Actividades de verán da Fundación Novacaixagalicia en Vigo

A Fundación Novacaixagalicia acollerá nos meses de xuño e xullo propostas didácticas e de lecer para os nenos e nenas que se inscriban nas diferentes actividades que a entidade galega ten programadas. Para iso, o Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Vigo, o Pazo de San Roque e Naturnova desenvolverán un amplo proxecto que abrangue contidos didácticos presentados dunha maneira lúdica que resulte sempre atractiva para os pequenos. Para solicitar unha completa información sobre estes obradoiros, pódese contactar co persoal da área educativa da fundación nos teléfonos 986 129 032 ou 986 120 088. Así mesmo, na páxina web www.obrasocialncg.com figuran os programas detallados de todas estas alternativas de lecer nos meses de verán. A matrícula para estas actividades pódese formalizar a través dewww.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

 
 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: