FIESTA 3º ANIVERSARIO MERCADO PROGRESO EN SITUACIÓN PROVISIONAL
LUGAR: Mercado Progreso Vigo.
CUANDO: Jueves, 22 de mayo.
HORARIO: Programación durante todo el día.
Este jueves, 22 de mayo el Mercado Progreso “celebra” el tercer año en sus instalaciones provisionales. De esta forma, invitamos a todo el mundo a pasar un día especial con nosotros. Tenemos todo tipo de sorpresas preparadas, entre ellas los comerciantes del Mercado acudirán a sus puestos de trabajo con un atuendo de época, ambientando el mercado como si se tratase de principios del S.XX.
El objetivo es asumir la realidad en la que nos encontramos, una vez aprobados los presupuestos sabemos que está garantizado el fin de la obra pero eso no quita de que, como dice nuestro slogan “nos encontramos perdidos en el tiempo” en una obra programada para 13 meses y ya han pasado 3 años. Con este evento, pretendemos motivar y retomar la ilusión por el Nuevo Mercado entre comerciantes, clientela y políticos. A esta fiesta está invitado el concejal de comercio Ángel Rivas aún por confirmar la hora de asistencia.
Durante toda la mañana tendremos música ambiente además de que a partir de las 10h todos los asistentes podrán disfrutar de pinchos y bebidas GRATIS. Durante toda esta semana los clientes de los puestos y de la zona podrán dejar sus rifas para participar por la tarde en el sorteo presencial de 3 carros de la compra con valor de 100€.
La tarde destaca por la actuación estelar de dos pases de Tony Lomba que amenizará la velada con su original puesta en escena. Los horarios serán los siguientes:
– 17h sorteo presencial de 3 carros de la compra por valor de 100 euros en las instalaciones del Mercado.
– 17:30h 1º Pase de Tony Lomba. 20h 2º Pase de Tony Lomba.
A EDITORIAL GALAXIA PUBLICA O NÚMERO 201 DA REVISTA GRIAL
EDITORIAL GALAXIA PUBLICA O NOVO NÚMERO DA REVISTA
GRIAL 201
TRANSMEDIA. CARA UNHA NOVA FORMA DE NARRAR
Cada vez de xeito máis radical, as novas tecnoloxías veñen modificando as formas tradicionais de comunicación, produción e difusión do relato, tamén as maneiras de presentalo, distribuílo, compartilo e comercializalo. Xorden novos xeitos de comunicar e novos xeitos de abordar a relación entre creadores, mediadores, receptores no século que xa corre… Estamos diante dunha nova realidade que en certos aspectos modifica radicalmente os modelos de produción e consumo cultural, pero que non son tan novos como parece. Dende que a humanidade existe, as tecnoloxías da comunicación (alfabeto, Gutenberg, fotografía, telégrafo, cine, radio, televisión…) actúan sobre os seres humanos e as colectividades. Mesmo podemos incluír a pintura, a arquitectura, a música, o teatro… Anxo Abuín e Xosé Nogueira coordinaron un equipo de ensaístas que, dende a literatura e a comunicación, dende o audiovisual ás novas formas de negocio da cultura, abordan un tema de actualidade: os chamados Transmedia, que afecta tamén á cultura e a creatividade galega. Galicia non é unha illa. Propoñemos, xa que logo, novas achegas a unha realidade que bole arredor de nós e que tende a expresarse sobre todo no universo tecnolóxico das pantallas: dende os televisores ás computadoras persoais, as tabletas dixitais e os móbiles de última (sempre penúltima) xeración. A maiores, e sen saír deste discurso (que en certos aspectos é tan vello coma o mundo), continuamos celebrando o medio século da nosa revista e incorporamos dous novos ensaios a engadir aos que presentamos no numero 200. María M. Maceiras aborda a transición dixital na lectura de textos (e-books) mentres que Xosé Luís Franco Grande lembra as primeiras experiencias da radio en lingua galega despois da Guerra Civil: ‘Raíz e tempo’, contra finais da década dos 60. O número 201 complétase coas sección tradicionais de Creación (Berta Dávila e Xesús Constela), o Rego da Cultura (cunha memoria especial para Antonio Pérez Prado) e o Espello das Letras: crítica de libros, na que incluímos unha lembranza de Patria Arias Chachero para o grupo de creadores galegos do Café Comercial en Madrid, un ensaio de Montse Pena Presas sobre a relación de Carlos Casares co mundo da infancia e a tradución dun poema grego do século III a. C., o ‘Mimiambo’ de Herodas. No capítulo dos referentes históricos, Henrique Monteagudo recupera dous documentos do galeguismo, unha carta de Ramón Cabanillas (fillo) a Castelao dende México e o chamado Pacto da Concordia, Galeuzca 1941. Nunha liña semellante, Facundo Reyna Muniain analiza as estratexias e políticas culturais do exilio, entre 1940 e 1960, nunha institución emblemática na nosa historia: o Centro Galego de Buenos Aires. Conclúe o presente número de GRIAL cun traballo do profesor Díaz-Fierros Viqueira sobre a presenza do tren, símbolo do progreso, na obra de Curros Enríquez, e un novo ensaio de Carlos Lema, esta vez sobre «Literatura, feminismo e retórica do progreso»
KAKKMADDAFAKKA – FESTIVAL DO NORTE
|
|||||||||
|
O CDG achégase ao teatro estadounidense na Fundación Novacaixagalicia con Longa viaxe cara á noite
O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá os vindeiros xoves 22 e venres 23 de maio, ás 20.30 h, a representación de Longa viaxe cara á noite, a obra máis relevante do Premio Nobel Eugene O’Neill, e que poñerá en escena o Centro Dramático Galego. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade galega: enwww.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, e nas billeteiras da Central de Espectáculos, os centros da Fundación Novacaixagalicia en Santiago, Ourense e A Coruña e a do recinto o mesmo día da función.
A Fundación Novacaixagalicia presenta o espectáculo de danza da Fundación Igualarte
A Fundación Novacaixagalicia acollerá o venres 30 de maio e o sábado 7 de xuño en Vigo e Pontevedra, respectivamente, o espectáculo Nos meus zapatos, interpretado pola compañía de danza da Fundación Igualarte, unha entidade que traballa o desenvolvemento artístico en persoas con capacidades diferentes. A primeira función será no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo e a segunda, no Centro Social desta entidade en Pontevedra, ambas ás 20.30 h.
Aqueles que desexen adquirir as entradas poderán facelo, desde hoxe mesmo, a través das canles habituais: a web de Servinova, www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, os despachos de billetes da Central de Espectáculos, os centros da Fundación de Ourense, Santiago e A Coruña e no propio recinto o mesmo día do espectáculo.
España y Arabia Saudí impulsarán una comisión mixta de cooperación en energía e industria
El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, acompaña a S.M. el Rey en su viaje a Arabia Saudí.
José Manuel Soria asiste a un encuentro con los presidentes del Consejo Hispano-Saudí de Cámaras de Comercio, que explicaron a S.M. el Rey los resultados del encuentro empresarial celebrado en la sede de la Cámara de Comercio de Riad los días 14 y 15 de mayo en el que participaron 85 empresas españolas.
El ministro Soria mantendrá una reunión bilateral con el ministro de Comercio e Industria saudí, Tawfig Fawzan.
Intervendrá en la sede de la Cámara de Comercio de Yeddah en la clausura de los encuentros sectoriales entre empresas españolas y saudíes, que clausurará S.M. el Rey. Leer más…
La Xunta de Galicia y el Gobierno de Mariano Rajoy ocultan sus responsabilidades en las muertes de 18 hombres de los pesqueros Santa Ana, Mar de Marín y Mar Nosso.
La » Alerta Rápida » al descubierto. El equipo multidisciplinar de Pladesemapesga liderado por Antón Salgado, pone al descubierto como las autoridades españolas intentan a toda costa eludir sus propias responsabilidades ante las familias de los fallecidos y las normativas que ha dejado de cumplir que acreditan sin duda alguna las mentiras de la Ministra Ana Pastor en sus declaraciones de fidelidad y cumplimento en defensa de las gentes de la Mar. Leer más…
GALICIA E OUTRAS CINCO COMUNIDADES CELEBRARÁN O PRÓXIMO 30 DE XUÑO O SEU III ENCONTRO INTERTERRITORIAL DE DEMOGRAFÍA
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González participou hoxe en Valladolid nunha xuntanza de traballo para preparar este foro, na que tamén estiveron presentes altos cargos de Asturias, Aragón, Castela e León, Castela A Mancha e Estremadura
O novo texto do Acordo de asociación de España e a Unión Europea xa recolle as demandas realizadas por estas seis comunidades autónomas
Na xuntanza de xuño, os Goberno autonómicos fixarán novas accións e iniciativas políticas conxuntas.
Santiago, 19 de maio de 2014.- Galicia –xunto con Asturias, Aragón, Castela e León, Castela A Mancha e Estremadura- celebrarán o próximo 30 de xuño en Mérida o III Encontro interterritorial polo cambio demográfico, o que vén a dar continuidade as accións que están promovendo estas seis comunidades autónomas co fin de facer fronte á crise demográfica e o envellecemento nos seus territorios.
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou hoxe en Valladolid nunha xuntanza de traballo, na que estiveron presentes altos cargos destes gobernos autonómicos, co fin de preparar o encontro que terá lugar en xuño.
O obxectivo do foro que se celebrará en xuño será fixar novas accións e políticas conxuntas. Unha das metas principais desta colaboración é demandar conxuntamente ao Goberno de España e ás institucións europeas a necesidade de que as políticas, tanto a nivel nacional como europeo, consideren os factores demográficos para obter respostas globais para os territorios e os habitantes.
No encontro desta mañá, abordáronse, polo tanto, diversos aspectos de interese de cara á reunión do mes de xuño e valorouse que o novo texto do Acordo de Asociación de España e a Unión Europea xa recolle as propostas reivindicadas por estes territorios, que comparten altas taxas de envellecemento, e de dispersión xeográfica.
Encontros anteriores
Xa se celebraron dous foros destas características: o primeiro tivo lugar en Oviedo, en outubro de 2013; e o segundo, o pasado 24 de febreiro, en Zaragoza. En ambos casos, subscribíronse sendas declaracións institucionais.
No I Encontro Interterritorial, celebrado en Oviedo, as tres principais demandas foron: subliñar que os desafíos demográficos son un asunto do Estado e que, polo tanto, é precisa unha estratexia a nivel estatal; que o problema ten tamén unha dimensión europea, polo que se solicitou acceso a fondos comunitarios e outras fórmulas de apoio; e que é preciso que as variables demográficas como a baixa densidade de poboación, a dispersión ou o envellecemento teñan un maior peso e estean mellor ponderadas no novo modelo de financiamento autonómico. A continuación, celebrouse o encontro de Zaragoza, no que se afondou nestas reclamacións.
Posteriormente, estas comunidades autónomas organizaron o pasado 2 de abril unha xornada en Bruxelas, co comisario de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea, Lázsló Andor. Os seis territorios defenderon conxuntamente que, no deseño das políticas comunitarias, os aspectos demográficos sexan considerados como transversais e que o cambio demográfico se inclúa de forma prioritaria na execución dos programas de financiamento comunitario no período 2014-2020.
Ademais da xuntanza co comisario europeo, ese mesmo día celebrouse o “Encontro interrexional sobre o cambio demográfico”, ao que asistiron representantes de rexións de Alemaña, Lituania, Polonia, e Suecia, para intercambiar experiencias e políticas en materia de despoboación.
Encontro financeiro con Jenaro García, da man da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia
A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia presentará o vindeiro xoves 29 de maio, ás 19.00 h, no pazo de San Roque, en Vigo, o encontro financeiro con Jenaro García, ceo da empresa Gowex que, tras quince anos de experiencia, está considerada como unha das mellores na creación de cidades wifi intelixentes (Wireless Smart Cities).