A XUNTA IMPULSA MEDIDAS PARA ELEVAR A COMPETENCIA NA VENDA RETALLISTA DE COMBUSTIBLE DE AUTOMOCIÓN E REDUCIR OS PREZOS
Estas actuacións responden ás recomendacións que establece un informe do Consello Galego de Competencia
- O Goberno galego simplificará os trámites administrativos, creando unha xanela única para facilitar a apertura de estacións de servizo e rebaixando o tempo de tramitación dos proxectos a un máximo de 6 meses
- Favorecerase a dispoñibilidade de solo destinado a gasolineiras, especificamente en estradas autonómicas e polígonos industriais
- Facilitarase a súa instalación en centros comerciais e hipermercados, e introduciranse criterios de competencia nas licitacións de áreas de servizo
- Reforzarase o control para que ningún operador supere o 30% da cuota de mercado en cada provincia
- O Consello Galego de Competencia impugnará os actos administrativos que poñan trabas á apertura de gasolineiras, e recomenda ás estacións de servizo independentes que poñan en marcha unha central de xestión de compras
- O informe deste organismo confirma que os problemas de competencia agudízanse en Galicia ao ter un nivel de concentración 11 puntos superior á media
- O titular da Xunta xa remitiu unha carta ao presidente da Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia para trasladarlle a súa preocupación porque Galicia sexa a comunidade co gasóleo antes de impostos máis caro da Península
- O prezo medio do litro de gasóleo de automoción sen tributos é 2,4 céntimos maior que a media española