CONCERTO DE PABLO DÍAZ O MARTES NA SEMANA DA MÚSICA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

editorialgalxiaPablo Díaz

 

en Vigo

dentro dos actos da Semana da Música Infantil

na Feira do Libro

O martes 27 de maio, na Alameda de Vigo, ás 19.00 h.

 

Toda a semana, dende o luns ata o domingo, ás sete da tarde, os autores de música infantil máis sobranceiros do noso país actúan na Alameda viguesa dentro da Semana da Música Infantil que produce a Editorial Galaxia.
Este martes visitará a carpa da Alameda de Vigo, o cantante Pablo Díaz para encher o escenario coas músicas festeiras e pegadizas do seu TOC TOC que a Editorial Galaxia publicou na súa colección Sonárbore, un libro-disco de grande éxito que tivo que reeditarse en pouco menos de seis meses.

Os que se acheguen a escoitar este concerto, baseado no mesmo título do libro-disco, ilustrado por Nuria Díaz, gozarán dun feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ambiente ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Pablo Díaz conta cunha espectacular banda de apoio que tocarán para todas as nenas e os nenos que ás sete da tarde do martes queiran achegarse pola Feira do Libro, instrumentos como a gaita, guitarras, acordeón e percusións.

O acto é de balde.

Unha produción da Editorial Galaxia

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: