Concello de Vigo
«No verán… un conto» incluirá 40 actividades de normalización lingüística nos próximos meses |
O Trofeo Concello de Vigo de Bádminton incrementa a participación e supera os 200 deportistas |
III edición do Festival Primavera do Cine en Vigo |
EDITORIAL GALAXIA PUBLICA O NOVO MARÍA FUMAÇA (XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!)
Logo do éxito colleitado polo libro-disco MARÍA FUMAÇA, a Editorial Galaxia anuncia a publicación do novo proxecto da Familia María Fumaça, XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! (Adxúntase Imaxe da cuberta como Arquivo)
Como no caso do anterior libro-disco-DVD, esta nova entrega de María Fumaça, titulada XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! (así fai o tren cando vai pola vía) aglomera ao máis nutrido da música galega arredor dun proxecto que aposta pola diferenza como un xeito de ollar mellor e máis lonxe. Desta nova volta, este proxecto musical, comandado por Uxía, conta coa colaboración de excelentes músicos coma Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales ou Magín Blanco (e con colaboradores de luxo coma Carlos Blanco ou o grupo Tanxarina), ademais de toda a familia María Fumaça. Como xa aconteceu coa primeira entrega, estamos certos de que este novo libro-disco-DVD que a Editorial Galaxia publica na Colección Sonárbore, vai ser un éxito completo e que vai encher as casas e os auditorios de nenos e de nenas dispostos a cantar as cancións e a practicar as coreografías que se ofrecen no CD e no DVD. Como no caso anterior, ademais das cancións cos seus clips correspondentes, preparáronse algúns temas con pictogramas para que tamén poidan ler aquelas nenas e nenos que teñen algunha clase de dificultade e que así ninguén quede sen gozar da música e do baile e da alegría de vivir que propón, coma sempre, María Fumaça.
TAMBO dentro da Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo
Mércores 28 de xuño, ás 19.00 horas
Vïctor Castro e Laura García porán sobre o escenario da carpa da Alameda TAMBO
A Semana da Música Infantil chega á súa terceira xornada, este mércores ás 19 horas cun concerto de música infantil que gravitará arredor do libro-disco de Vïctor Castro e Laura García, TAMBO, publicado por Edicións do Cumio.
Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Os que se acheguen pola Alameda viguesa gozarán con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida un espectáculo para pequechos pero tamén para maiores que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.
A Semana da Música Infantil é unha produción da Editorial Galaxia.
Noticias PP
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ MAÑÁ NO PLENO DO PARLAMENTO A NECESIDADE DE REGULAR AS VIVENDAS DE ALUGUER DE TEMPADA
O PP proporá a José Luís Costa Pillado e Ignacio Aranguren Pérez para o Consello Consultivo de Galicia, así como a Juan Luis Castro Rodríguez para o Consello Social da Universidade de Santiago
- O portavoz popular, Pedro Puy, lamentou que o Grupo Socialista rexeitara o consenso para aprobar o proxecto de Lei de medidas urxentes para a racionalización e sustentabilidade dos concellos,
- PEDRO PUY AFIRMA QUE AS ELECCIÓNS EUROPEAS EVIDENCIAN QUE A ESTABILIDADE DUN GOBERNO ESTÁ MÁIS GARANTIDA DESDE O PARTIDO POPULAR QUE CUNHA ESQUERDA DIVIDIDA E POLARIZADA
O portavoz popular dixo que as extrapolacións cara outros procesos electorais “non son fáciles de facer”
- “A satisfacción por ter sido o partido máis votado tanto en Galicia como en España debe ser un acicate para continuar traballando na recuperación da confianza tanto a nivel autonómico como a nivel xeral das institucións”, indicou
- Puy explicou que a “crise tremenda” que se vive a nivel europeo “xerou unha dispersión do voto cara os populismos máis extremos da esquerda e a dereita”
-
El Grupo Popular propone la creación de un certamen internacional de teatro para que Vigo se convierta en un referente gallego, nacional e iberoamericano
-
El concejal del PP, Roberto Relova, presenta una moción al próximo pleno en ese sentido “para recuperar el protagonismo cultural que Vigo ha perdido en los últimos años”.
-
“Hay que aprovechar que la ciudad dispone de elementos como la Escuela de Arte Dramático, la Escuela Municipal de Teatro, compañías profesionales y aficionadas y un importante número de actores. Es un potencial extraordinario”, afirma el edil del Partido Popular.
-
El Grupo Popular ha presentado en los tres últimos años casi un centenar de propuestas culturales y educativas. “Es el momento de dar el salto, de ir más allá y convertir a Vigo en la capital de las artes escénicas del noroeste peninsular y de América Latina”, plantea Relova.
- O PARLAMENTO APROBA A LEI DE MEDIDAS URXENTES QUE ADAPTA A REFORMA LOCAL A GALICIA, RESPECTANDO A AUTONOMÍA DOS CONCELLOS E A DEFENSA DAS SÚAS PARTICULARIDADES
A portavoz de Administracións Públicas, Paula Prado, dixo que “garante a continuidade na prestación dos servizos públicos”
- Prado salientou a disposición do PP para consensuar propostas coa oposición, “pero é moi difícil chegar a acordos cando se pechan en banda”
- Acusou a socialistas e AGE de votar en Galicia en contra dunha norma que copiaron literalmente e aprobaron en Andalucía
- O Grupo Socialista votou unha emenda do BNG que conlevaría a supresión das deputacións provinciais, polo que Paula Prado preguntou se “esta decisión está acordada co señor Besteiro”
- O GRUPO POPULAR AFIRMA QUE A REDUCIÓN DAS PAGAS EXTRAS DO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN FOI “UNHA MEDIDA EXTRAORDINARIA E PUNTUAL PARA GARANTIR A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS”
A portavoz Paula Prado agradeceu “o esforzo realizado por funcionarios e persoal das administracións públicas para axudar a saír da crise”
- En canto ao cumprimento das sentenzas, Prado indicou que “a actuación da Xunta axústase perfectamente á legalidade, presentando recursos ante aquelas que non son firmes”
-
O Russian Classical Ballet na Fundación Novacaixagalicia en Vigo e Pontevedra
A Fundación Novacaixagalicia acollerá esta semana nos seus centros cultural e social de Vigo e Pontevedra, respectivamente, a representación do Russian Classical Ballet da peza clásica A bela durminte de Tchaikovski. O mércores 28 e o xoves 29 de maio terán lugar as funcións protagonizadas por unha das compañías máis emblemáticas do ballet clásico ruso. As entradas para estes espectáculos, non recomendados para menores de sete anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade en www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, nos despachos de billetes da Central de Espectáculos, dos centros da Fundación Novacaixagalicia de Ourense, Santiago e A Coruña, e na billeteira do recinto o mesmo día do espectáculo.
CONCERTO DE PABLO DÍAZ O MARTES NA SEMANA DA MÚSICA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
Pablo Díaz
en Vigo
dentro dos actos da Semana da Música Infantil
na Feira do Libro
O martes 27 de maio, na Alameda de Vigo, ás 19.00 h.
Toda a semana, dende o luns ata o domingo, ás sete da tarde, os autores de música infantil máis sobranceiros do noso país actúan na Alameda viguesa dentro da Semana da Música Infantil que produce a Editorial Galaxia.
Este martes visitará a carpa da Alameda de Vigo, o cantante Pablo Díaz para encher o escenario coas músicas festeiras e pegadizas do seu TOC TOC que a Editorial Galaxia publicou na súa colección Sonárbore, un libro-disco de grande éxito que tivo que reeditarse en pouco menos de seis meses.
Os que se acheguen a escoitar este concerto, baseado no mesmo título do libro-disco, ilustrado por Nuria Díaz, gozarán dun feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ambiente ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Pablo Díaz conta cunha espectacular banda de apoio que tocarán para todas as nenas e os nenos que ás sete da tarde do martes queiran achegarse pola Feira do Libro, instrumentos como a gaita, guitarras, acordeón e percusións.
O acto é de balde.
Unha produción da Editorial Galaxia
OvO EN CONCERTO NA SALA MASTER
NINONINO! é un ciclo organizado por Normal e coordinado por Sinsalaudio.
OvO veñen dende Italia cunha proposta realmente personal e arriscada. Os seus compoñentes son Bruno e Steffan, unha parella que fixo deste proxecto un estilo de vida. Punk, noise, sludge, guitarras furiosas, percusións tribais, etc. son algúns dos elementos presentes no seu son chamanista que, en directo, vese aderezado polo carácter de performance usando disfraces e mascaras, bailes, spoken word, etc. Con máis de doce anos de traxectoria, e case 700 concertos por varios continentes, este dúo alcanzou un merecido recoñecemento coa súa fusión entre drone metal e avant-garde jazz.
BRAVO BOSCH PRESENTA A NOVA CONVOCATORIA DO ‘XUVENTUDE CREA’, QUE O ANO PASADO CONTOU CON 9 PREMIADOS DE VIGO E A SÚA ÁREA
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca este programa para 11 especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.
A delegada territorial da Xunta en Vigo animou a todos os xóvenes vigueses e da área a participar neste certame que fomenta a creatividade xuvenil.
O prazo de participación está aberto ata o 30 de xuño e cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.
Vigo, 26 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá en rolda de prensa a nova convocatoria do certame ´Xuventude Crea 2014´, iniciativa que ten como obxectivo fundamental que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade xuvenil. A orde –que xa saíu publicada no DOG- está dotada cun orzamento de preto de 100.000 euros.
Nesta iniciativa poden participar todos os mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2014. O prazo de participación está aberto ata o 30 de xuño e cada unha das especialidades ás que se poden presentar contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.
Coma explicou Bravo Bosch, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, convoca 11 especialidades creativas, concretamente, de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias. Salvo no caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Todas as obras terán que ser en galego, orixinais e inéditas.
Neste senso, a delegada fixo especial fincapé á especialidade de moda –anteriormente coñecido coma certame Tesoira- e que sempre contou con premiados de Vigo e área. É máis, na última edición do ano 2013, neste apartado todos os gañadores eran orixinarios da provincia de Pontevedra sendo o segundo premio para o vigués Alberto Neves Gómez, coa colección “Un pensamiento, una pasión y un ideal”. Así, nesta categoría os participantes deberán presentar unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas. Así mesmo, haberá que engadir unha ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.
Con todo, a representante da Administración autonómica na cidade convidou a todos os xóvenes vigueses a participar neste certame co obxectivo de incrementar os datos acadados na edición anterior, onde 9 xóvenes de Vigo e a súa área foron distinguidos nalgunha das 11 especialidades resultando gañadores ou premiados con mencións de honra.
Máis especialidades
No eido musical poderán participar solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos, o mesmo que ocorre para teatro, e poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
Na especialidade de relato breve, as obras deberán estar feitas a ordenador, cunha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.
No que se refire á categoría de poesía, o tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.
No apartado de videocreación, os participantes só poderán presentar obras que non teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes. O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.
En canto á banda deseñada, de temática libre, a técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor. O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais. Cada obra deberá levar pseudónimo e título.
Pola súa banda, as obras de graffiti o tema e a técnica serán libres e os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Na categoría de cartel, a participación será a título individual. O tema do cartel será: ‘Conmemoración dos 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela’. A técnica será libre dentro dos límites usuais, para permitir unha normal reprodución fotomecánica.
As obras deberán presentarse sobre cartón, cartón pluma ou similar, en formato vertical, cunhas medidas máximas de 47 × 64 cm e presentaranse suficientemente protexidas e montadas sobre un soporte ríxido e desmontable que permita a súa perfecta exposición.
Para participar na categoría de deseño de xoias a colección estará composta por tres pezas. Xunto coa documentación o participantes presentarán unha fotografía de cada unha das tres xoias, que poderán ser tanto para home como para muller.
Seguindo a liña da edición anterior, co obxectivo de axudar á mocidade na súa inserción laboral, o xurado estará composto por profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no concurso, o que permitirá aos participantes poñer as súas creacións en contacto co mundo empresarial dun xeito directo
Próximos eventos 40DS&DE www.40eventos.com

próximos eventos que se celebrarán en 40DS&DE situada en la calle Rosalia de Castro, 29 VIGO, con una entrada de 5 € con consumición mínima
La Fábrica presenta El cuento de un idiota, serie inédita de Ricky Dávila realizada por encargo de Gerard Mortier para el Teatro Real de Madrid
La muestra reúne el trabajo que el fotógrafo creó por encargo de Gerard Mortier para ilustrar la programación de ópera de la temporada 2012-2013 del Real
Doce interpretaciones en forma de fotografías en blanco y negro dotadas de extraordinaria fuerza visual
La exposición forma parte de la programación del Festival Off de PHotoEspaña 2014
La inauguración de la muestra tendrá lugar el próximo jueves 5 de junio a las 20.00h en La Fábrica (C/ Alameda 9) y contará con la presencia del artista
Más información: www.lafabrica.com
Entre 2012 y 2013, Ricky Dávila aceptó el encargo de Gerard Mortier, entonces director del Teatro Real de Madrid de crear doce piezas para ilustrar la programación de la nueva temporada de ópera. La Fábrica expone por primera vez esta serie, El cuento de un idiota, nunca antes reproducida ni exhibida, y que toma su nombre de los monólogos del clásico de Shakespeare, Macbeth, ópera sobre la que trabajaron conjuntamente Mortier y Dávila. La muestra es una de las propuestas expositivas de PHotoEspaña 2014 dentro de Festival Off, el programa que ofrecen las galerías de arte de Madrid.
«El gran reto fue que un creador como Mortier se pusiera en contacto conmigo, y juntos diseñar un territorio que afortunadamente para mí podía representarse desde el recurso alegórico. Mortier es una persona con un sentido ético muy aguzado sobre todo lo que acompaña al proceso creativo. Fue un largo proceso de meses que supuso para mí una introducción a un mundo que no conocía. La vanguardia hace ya mucho tiempo que lleva instalada en la ópera. La novedad es que Mortier intuyó que el registro fotográfico es el que mejor puede aludir a un público más contemporáneo», explica Dávila en declaraciones a Harper’s Bazaar España.
Un trabajo conceptual y contundente en blanco y negro con el que Dávila reinventa en clave fotográfica el imaginario de las grandes óperas que pasaron por El Real en aquella temporada 2012-2013, como The Perfect American, de Philip Glass; Don Giovanni, de Mozart; Il Postino, de Daniel Catán; Boris Godunov, de Musorgski; La flauta mágica, de Mozart; Macbeth de Verdi; Lo real, de Israel Galván; Parsifal, Richard Wagner, Moses Und Aron, de Arnold Schönberg; Danzas, de Mozart ; Il prigionero/Suor Angelica, de Dallapiccola-Puccini o Cosí fan tutte, de Wolfgang Amadeus Mozart.
Sobre el artista
Ricky Dávila (Bilbao, 1964). Estudia Biología en la UPV y se gradúa en el ICP de Nueva York en 1990. A lo largo de los noventa desarrolla su trabajo en el terreno del reportaje. Miembro de la agencia Cover y colaborador de El País y otros medios, publica su trabajo dentro y fuera de España, y recibe galardones como el Fotopres, World Press Photo y Ortega y Gasset. En la última década su trabajo se reorienta al ámbito del fotolibro y las exposiciones. Es autor de cinco libros de autor y una veintena de exposiciones individuales. Actualmente dirige el Centro de Fotografía Contemporánea de Bilbao.