O ISSGA FORMA A 40 PERSOAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN

 Este curso forma parte do plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2014, que está dirixido a toda a mocidade galega e aos profesionais da información xuvenil e do eido do tempo libre e voluntariado
 Ten unha duración aproximada de dous meses e finalizará cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA de Galicia ou na EGAP
 A formación en liña do ISSGA complétase con outros tres cursos básicos de prevención de riscos laborais, tamén impartidos en colaboración coa Egap, no que se formará a 450 persoas

Santiago, 7 de maio de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) está a formar a 40 persoas a través dun curso básico de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, na modalidade de teleformación.

Este curso forma parte do plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude 2014, que está dirixido a toda a mocidade galega e aos profesionais da información xuvenil e do eido do tempo libre e voluntariado. Impártense en colaboración coa Escola galega de administración pública (EGAP).

Ten unha duración aproximada de dous meses e finalizará cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA de Galicia ou na EGAP. Os seus obxectivos son proporcionar o nivel e capacitación necesario para desenvolver funcións de xestión da prevención; e facilitar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

Está dirixido a empregados, traballadores por conta allea ou autónomos, traballadores designados e delegados de prevención, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.

A formación en liña do ISSGA complétase con outros tres cursos básicos de prevención de riscos laborais, tamén impartidos en colaboración coa Egap, no que se formará a 450 persoas, dos cales xa tivo lugar o primeiro deles e se está a realizar o segundo.

Esta formación en liña, que facilita o acceso á formación das persoas con dificultades para acudir ás aulas por diversos motivos, compleméntase cos cursos presenciais e as distintas xornadas. Para este ano 2014 está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais e 22 xornadas técnicas que terán lugar nos catro centros provinciais do ISSGA.

Oferta formativa do ISSGA
A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo. Así mesmo, encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Neste liña, a oferta formativa do ISSGA, que se desenvolve tanto presencialmente nos seus centros provinciais, como en liña e a través da aula virtual, ten o propósito de proporcionar formación de calidade nesta materia dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011–2014.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: