MÁIS DE 330 VOLUNTARIOS ESTÁN A PARTICIPAR ESTE ANO NO PROGRAMA DA XUNTA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NAS ILLAS ATLÁNTICAS

 

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, entregaron os diplomas aos membros da Asociación Amicos que participaron na experiencia
  • As actividades realizadas polos voluntarios están establecidas e coordinadas polos técnicos do propio parque e centraronse especialmente na colaboración en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade
  • Para o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, permite “canalizar a través do voluntariado a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do noso medio ambiente natural”

 

Ribeira (A Coruña), 8 de maio de 2014.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado,Ovidio Rodeiro; e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado; entregaron os diplomas aos membros da Asociación Amicos que participaron na Illa de Sálvora nunha quenda especial para persoas con discapacidade intelectual do  programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas, que organizan as consellerías de Traballo e Benestar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Máis de 330 voluntarios están a participar este ano neste programa que ten por obxectivo sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

As actividades a realizar están establecidas e coordinadas polos técnicos do propio parque, e céntranse especialmente na colaboración en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade.

Entre outros traballos, os participantes colaboran na retirada dos restos que arrastran os temporais, na erradicación de especies alóctonas, en apoio as tarefas de guías e información, na adecuación de camiños, na construción de sinais indicativos, na reforestación con especies autóctonas ou na limpeza de praias e sistemas dunais.

Para o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, este programa permite “canalizar a través do voluntariado a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do noso medio ambiente natural”. Ademais, tamén destacou que unha das liñas estratéxicas do III Plan galego de acción voluntaria 2011-2014 é “a consolidación dun programa estable de voluntariado ambiental mediante a colaboración interdepartamental dentro da administración autonómica”.

Ao finalizar a súa participación neste programa, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Programa de actividades

O programa conta con cinco accións diferentes. A primeira delas xa se levou a cabo en marzo na illa de Cortegada. Ademais, nos meses de abril, maio e xuño a illa de Ons está a contar con grupos de 6 persoas voluntarias en quendas de 5 días, de luns a venres.

En xullo, agosto e setembro as illas de Salvora e Cortegada contarán con grupos de 8 voluntarios en xornadas diarias, sen pernoctar. Os martes actuarán en Cortegada, con saída do porto de Carril ás doce e regreso ás sete da tarde e os xoves en Sálvora, entre as 10 da mañá e as seis da tarde, con saída dende Aguiño.

Nas Illas Cíes, este programa levarase a cabo nos meses de xullo e agosto con dúas accións. Na primeira delas o obxectivo principal é o de dar apoio as persoas con diversidade funcional que visitan a illa, ofrecéndolles acompañamento nas visitas guiadas e nos momentos de ocio. Esta acción desenvolverase en quendas de 5 días de luns a venres e poderán participar tres voluntarios por quenda.

A segunda destas accións de voluntariado nas Cíes está composta por un campo de traballo que contará con catro quendas de catorce días de duración cada unha. Poderán participar 120 voluntarios de entre 18 e 30 anos de idade de diferentes nacionalidades, xa que este campo é de carácter internacional.

Co obxectivo de mellorar os resultados deste programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizará dous cursos formativos.

O primeiro deles será da modalidade en liña e está destinado aos propios voluntarios. Os contidos teñen por obxectivo capacitar ás persoas interesadas para o desenvolvemento das actividades necesarias para poder exercer o voluntariado no Parque Nacional. Entre outras materias, os voluntarios poderán coñecer a lexislación e normativa que afecta aos Parques Nacionais, o impacto do turismo nos espazos protexidos ou as características da flora e da fauna das illas.

O segundo curso está destinado aos axentes medioambientais que traballan no propio parque, a fin de dar a coñecer que impulsa ás persoas a converterse en voluntarios, os dereitos e deberes do voluntario, o seu marco lexislativo e cómo se elabora un plan de xestión do voluntariado.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: