A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA ESTE DOMINGO, DÍA 18, UNHA ORIXINAL CARREIRA PEDESTRE NO MARCO PAIXASÍSTICO ÚNICO DA ILLA DE ONS

Esta proba reunirá a 275 corredores que percorrerán case 19 quilómetros

 A proba conta tamén coa colaboración co concello de Bueu e o Clube de Atletismo Corredoira
 A saída tomarase ás 11.30 horas da mañá e dende o peirao, posteriormente, enfilarán cara o sur da illa en dirección ao Burato do Inferno, onde se virará para recorrer a parte exterior da illa en dirección norte
 De maneira paralela á carreira, organízase unha camiñata para percorrer a illa, que sairá media hora antes e que será o marco para un concurso fotográfico
 Con esta proba tamén quere sensibilizar aos corredores do valor ecolóxico do espazo no que se desenvolve a carreira e penalizarase aos corredores que arroxen á contorna os envases dos xeles e produtos enerxéticos

Santiago, 16 de maio de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello pontevedrés de Bueu e o Clube de Atletismo Corredoira, organiza este domingo, día 18 de maio, unha “proba piloto” na illa de Ons, trátase da primeira carreira pedestre que se celebrará nesta especial ubicación. Será unha competición deportiva que reunirá 275 corredores e ten a finalidade de conxugar a práctica deportiva coa promoción dos valores naturais propios dun espazo protexido de primeira categoría como é o de Ons.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, que asistirá á saída da proba o domingo, explicou que os organizadores prestaron especial atención ao respecto ao medio ambiente, co que se logrará unha proba que dará a oportunidade de que a xente de fóra poda ir a Ons a coñecer e disfrutar da illa. Para participar haberá que pagar 20 euros, que inclúen o traslado en barco.

Este circuíto combina «cross e trail» e os organizadores a califican como de dureza «media», ademais o percorrido será de case 19 quilómetros, polo que os participantes darán case dúas voltas á illa. A saída tomarase ás 11.30 horas da mañá e o grupo sairá dende o peirao, posteriormente, enfilarán cara o sur da illa en dirección ao Burato do Inferno, dende onde se virará para recorrer a parte exterior da illa en dirección norte. Bordearase a ensenada de Caniveliñas, para despois pasar polas cercanías do cámping de Chan da Pólvora e o faro.

Máis percorrido
Dende alí seguirase ata O Centulo e a praia de Melide, logo os corredores volverán cara a zona do porto e do Curro. A segunda volta será máis curta, porque, ao pasar polo Burato do Inferno, os corredores subirán ata o faro e, dende alí, baixarase polo camiño pavimentado ata O Curro. A organización estima que os primeiros corredores en cruzar a liña de meta tardarán ao redor dunha hora e cuarto.

De maneira paralela á carreira, organízase unha camiñata para percorrer a illa, que sairá media hora antes e que será o marco para un concurso fotográfico. O único requisito para participar é que nas imaxes que se presenten deberá saír algún dos atletas participantes.

Así mesmo, na carreira poderán participar atletas federados e non federados e a meta e saída será común para todas as categorías. Ademais, o control da proba pecharase ás 14.30 horas.

Con esta carreira tamén se quere sensibilizar aos corredores do valor ecolóxico do espazo no que se desenvolvese a carreira e penalizará aos corredores que arroxen á contorna os envases dos xeles e produtos enerxéticos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: