MENTIRAS DO PP SOBRE O PECHE DE CAMAS

María Xosé Abuín afirma con absoluta rotundidade que “é falso” que exista acordo algún de peche de camas a cambio de vacacións cos sindicatos
A CIG-Saúde acusa ao portavoz do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, de mentir sobre o peche de camas

A CIG-Saúde considera “inadmisíbeis” as declaracións do portavoz do grupo parlamentario do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, ao que acusa de “mentir” sobre as razóns polas que se pechan as camas para “eludir a responsabilidade do PP na nefasta política sanitaria que están a facer”. Núñez Centeno responsabilizou, en sede parlamentaria, a traballadoras/es do peche de camas por ter un mes de vacacións e aos sindicatos de asinar un acordo para que, a cambio dese mes de vacacións se levara a cabo ese peche. “ É absolutamente falso. Nunca existiu acordo algún deste tipo entre os sindicatos e o SERGAS” afirma con rotundidade María Xosé Abuín.

A secretaria nacional de CIG-Saúde cualifica a Núñez Centeno de “ignorante” porque se, cando menos, comprobara os acordos asinados entre as organizacións sindicais e o SERGAS podería comprobar que o persoal que traballa no Servizo galego de Saúde goza dun mes de vacacións que se inclúe nun calendario de rotación que vai de xuño a setembro. “Só nos imos de vacacións o 25% de persoal cada mes, por iso non está xustificado ese peche de camas”.

A isto Abuín engade que “é un dereito de todo traballador e traballadora gozar dun mes de vacacións e é responsabilidade da administración substituír a ese persoal polos compañeiros/as –profesionais altamente cualificados para o desempeño da actividade normal- inscritos nas listaxes de contratación do SERGAS, para garantir o normal desenvolvemento da actividade e dar cobertura ás necesidades asistenciais”.

A secretaria nacional de CIG-Saúde considera que “se este deputado, como é a súa obriga, se documentase a través da páxina web do SERGAS ou do DOG daría unha información veraz e non se dedicaría a manipular a información coa intención de desprestixiar ao persoal do Servizo Galego de Saúde”.

A CIG-Saúde achega, a modo de exemplo, dous cadros nos que se recolle, no primeiro o Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS cos datos da convocatoria de Oposición de Facultativos/as de Hospitais. Uns datos que constatan que efectivamente hai facultativos/as sobradamente cualificados/as para facer as substitucións necesarias de especialistas.

No segundo cadro recóllense dous exemplos de enfermeiros/as e celadores/as que están inscritos/as nas listaxes de contratación que se confeccionaron ao abeiro do pacto de selección temporal publicado no DOG de maio de 2012. As listas estanse publicando agora e nas mesmas figuran os efectivos dispoñíbeis para facer as substitucións nestas categorías. “Este persoal non vai ter nin un só contrato neste ano”.

A CIG-Saúde recoméndalle ademais a Núñez Centeno que “para falar das alteracións na saúde de doentes crónicos/as durante o período estival se asesore con persoal facultativo en vez de poñerse en evidencia demostrando o seu absoluto descoñecemento da realidade”.

A CIG-Saúde reitera, en consecuencia, a falsidade das acusacións do deputado do PP e mesmo se pregunta que sentido tería estar a denunciar o peche de camas e a mobilizar o persoal de existir un acordo semellante coas organizacións sindicais.

 

Plan de ordenación de RR HH SERGAS. DOG 13 DE DECEMBRO DE 2013
Convocatoria de OPE FACULTATIVOS HOS PITAIS.
ASPIRANTES PRESENTADOS 1029. Prazas ofertadas 91
Especialidades Aspirantes presentados Prazas ofertadas Desemprego
Anestesia e Reanimación 133 12 121
Aparello dixestivo 45 9 36
Cardioloxía 46 5 41
Cirurxía Ortopédica e traumatoloxía 76 6 70
Cirurxía Xeral. Aparello dixestivo 97 10 87
Medicina Intensiva 56 4 52
Medicina Interna 164 13 151
TOTAL DESEMPREGADOS 558

Listaxes de contratacións vixentes.. Pacto contratacións .DOG luns 9 de maio 2011.

Listaxes vixente de persoal inscrito.
Categoría ENFERMEIRAS/OS Celadoras/es
A CORUÑA 1524 871
FERROL 488 372
LUGO 784 689
OURENSE 691 544
PONTEVEDRA 516 630
SANTIAGO 1088 794
VIGO 1503 986

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: