PRIMEIRO CONCERTO NA SEMANA DA MÚSICA INFANTIL NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

Dende o luns e ata o domingo, todos os días un concerto de música infantil ás 19 horas
Este luns, O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO, de Akiko Ishi Hara, na voz e na música de Víctor Castro.
Un ano máis, a Editorial Galaxia produce a Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo, un evento que congregará, dende o luns 26 de maio ata o domingo 1 de xuño, todos os días ás 19 horas, ás mellores propostas musicais infantís do país. Desta volta, sumáronse á iniciativa outras editoriais galegas como Do Cumio ou Kalandraka.
De seguido, a programación completa, tanto da Semana da Música Infantil de Vigo como do resto dos actos da nosa editorial durante a Feira do Libro de Vigo.
SEMANA DA MÚSICA INFANTIL
Luns, 26 de maio: O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO con Suevia Sobral e Akiko Ishi Hara, na voz de Víctor Castro. Edicións do Cumio
Martes, 27 de amio: TOC TOC Con Pablo Díaz. Editorial Galaxia
Mércores, 28 de maio: TAMBO con Victor Castro e Laura García. Edicións do Cumio
Xoves, 29 de maio: PITUSA SEMIFUSA con Olga Brañas. Editorial Galaxia
Venres, 30 de maio: ESTAMOS NO VERÁN!!! con Xoan Curiel. Editorial Galaxia
Sábado, 31 de maio: XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ coa Familia MARIA FUMAÇA. Editorial Galaxia
Domingo, 1 de xuño: BRINCA VAI con Paco Nogueiras. Editorial Kalandraka

O CONCERTO DO LUNS
A Semana dá comezo este luns co espectáculo titulado O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO, un proxecto musical e literario, en galego e xaponés de Akiko Ishihara ilustrado por Suevia Sobral e quen Víctor Castro porá no escenario.
O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO propón un mollo de cancións que gravitan arredor dun cativo que procura alguén a quen lle poder agasallar o seu sombreiro. No espectáculo imos poder gozar do son, sorprendente, das cantigas populares xaponesas pasadas polo tamiz da música galega.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: