O Russian Classical Ballet na Fundación Novacaixagalicia en Vigo e Pontevedra
A Fundación Novacaixagalicia acollerá esta semana nos seus centros cultural e social de Vigo e Pontevedra, respectivamente, a representación do Russian Classical Ballet da peza clásica A bela durminte de Tchaikovski. O mércores 28 e o xoves 29 de maio terán lugar as funcións protagonizadas por unha das compañías máis emblemáticas do ballet clásico ruso. As entradas para estes espectáculos, non recomendados para menores de sete anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade en www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, nos despachos de billetes da Central de Espectáculos, dos centros da Fundación Novacaixagalicia de Ourense, Santiago e A Coruña, e na billeteira do recinto o mesmo día do espectáculo.