O CARNÉ DE FAMILIA NUMEROSA DA XUNTA AMPLIARÁ OS SEUS BENEFICIOS GRAZAS A NOVOS DESCONTOS DE CITROËN, GADISA E NOVAGALICIA BANCO

beamato_firma_005 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio neste sentido con estas tres empresas, así como coa Asociación galega de familias numerosas (Agafan)
 Gadis realizará un desconto do 2 por cento nas compras nos seus establecementos, mentres que Citroën ofertará unha rebaixa de ata o 22 por cento na adquisición de coches familiares
 Novagalicia Banco expedirá os carnés, ao tempo que establecerá condicións especiais en produtos e servizos financeiros para os posuidores deste documento
 En Galicia hai actualmente máis de 19.000 familias numerosas

A Coruña, 16 de maio de 2014.- O carné de familia numerosa, outorgado pola Consellería de Traballo e Benestar, ampliará a partir de agora os beneficios para os seus posuidores grazas aos novos descontos acordados con Citroën, Gadisa e Novagalicia Banco.

Así o destacou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tras a sinatura dun convenio neste sentido, no que estiveron representantes das tres empresas, así como da Asociación galega de familias numerosas (Agafan), que tamén colabora nesta iniciativa.

“Considero moi positivo que a Administración, unha entidade de iniciativa social, e tres empresas punteiras en Galicia se poñan de acordo para apoiar ás familias galegas”, subliñou a titular do departamento autonómico ao respecto desta cooperación. Mato puxo en valor, ademais, que este proxecto se materialice na mesma semana na que se celebra o Día Internacional da Familia (15 de maio).

En total, serán máis de 19.000 familias numerosas as que se poderán beneficiar desta iniciativa, que ten como obxectivo facilitarlles o acceso a distintos bens e servizos, e garantir que non queden en desvantaxe con respecto a outros núcleos familiares.

Os novos beneficios asociados ao carné –posto en marcha en 2001- son os seguintes. No caso de Gadis, a empresa realizará un desconto do 2 por cento en compras nos seus establecementos, e Citroën ofertará rebaixas de ata o 22 por cento na adquisición de coches familiares. Novagalicia Banco expedirá os propios carnés e establecerá condicións especiais en produtos e servizos financeiros para os posuidores deste documento. Ademais, as tres empresas promoverán a difusión do carné familiar.

Agafan será a encargada de elaborar a guía de entidades colaboradores, que estará dispoñible a través de internet. Actualmente, hai máis de 1.300 empresas galegas en toda Galicia adheridas a este programa, e un total de 55.000 documentos en vigor, a disposición dos membros das familias numerosas (cada membro ten un carné).

Esta iniciativa inscríbese no apoio do Goberno galego ás familias e, máis en concreto, ás numerosas. Dentro deste compromiso, destaca a súa cualificación como “de especial consideración na Lei de apoio á familia e a convivencia de Galicia de 2011, ou a estratexia elaborada para apoialas, e aprobada o pasado mes de novembro.

De feito, nesta estratexia recolle un total de 53 actuacións específicas, entre as que se inclúe o carné. Os principios deste plan son garantir unha protección especial; centrarse nos problemas específicos das familias numerosas; e integrar todos os beneficios aos que se poidan acceder de forma transversal nos distintos departamentos do Goberno galego.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “O CARNÉ DE FAMILIA NUMEROSA DA XUNTA AMPLIARÁ OS SEUS BENEFICIOS GRAZAS A NOVOS DESCONTOS DE CITROËN, GADISA E NOVAGALICIA BANCO”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: