GALICIA EXPÓN EN ASTURIAS AS SÚAS MEDIDAS PARA A RECUPERACIÓN DEMOGRÁFICA INCIDINDO NA NECESIDADE DE ACADAR UN PACTO DE ESTADO

2014_05_20 Jornada Prodintec 2  A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou hoxe en Xixón na xornada ‘Oportunidades de negocio no novo escenario demográfico’ organizada polo Goberno do Principado de Asturias e a Fundación Prodintec
 González destacou que o Goberno galego promoveu a decisión do Estado de demandar ante a Comisión europea a inclusión do parámetro da demografía na execución dos fondos europeos
 A responsable da área autonómica resaltou a importancia de sensibilizar á sociedade sobre esta problemática e impulsar novas políticas de familia como as recollidas no Plan de Dinamización Demográfica 2013-2016

Santiago, 20 de maio de 2014.- O Goberno galego difundiu hoxe en Asturias as medidas que está a levar a cabo para loitar contra a problemática demográfica. A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, vén de participar en Xixón na xornada ‘Oportunidades de negocio no novo escenario demográfico’, organizada polo Goberno do Principado de Asturias e a Fundación Prodintec, na que incidiu na necesidade de acadar “un verdadeiro Pacto Social e de Estado” para a recuperación demográfica.

González destacou, en primeiro lugar, que o labor que está a realizar Galicia neste eido comeza a dar os seus froitos, xa que lembrou que foi o propio Goberno da Xunta o que promoveu a decisión tomada recentemente polo Estado de demandar ante a Comisión Europea a introdución da loita contra a crise demográfica como obxectivo na revisión da Estratexia Europea 2020 e a inclusión do parámetro da demografía na execución dos fondos europeos. Esta reivindicación da Consellería de Traballo e Benestar acaba de ser recollida polo Estado no Acordo de Asociación 2014-2020, un documento que o Goberno de España negociará coa UE para o reparto dos fondos comunitarios e no que se reclama a inclusión da demografía como criterio de valoración.

Para acadar este ‘Pacto de Estado’, a directora xeral sinalou que Galicia apostou “decididamente” por traballar en rede con outras comunidades autónomas que comparten o mesmo problema e, por iso, apuntou que a Xunta lidera desde hai tempo un grupo de traballo ao que se sumaron, de momento, outras cinco rexións: Asturias, Castela e León, Castela A Mancha, Aragón e Estremadura. Neste senso, é preciso lembrar que na última xuntanza celebrada en febreiro en Zaragoza, demandouse cunha soa voz ao Goberno central un gran Pacto de Estado pola demografía e unha nova ponderación das variables poboacionais de densidade, dispersión e envellecemento na revisión do sistema de financiamento autonómico.

En segundo lugar, a directora xeral deu a coñecer as medidas que se están a impulsar desde a Xunta a través do Plan de Dinamización Demográfica 2013-2016 aprobado o ano pasado no Parlamento galego e que recolle ata 69 medidas. Entre as actuacións que se levarán a cabo e nas que está a traballar o Goberno galego resaltou novidosos instrumentos para acadar a conciliación laboral e familiar como son as Casa Niño e o Servizo de Axuda no Fogar para a Infancia (SAFI). González recordou, así mesmo, que o próximo curso escolar estará en marcha xa a exención de prezos públicos para o segundo fillo e posteriores que acudan á mesma escola infantil e afirmou que xa este ano incrementaranse as deducións fiscais por nacemento ou adopción dos fillos menores de 3 anos.

Un labor en Europa
En terceiro lugar, González indicou que Galicia tamén está a traballar en rede con outros territorios e coas institucións comunitarias implicadas nesta materia e, así, sinalou que Galicia forma parte da Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico con outros 40 territorios e lidera o programa europeo Symbios que busca o intercambio de experiencias e ideas na loita contra o problema demográfico e a exclusión territorial causada pola dispersión. Precisamente, o 19 de xuño celebrarase en Santiago o II Seminario Técnico de Symbios. A última xornada será en maio de 2015.

En definitiva, a responsable da área autonómica afirmou que é preciso seguir a traballar en tres vías: a da sensibilización social ante a crise demográfica; o impulso de novos políticas de familia e apoios á maternidade con vocación de futuro e consensuadas; e a creación de grupos de traballo en España e Europa para buscar sinerxías e aproveitar o intercambio de experiencias para afrontar a problemática da demografía.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: