TAMBO dentro da Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo

Mércores 28 de xuño, ás 19.00 horas

Vïctor Castro e Laura García porán sobre o escenario da carpa da Alameda TAMBO

A Semana da Música Infantil chega á súa terceira xornada, este mércores ás 19 horas cun concerto de música infantil que gravitará arredor do libro-disco de Vïctor Castro e Laura García, TAMBO, publicado por Edicións do Cumio.
Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Os que se acheguen pola Alameda viguesa gozarán con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida un espectáculo para pequechos pero tamén para maiores que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.
A Semana da Música Infantil é unha produción da Editorial Galaxia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: