BRAVO BOSCH PRESENTA A NOVA CONVOCATORIA DO ‘XUVENTUDE CREA’, QUE O ANO PASADO CONTOU CON 9 PREMIADOS DE VIGO E A SÚA ÁREA

_MG_9329 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca este programa para 11 especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.
 A delegada territorial da Xunta en Vigo animou a todos os xóvenes vigueses e da área a participar neste certame que fomenta a creatividade xuvenil.
 O prazo de participación está aberto ata o 30 de xuño e cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Vigo, 26 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá en rolda de prensa a nova convocatoria do certame ´Xuventude Crea 2014´, iniciativa que ten como obxectivo fundamental que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade xuvenil. A orde –que xa saíu publicada no DOG- está dotada cun orzamento de preto de 100.000 euros.

Nesta iniciativa poden participar todos os mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2014. O prazo de participación está aberto ata o 30 de xuño e cada unha das especialidades ás que se poden presentar contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Coma explicou Bravo Bosch, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, convoca 11 especialidades creativas, concretamente, de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias. Salvo no caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Todas as obras terán que ser en galego, orixinais e inéditas.

Neste senso, a delegada fixo especial fincapé á especialidade de moda –anteriormente coñecido coma certame Tesoira- e que sempre contou con premiados de Vigo e área. É máis, na última edición do ano 2013, neste apartado todos os gañadores eran orixinarios da provincia de Pontevedra sendo o segundo premio para o vigués Alberto Neves Gómez, coa colección “Un pensamiento, una pasión y un ideal”. Así, nesta categoría os participantes deberán presentar unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas. Así mesmo, haberá que engadir unha ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Con todo, a representante da Administración autonómica na cidade convidou a todos os xóvenes vigueses a participar neste certame co obxectivo de incrementar os datos acadados na edición anterior, onde 9 xóvenes de Vigo e a súa área foron distinguidos nalgunha das 11 especialidades resultando gañadores ou premiados con mencións de honra.

Máis especialidades
No eido musical poderán participar solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos, o mesmo que ocorre para teatro, e poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.

Na especialidade de relato breve, as obras deberán estar feitas a ordenador, cunha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.

No que se refire á categoría de poesía, o tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.

No apartado de videocreación, os participantes só poderán presentar obras que non teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes. O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

En canto á banda deseñada, de temática libre, a técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor. O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais. Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

Pola súa banda, as obras de graffiti o tema e a técnica serán libres e os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Na categoría de cartel, a participación será a título individual. O tema do cartel será: ‘Conmemoración dos 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela’. A técnica será libre dentro dos límites usuais, para permitir unha normal reprodución fotomecánica.

As obras deberán presentarse sobre cartón, cartón pluma ou similar, en formato vertical, cunhas medidas máximas de 47 × 64 cm e presentaranse suficientemente protexidas e montadas sobre un soporte ríxido e desmontable que permita a súa perfecta exposición.

Para participar na categoría de deseño de xoias a colección estará composta por tres pezas. Xunto coa documentación o participantes presentarán unha fotografía de cada unha das tres xoias, que poderán ser tanto para home como para muller.

Seguindo a liña da edición anterior, co obxectivo de axudar á mocidade na súa inserción laboral, o xurado estará composto por profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no concurso, o que permitirá aos participantes poñer as súas creacións en contacto co mundo empresarial dun xeito directo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: