Archive | mayo 29, 2014

O EDIFICIO DA XUNTA EN VIGO CONVÉRTESE POR UN DÍA EN PLATÓ DE RODAXE COA GRAVACIÓN DA PELÍCULA “EL CLUB DE LOS INCOMPRENDIDOS”

27052014_RodajeClubIncomprendidos3   Bambú Producciones S.L. solicitou autorización para gravar no exterior e na planta baixa do edificio administrativo.
 A gravación dunha secuencia da longametraxe usando os espazos da Delegación da Xunta para simular unha Comisaría de Policía tivo lugar onte pola noite e ata ben entrada a madrugada.
 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic, colabora coa produtora concedéndolle unha subvención a esta produción audiovisual en lingua galega que chega aos 253.000 euros.

Vigo, 28 de maio de 2013.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo converteuse onte pola noite en plató de rodaxe coa gravación dunha secuencia da longametraxe cinematográfica “El Club de los Incomprendidos”, producida por Bambú Producciones S.L. e que estes días está a rodar en diversas localizacións de Vigo e área.

Por un día, a sede da Xunta na cidade deixou de lado a súa función administrativa para dedicar algúns dos seus espazos ao rodaxe da película. Concretamente, a produtora solicitou autorización para gravar no exterior e na planta baixa do edificio co fin de simular unha Comisaría de Policía. Así, a rodaxe desta secuencia tivo lugar onte pola noite e ata ben entrada a madrugada.

Deste xeito, a Xunta de Galicia continúa a súa liña de abrir o edificio administrativo de Vigo á
participación cultural e social coa cesión dos seus espazos á diversos artistas, asociacións e colectivos culturais que nos últimos anos organizaron múltiples exposicións, mesas solidarias, xornadas ou congresos, entre outros. Neste caso, a colaboración chega tamén ao audiovisual galego con Bambú Producciones S.L.

Ademais, o apoio da Administración galega ao audiovisual galego tamén ven da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, a través da Agadic, colabora coa produtora concedéndolle unha subvención para esta produción audiovisual en lingua galega que chega case aos 253.000 euros.

A praia dos afogados
Outra das producións cinematográficas galegas que tamén conta co apoio da Agadic e que estes días tamén están a rodar en diversas localizacións de Vigo e a súa área é “A praia dos afogados”. Neste caso, a subvención concedida pola Xunta de Galicia á produtora Foresta Films S.L. é superior aos 208.000 euros.

 

O Pazo do Faramello acolle unha innovadora proposta cultural o vindeiro mes de xuño

Un ciclo de concertos no mes de xuño encherá de música o Pazo do Faramello

Faramello musica cartelTeo, 28 de maio de 2014.- O próximo día 7 de xuño comezará a primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello. Concertos, exposicións, obradoiros, visitas guiadas e tamén unha oferta gastronómica completan a novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades. As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. Tamén se poden mercar xa para asisitir aos obradoiros con TRIM.
Os catro Encontros previstos inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural).
Canto á parte musical, haberá concertos comentados e obradoiros de diferentes instrumentos, polo que poderán acudir desde simples ouvintes ata alumnos ou aprendices. Prevese, deste xeito, conformar un ambiente de proximidade cos músicos e fomentar a interactuación co público.
A proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela.
Neste sentido, a iniciativa -posta en marcha totalmente de xeito privado- non podería terse levado a cabo sen a produción propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións, conta co patrocinio das adegas Don Olegario e coa colaboración de Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta.
Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores
O primeiro dos Encontros será o sábado 7 de xuño, ás 18 horas. Comezará unha visita guiada ao Pazo. Seguidamente, ás 19:30 inaugurarase a exposición pictórica de Ángela Merayo. Xa ás 20:30 horas terá lugar o primeiro dos concertos destes Encontros, o de Xabier Díaz.
O seguinte Encontro será o sábado 14 de xuño. A programación comezará ás 18:30 cunha visita ao Pazo e ás 20h despois será a actuación de Sumrrá, cuxo concerto comentado estará enfocado no jazz.
A terceira sesión será de novo un sábado, o 21 de xuño. Novamente, visita ao pazo ás 18:30 e concerto ás 20 h, desta volta con Miguel Flores, que centrará o seu comentario no flamenco. Nestes tres primeiros concertos, o aforo será limitado e o prezo da entrada, con copa de viño D.O. máis petiscos será de 12 euros.
A programación rematará o 27 de xuño cunha intensa actividade. Ás 16h comezan tres horas de obradoiros de bouzouqui e guitarra, gaita, mandolina e cavaquinho impartidos por Trim, o trío formado por Fernando Barroso e Pedro Fariñas xunto co portugués Luís Peixoto.
Ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.
As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos de Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse en ‘La Tita’, sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón.
Os pazos, construcións únicas
Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas «queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo». Destacan que os pazos son «construcións propias, únicas de Galicia», nalgúns casos «auténticas xoias» como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros.
Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.
«Nace para quedar»
Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. «É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión», explican as responsables desta entidade cultural.
Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística «nace para quedar».

‘Manolo Valdés. Jardín Botánico de Nueva York’ y ‘Kinderwunsch’ obtienen los Premios a los Libros Mejor Editados de 2013 del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en la categoría de Arte

image004 Manolo Valdés. Jardín Botánico de Nueva York y Kinderwunsch obtienen los Premios a los Libros Mejor Editados de 2013 del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en la categoría de Arte

El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte ha otorgado el Primer premio en la categoría de arte a Manolo Valdés. Jardín Botánico de Nueva York, de Andrea Santolaya, y el Segundo premio a Kinderwunsch, de Ana Casas Broda

El jurado ha valorado 172 obras en las categorías de Arte, Bibliofilia, Facsímiles, Infantiles y Juveniles, y Obras Generales y de Divulgación

Los libros premiados serán expuestos en las ferias internacionales del libro LIBER, Francfort y Leipzig, y posteriormente donados al German Book and Type Museum de Leipzig

La Fábrica estará presente en la 73 Feria del Libro de Madrid en las casetas 337 y 338 que se celebrará del 30 de mayo al 15 de junio

Más información: www.lafabrica.com

MIÉRCOLES, 28 DE MAYO DE 2014

Manolo Valdés. Jardín Botánico de Nueva York
, de Andrea Santolaya, y Kinderwunsch, de Ana Casas Broda, editados por La Fábrica, han recibido el primer y el segundo premio a los Libros Mejor Editados durante el año 2013 del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, en la categoría de Arte. El Jurado de los Premios ha estado presidido por Mónica Fernández Muñoz, subdirectora general de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas; y han actuado como vocales Eladio Muñoz Ramírez, a propuesta de la Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España; Emma Cahia Fernández, a propuesta de la Biblioteca Nacional de España; Augusto Jurado Muñoz de Cuerva, a propuesta del Club de Gráficos Eméritos; Verónica Cantó Doménech, a propuesta de la Federación de Gremios de Editores de España; Josefina Delgado Abad, a propuesta de la directora general de Política e Industrias Culturales y del Libro; María Manso Fernández, a propuesta de la Directora General de Política e Industrias Culturales y del Libro; e Isabel Ruiz de Elvira Serra, funcionaria experta del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Todos ellos han valorado 172 obras en las categorías de Arte, Bibliofilia, Facsímiles, Infantiles y Juveniles, y Obras Generales y de Divulgación.

Los libros premiados serán expuestos en las ferias internacionales del libro LIBER (Barcelona, del 1 al 3 de octubre de 2014), Francfort (del 8 al 12 de octubre de 2014) y Leipzig (marzo de 2015). En estas dos últimas ferias se exhibirá la exposición Best Book Design from all over the World, concurso internacional al que cada país envía los libros que ganan cada año su concurso nacional. Tras la exposición de los libros en ambas ferias alemanas, las obras serán donadas al German Book and Type Museum de Leipzig.

Manolo Valdés. Jardín Botánico de Nueva York
Uno de nuestros grandes artistas internacionales, Manolo Valdés, expuso sus esculturas en el espectacular marco del Jardín Botánico de Nueva York entre septiembre de 2012 y mayo de 2013. Este libro refleja la exposición a través de espléndidas imágenes en blanco y negro de Andrea Santolaya y relatan el proceso de su creación desde la fundición de las piezas hasta su integración en el entorno. Incluye además un texto de Javier Rioyo. Más información.

Kinderwunsch. Ana Casas Broda 
La memoria, el recuerdo, el presente, el pasado y el futuro son hechos análogos a la fotografía y juegan un papel vital en el trabajo de Ana Casas. Kinderwunsch (que toma su nombre del término alemán que hace referencia a la unión de las palabras “niños” y “deseo”, al deseo de tener hijos, de lograr un embarazo o de la infertilidad) es un trabajo personal en el que la fotógrafa explora la maternidad desde la fecundación al nacimiento y desarrollo de los lazos con sus dos hijos. Un proyecto de 112 fotografías tomadas entre 2006 y 2011 acompañadas de textos en los que Casas narra en primera persona episodios personales y familiares. Más información.

Encontro financeiro con Jenaro García na Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia presentará mañá, xoves 29 de maio, ás 19.00 h, no pazo de San Roque, en Vigo, o encontro financeiro con Jenaro García, ceo da empresa Gowex, que, tras quince anos de experiencia, está considerada como unha das mellores na creación de cidades wifi intelixentes (Wireless Smart Cities). A súa saída a bolsa no ano 2010 supuxo un dobre reto, xa que a situación financeira e económica a nivel internacional atravesaba un dos seus momentos máis incertos e complicados. De feito, neste encontro García tratará a complexa experiencia de saír a bolsa nun período de crise.

Aquelas persoas interesadas en inscribirse neste encontro, pódeno facer de xeito gratuíto na ligazón web da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia www.escueladenegociosncg.edu.

Ilustres ignorantes visita os centros de Vigo e Pontevedra da Fundación Novacaixagalicia

Esta semana, a Fundación Novacaixagalicia recibirá no seu centro cultural de Vigo e social de Pontevedra, mañá, xoves 29, e ao día seguinte, venres 30 de maio, respectivamente, ás 21.00 h en ambos os dous casos, a divertida proposta escénica de Ilustres ignorantes. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade galega: en www.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, e nas billeteiras da Central de Espectáculos, os centros da Fundación Novacaixagalicia en Santiago, Ourense e A Coruña e a do recinto o mesmo día da función.

Esta semana en La Fábrica: Escuchando Elefantes y Jing Hanh Man

 

ESCUCHANDO ELEFANTES

Anticipada: 10 € en Elepé y Ticketea

Taquilla: 12€

Viernes 30 de mayo, 22:00 h.

 

 

Después de su última gira por Irlanda y un extenso proceso de grabación por diferentes países Escuchando Elefantes estrena, como adelanto de su segundo álbum de estudio, el primer single “Garden’s Road”. Su nuevo tour de presentación los llevará por las principales ciudades de España.

El videoclip se acaba de estrenar y ha sido dirigido por el reciente ganador de un Mestre Mateo, Juan Galiñanes y Olga Osorio.

Escuchando Elefantes son dos voces que han llegado a sonar como una. La dinámica y fuerza que transmiten al público con sus canciones se debe a su pasión por tocar en la calle, en la que se han formado como músicos. Han recorrido Europa compartiendo experiencias con músicos como los oscarizados Glen Hansard y Markéta Irglová, Paddy Casey, Bono (U2), Lisa Hannigan y Sinead O’Connor, entre otros. En 2012 publican su primer álbum de estudio editado de forma totalmente independiente y recibiendo una generosa acogida por parte del público, así como una gran repercusión mediática. Durante este primer año, Show & Tell ha sonado en un gran número de ciudades de Europa, así como en festivales como el BBK Live y el Noroeste Pop-Rock.

 

 

JING HANG MAN

Taquilla: 3 € o 5 € con cd

 

Sábado 31 de mayo, 22.00 h.

 

 

Música con melodías pegadizas y letras golfas a ritmo de funk, R&B, swing y country.. Ésta es la oferta del quinteto vigués Jing Hang Man, que forman Antonio Bardelás, Gerardo Pérez, Juanjo Figueroa, Andrés Cunha y Luis Alonso.

 

Venres 30/05 – Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos un ACTO de RÚA diante de FACENDA (r/Lalín 2-  VIgo) o VENRES 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica.

 

Montaremos unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo e ás 11h30 daremos lectura dun manifesto. Na mesa haberá información sobre a Renda Básica e no acto aproveitaremos para denunciar que mentres medra a pobreza, tamén o fai o número de ricos no Estado Español. 1625 persoas teñen un patrimonio superior aos 23 millóns de euros no estado, o que supón un 7% máis que no ano 2012.

Contra a exclusión, redistribución!

Renda Básica das Iguais, XA!

+info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/3005-acto-de-r%C3%BAa-en-facenda-para-comezar-coa-recollida-de-sinaturas-da-ilp-pola-renda-b%C3%A1sica

Noticias Traballo Benestar da Xunta de Galicia

OS AUTÓNOMOS MENORES DE 30 ANOS PODERÁN RECIBIR AXUDAS DE ATA 2.600 EUROS MÁIS QUE EN 2013 GRAZAS AO PLAN DE EMPREGO XUVENIL

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada a incentivar o emprego autónomo dos menores de 30 anos, que inclúe contías maiores que o programa de subvencións para autónomos maiores de 30 anos, que tamén sae hoxe no DOG
 As axudas para os menores de 30 anos oscilan entre os 1.200 e 12.600 euros por mozo ou moza desempregado e as destinadas aos autónomos maiores de 30 anos de entre 5.000 e 10.000 euros
 Con esta medida, en combinación coa estatal, garántese a gratuidade das cotas á Seguridade Social durante todo un ano aos mozos e mozas
 Ás subvencións para os menores de 30 anos destínanse 4,5 millóns de euros, unha contía coa que se prevé beneficiar a 1.500 traballadores e traballadoras
 A orde de subvencións enmárcase dentro do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta 2014/2015, un programa con 19 medidas das que 18 xa están en execución
 O orzamento para a orde de autónomos maiores de 30 anos é de preto de 10,8 millóns co que se prevé beneficiar a máis de 3.300 traballadores e traballadoras     .

beatriz mato reunese co presidente da fegamp foto: ana varela  MATO E O PRESIDENTE DA FEGAMP AVALIAN OS AVANCES NA TRAMITACIÓN DA CREACIÓN DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey
 Abordaron tamén outras liñas de colaboración existentes entre o departamento autonómico e as entidades locais

Santiago, 27 de maio de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, analizaron hoxe a tramitación da posta en funcionamento da Axencia Galego de Servizos Sociais, no transcurso dunha xuntanza que mantiveron en Santiago de Compostela.

Durante o encontro, abordaron os pasos a dar na tramitación deste ente, así como outros aspectos relacionados co futuro marco de colaboración entre os concellos e este organismo.

Ademais deste punto, na reunión tratáronse tamén outras liñas de colaboración abertas entre o departamento autonómico e as entidades locais. Entre outras, o programa existente para que os concellos poidan contratar persoal socorristas e persoal de salvamento, dado que a convocatoria sairá publicada nos próximas datos.

Tamén en materia laboral, e cunha clara vertente social, Mato e Rey Varela estudaron a futura orde de axudas que permitirá a contratación de perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), que está xa na súa última fase de tramitación.

En todo caso, para poder concretar máis todos estes asuntos, fixouse unha próxima xuntanza para a segunda quincena do mes de xuño, na que tamén participará a xunta de portavoces da Fegamp.

UNS 280 MOZOS E MOZAS PODERÁN REALIZAR PRÁCTICAS NUN TOTAL DE 36 PAÍSES NO MARCO DO PROGRAMA GALEUROPA DE XUVENTUDE

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe unha xornada cos participantes preseleccionados
 Este programa permite realizar prácticas formativas de 8 semanas en calquera país do mundo, agás España, a mozos e mozas menores de 30 anos
 Entre os países solicitados polo participantes, inclúense Brasil, Estados Unidos, China, Namibia, India ou Honduras

Santiago, 28 de maio de 2014.- Uns 280 mozos e mozas poderán realizar prácticas nun total de 36 países no marco do programa ‘Galeuropa’, posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar. O número e listaxe definitiva de beneficiarios –e, en consecuencia, de países- estará definida na primeira quincena de xuño.

Así o destacou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na inauguración dunha xornada cos participantes preseleccionados. O programa ‘Galeuropa’, cun orzamento de 600.000 euros, permite realizar prácticas formativas de 8 semanas de duración en calquera país do mundo, agás España, a mozos e mozas menores de entre 18 e 30 anos.

Os preseleccionados posúen coñecemento da lingua do país de destino elixido para a realización da práctica formativa e están en posesión do título universitario de grao ou equivalente, título de grao medio ou superior de técnico ou técnico superior de Formación Profesional, de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño ou de ensinanzas deportivas.

Os mozos e mozas preseleccionados nesta iniciativa solicitaron desenvolver as súas prácticas formativas en 36 países: Reino Unido, Portugal, Irlanda, Países Baixos, Brasil, Italia, Francia, Dinamarca, Malta, Alemaña, República Checa, Finlandia, Chile, Suecia, Estados Unidos, México, Cabo Verde, Grecia, Bélxica, Austria, Suíza, Romanía, Turquía, China, Bolivia, Albania, Eslovaquia, Letonia, Noruega, Ecuador, Croacia, Namibia, Australia, Polonia, India e Honduras.

A contía da axuda establécese en función do país de destino,e varía entre os 1.465 euros e os 2.400 euros. A orde prevé un anticipo do 80 por cento da axuda.

Rodeiro destacou que a mobilidade permite mellorar as competencias sociais dos mozos e mozas, e dotar á comunidade de profesionais con novos coñecementos, tanto da súa especialidade como do mundo empresarial internacional.

Neste sentido, lembrou que en xuño abrirase o prazo de inscrición para outro programa de mobilidade, o ‘Eurogal’, bolsas Leonardo da Vinci para estadías de 12 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en cinco países europeos: Francia, Italia, Irlanda, Polonia, Hungría e República Checa. En total, son 45 prazas de mobilidade para os sectores de hostalería, turismo, administrativo, electricidade e enerxía, marketing e comercio, informática e agroalimentario.

Xornada
O programa da xornada de hoxe, na que están a participar os preseleccionados, inclúe dous relatorios. O primeiro deles será “Novos horizontes laborais. Creación de spin-offs”, a cargo do director da área de valorización, transferencia e emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xosé Luis Villaverde Acuña. O segundo relatorio leva por nome “Internacionalización do mercado. Modelo de integración das experiencias laborais no mercado local”, impartido por Juan Feijoo Casanova, responsable de programas de internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia.

Ademais, durante a xornada desenvolverase a mesa redonda “Compartindo experiencias”, nas que os preseleccionados coñecerán de primeira man as experiencias doutros participantes en distintos programas de mobilidade.

A CONSELLERÍA DE BENESTAR CONCEDEU NO 2013 UN 38% MÁIS DE AXUDAS DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL QUE O ANO ANTERIOR

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe no Parlamento que as solicitudes da Renda de Inclusión Social (RISGA) se incrementaron un 117% desde o inicio da crise e asegura que está a “axilizar a tramitación” dos expedientes
 Case o 10% dos perceptores de axudas sociais en 2013 abandonaron o sistema tras mellorar a súa situación económica e atopar un traballo
 Mato lembrou que o Consello da Xunta aprobou hoxe a convocatoria dun novidoso programa de axudas dirixido a concellos e agrupacións locais que permitirá, por primeira vez, a contratación duns 600 perceptores da RISGA.

MATO INCIDE NA IMPORTANCIA DE QUE A DEMOGRAFÍA SE CONVERTA “NUN PARÁMETRO ESENCIAL” NA POLÍTICA EUROPEA

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, explicou hoxe no Parlamento de Galicia as actuacións que a Xunta está a levar a cabo no eido da demografía e as súas demandas ante a Unión Europea
 A titular de Benestar destacou que grazas a Galicia, o Estado solicitará na UE que o concepto de demografía se pondere na execución dos fondos europeos nos próximos 7 anos
 Mato sinalou que a Comunidade autónoma xa participa na Rede de Rexións afectadas polo cambio demográfico composta por 42 cidades europeas
 O departamento autonómico puxo en marcha un lobby de rexións españolas no que, ademais de Galicia, participan Asturias, Aragón, Castela A Mancha, Castela León e Estremadura
 O Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que contén 69 medidas, xa está en execución coa posta en marcha de medidas como o aumento nun 20 por cento das deducións fiscais por nacemento ou adopción

 

 

CIG noticias

DSC00339  A CIG-Industria de Vigo elixe a Xulio Fernández como secretario comarcal

A I Asemblea da federación resultante da fusión do Metal e Químicas, escolleu tamén a Executiva

A CIG-Industria, resultado da recente fusión das federación do Metal e de Qímicas, celebrou este xoves a súa I Asemblea Comarcal de Vigo, elixindo a Xulio Fernández como secretario comarcal por 128 votos a favor, ningún en contra e dúas abstencións. Tamén se escolleu nova Executiva Comarcal con 124 votos a favor, ningún en contra e 6 abstencións. Dende a nova federación amosaron o seu convencemento de que o proceso de unificación deu como resultado unha ferramenta moita máis útil e eficaz na defensa dos intereses dos traballadores/as do sector industrial, un dos máis castigados pola crise económica, e na defensa dos principais sectores productivos da comarca.

A Executiva Comarcal da CIG-Industria de Vigo está formada polas seguintes persoas:

-Xulio Fernández Alonso

-Manolo Simón Graña

-Henrique Fenrández Oliveira

-Roxelio Veiga Lago

-Raquel Pérez Fernández

-X. A. Outeiro González

-César Rodríguez Martínez

-Pedro Velasco Martínez

-María Xosé García Gómez

-Jose Manuel Barbosa Pirame

-Sixto Rodríguez Coello

concentracion Nicolas Peña 28-05-2014IMG_20140528_112042

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo incorpora propuestas del sector de videojuegos a la convocatoria de ayudas‏

 El Ministerio de Industria, Energía y Turismo publica en su web el informe de respuesta a la consulta pública del diseño de las ayudas al sector del videojuego, donde se recogen los comentarios emitidos por el sector, así como la valoración de los mismos.

 En los próximos días se publicará la convocatoria de ayudas una vez incorporadas las principales inquietudes y necesidades del sector.

 La Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información celebra el éxito de esta iniciativa de colaboración público-privada en la implementación de las políticas públicas, puesto que ha participado más del 20% del sector, tanto de forma individual como a través de asociaciones.
28.05.14. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, ha elaborado el informe de respuesta a la consulta pública abierta del 7 al 16 de abril de 2014 en la web del Ministerio (www.minetur.gob.es) y en la de la Agenda Digital para España (www.agendadigital.gob.es).

Todos los agentes interesados han remitido sus opiniones motivadas hasta alcanzar la cifra de 68 respuestas. Una vez recopiladas y analizadas todas las aportaciones, en el informe se recogen las principales respuestas y se motiva seguidamente la contestación del Ministerio de Industria, Energía y Turismo a las mismas.

Como resultado del análisis se procederá a modificar la convocatoria a fin de satisfacer las necesidades del sector y conseguir el mayor impacto de las ayudas. En particular, se identifican seis medidas orientadas a ampliar el número de empresas aspirantes a las ayudas. Entre ellas se encuentran la bajada del presupuesto mínimo de los proyectos candidatos, la menor exigencia de garantías, el cambio en la definición del tipo de proyecto o las cuotas de amortización más bajas.

Una vez incluidos estos cambios derivados de la consulta pública, se convocarán las ayudas al sector del videojuego por parte del Ministerio de Industria, Energía y Turismo. De esta forma se cumple con uno de los compromisos recogidos en el Plan de Impulso de la Economía Digital y los Contenidos Digitales integrado dentro de la Agenda Digital para España aprobada por el Consejo de Ministros en febrero de 2013.

El informe sobre la consulta pública puede consultarse en la página web del Ministerio de Industria, Energía y Turismo, en el siguiente enlace:

Haz clic para acceder a 140527-Informe-Respuesta-Definitivo-2.pdf