Noticias PP

O GRUPO POPULAR ACUSA AOS NACIONALISTAS DUN “INTENTO DE APROPIACIÓN DO GALEGO E DE PRETENDER QUE AS LINGUAS SE IMPOÑAN POR DECRETO”

 “Para chegar a un acordo co PP deberan abandonar a soberbia que teñen sobre o galego, porque nós temos a nosa idea sobre a lingua que está expresada nun programa político respaldado pola maioría social de Galicia”, dixo o portavoz de Cultura, Agustín Baamonde

  • Baamonde afirmou que “non queremos monolingüísmos nin en galego nin en castelán, porque o noso obxectivo é que a gran maioría da cidadanía galega poida expresarse con liberdade na lingua que estime máis oportuno”

 

Santiago, 7 de maio de 2014.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, acusou hoxe no Parlamento aos nacionalistas dun “intento de apropiación do galego e de pretender que as linguas se impoñan por decreto, cando realmente as linguas se falan por convicción e non por imposición, como defende o Partido Popular”.

 

Agustín Baamonde criticou que o BNG defendera hoxe no Pleno unha “iniciativa formulada con espírito de confrontación, non de consenso, porque parte na súa concepción da pretendida superioridade moral dos nacionalistas cando falan da lingua”. “Para chegar a un acordo co Partido Popular deberan abandonar a soberbia que teñen sobre o galego, porque nós temos a nosa idea sobre a lingua que está expresada nun programa político respaldado pola maioría social de Galicia”, manifestou.

DEFENSA DAS DÚAS LINGUAS

Ademais, o portavoz popular apuntou que “tampouco podemos apoiar esta iniciativa porque está baseada no concepto de establecer un relatorio de eivas do galego”. En concreto, dixo que “nos acusan de ser inimigos do galego e ser defensores do castelán, cando a verdade é que defendemos as dúas linguas”. “Non queremos monolingüísmos nin en galego nin en castelán, porque o noso obxectivo é que a gran maioría da cidadanía galega poida expresarse con liberdade na lingua que estime máis oportuno”, sinalou.

O portavoz popular manifestou, por último, que a proposta nacionalista “está instalada nunha posición negativista e cunha mensaxe catastrofista”, ante o que respondeu que “hai que defender o galego con visión positiva porque ten unha lexislación que o ampara, ao tempo que se debe prestixiar a nosa lingua como elemento de penetración social”.

CARMEN PARDO DESTACA O IMPORTANTE ESFORZO REALIZADO EN 2013 POLA XUNTA PARA ELEVAR O RITMO DE EXECUCIÓN DOS FONDOS COMUNITARIOS

 A conselleira de Facenda dixo, a unha pregunta da deputada popular e candidata ao Parlamento Europeo, que non se perdeu “nin un euro de financiamento comunitario” por retrasos na execución dos programas

  • Elena Muñoz explicou que o prazo de execución do actual período non remata ata o 31 de decembro de 2015
  • “Temos case dous anos por diante para executar os fondos do período 2007-2013”, sinalou a conselleira.
  • O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR POLA QUE SE SOLICITA Á XUNTA E AO ESTADO QUE IMPULSEN A IMPUGNACIÓN XUDICIAL DO PRINCIPIO DE ESTABILIDADE RELATIVA

     Jose Manuel Balseiro lamenta a profunda irresponsabilidade das forzas políticas da oposición que, unha vez máis, dan ás costas a unha das principais demandas do sector pesqueiro galego

    • O obxectivo final é modificar o sistema vixente de repartición das cotas de pesca que se vén aplicando na Unión Europea e que asigna posibilidades de captura moito inferiores á capacidade pesqueira de Galicia
    • Por outra banda, os populares sosteñen que as axudas europeas á paralización definitiva dos buques pesqueiros “son indispensables para a adaptación da flota á capacidade pesqueira e así son defendidas polo sector”.

     

     

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: