MAÑÁ 10 DE MAIO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “EXPORATONA”
-
A mostra, da ilustradora viguesa Alba Pérez, permanecerá en Detrás do Marco ata o día 10 de xuño.
Vigo, 09 de maio de 2014.Mañá 10 de maio (20:00 horas) celebraremos o acto de inauguración da exposición “Exporatona” da ilustradora viguesa Alba Pérez, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 10 de xuño. Na inauguración, a autora realizará o sorteo dunha lámina entre os asistentes.