O CDG achégase ao teatro estadounidense na Fundación Novacaixagalicia con Longa viaxe cara á noite
O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá os vindeiros xoves 22 e venres 23 de maio, ás 20.30 h, a representación de Longa viaxe cara á noite, a obra máis relevante do Premio Nobel Eugene O’Neill, e que poñerá en escena o Centro Dramático Galego. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade galega: enwww.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, e nas billeteiras da Central de Espectáculos, os centros da Fundación Novacaixagalicia en Santiago, Ourense e A Coruña e a do recinto o mesmo día da función.