Trátase, ademais, do maior descenso interanual de todos, cun -6,99 por cento.

Así, Galicia remata abril con 7.500 parados menos dos que había a finais de abril de 2012, isto é, “vólvese a niveis de paro de hai dous anos”, sinalou, o que confirma a contención progresiva na destrución de emprego.

A análise por sectores reflicte que o maior descenso produciuse no sector dos servizos (-4.140), seguido pola construción (-1-227), a industria (-477) e a agricultura e a pesca (-246).

Por provincias, o paro baixou en todas elas. A maior diminución corresponde á de Pontevedra (-2.566), seguida pola Coruña (-2.077); Lugo (-842), e Ourense (-834).

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de abril un total de 57.854 contratos, 6.799 contratos máis que no mes anterior; deste total, 5.678 foron indefinidos (9,81%) e 52.176 temporais (90,19%).

No Estado, o paro descendeu en abril nun 2,33 por cento, con 111.565 persoas desempregadas menos, de xeito que o número de desempregados sitúase en 4.684.301 persoas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “GALICIA REXISTRA A MAIOR BAIXADA MENSUAL DO PARO DUN MES DE ABRIL DESDE 1996, CON 6.319 DESEMPREGADOS MENOS”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: