Archivo | mayo 9, 2014

A Fundación Novacaixagalicia acolle aos bROTHERS iN bAND, a banda tributo aos Dire Straits

O teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo, rúa Policarpo Sanz, 13, subirá o pano o vindeiro 16 de maio ás 21.00 h para acoller, da man de CÁVEA PRODUCCIONES, o espectáculo On The Night.  bROTHERS iN bAND, a banda tributo a Dire Straits, recreará os concertos dos mellores Straits, desde o timbre de voz, os punteos ou os modelos de guitarras, ata os míticos solos da banda.

Servinova, o servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, e CÁVEA PRODUCCIONES xa teñen á venda as entradas para o espectáculoa través das seguintes canles: a páxina web de Servinova, www.servinova.com; na súa billeteira telefónica, 902 504 500 (aberta desde as 8.00 ata as 22.00h); na páxina web de CÁVEA PRODUCCIONES, www.caveaproducciones.com; e na Central de Espectáculos de Vigo (de luns a venres de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h e os sábados de 10.00 a 13.00 h)

MAÑÁ 10 DE MAIO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “EXPORATONA”

  • exporatona cartelA mostra, da ilustradora viguesa Alba Pérez, permanecerá en Detrás do Marco ata o día 10 de xuño.

     

    Vigo, 09 de maio de 2014.Mañá 10 de maio (20:00 horas) celebraremos o acto de inauguración da exposición “Exporatona” da ilustradora viguesa Alba Pérez, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 10 de xuño. Na inauguración, a autora realizará o sorteo dunha lámina entre os asistentes.

Vigovello, asociación encargada da organización do Rastro, destinará parte da recaudación á ONG “A las 5”. Ademáis animamos a todos os participantes que acudan con algún kilo de alimento para entregar a dita ONG.

O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos)
 
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades… 
Portovello Mayo Especial Solidario (1)

O CDG e a Fundación Novacaixagalicia presentan en Vigo Longa viaxe cara á noite

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo, Policarpo Sanz, 13, será o espazo que acolla a presentación aos medios de comunicación da obra teatral do Centro Dramático Galego, Longa viaxe cara á noite. Na cita, que terá lugar o vindeiro luns 12 de maio ás 11.30 h, estarán presentes Alberto Rolán, actor da obra e parte do elenco da recoñecida serie da TVG Terras de Miranda; Manuel Guede, director do CDG e do espectáculo; e María Teresa Cores, directora de Contidos Socioculturais da Fundación Novacaixagalicia. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, nos despachos de billetes da Central de Espectáculos, dos centros da Fundación Novacaixagalicia de Ourense, Santiago e A Coruña, e na billeteira do recinto o mesmo día do espectáculo.