Noticias Traballo Benestar da Xunta de Galicia

OS AUTÓNOMOS MENORES DE 30 ANOS PODERÁN RECIBIR AXUDAS DE ATA 2.600 EUROS MÁIS QUE EN 2013 GRAZAS AO PLAN DE EMPREGO XUVENIL

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada a incentivar o emprego autónomo dos menores de 30 anos, que inclúe contías maiores que o programa de subvencións para autónomos maiores de 30 anos, que tamén sae hoxe no DOG
 As axudas para os menores de 30 anos oscilan entre os 1.200 e 12.600 euros por mozo ou moza desempregado e as destinadas aos autónomos maiores de 30 anos de entre 5.000 e 10.000 euros
 Con esta medida, en combinación coa estatal, garántese a gratuidade das cotas á Seguridade Social durante todo un ano aos mozos e mozas
 Ás subvencións para os menores de 30 anos destínanse 4,5 millóns de euros, unha contía coa que se prevé beneficiar a 1.500 traballadores e traballadoras
 A orde de subvencións enmárcase dentro do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta 2014/2015, un programa con 19 medidas das que 18 xa están en execución
 O orzamento para a orde de autónomos maiores de 30 anos é de preto de 10,8 millóns co que se prevé beneficiar a máis de 3.300 traballadores e traballadoras     .

beatriz mato reunese co presidente da fegamp foto: ana varela  MATO E O PRESIDENTE DA FEGAMP AVALIAN OS AVANCES NA TRAMITACIÓN DA CREACIÓN DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey
 Abordaron tamén outras liñas de colaboración existentes entre o departamento autonómico e as entidades locais

Santiago, 27 de maio de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, analizaron hoxe a tramitación da posta en funcionamento da Axencia Galego de Servizos Sociais, no transcurso dunha xuntanza que mantiveron en Santiago de Compostela.

Durante o encontro, abordaron os pasos a dar na tramitación deste ente, así como outros aspectos relacionados co futuro marco de colaboración entre os concellos e este organismo.

Ademais deste punto, na reunión tratáronse tamén outras liñas de colaboración abertas entre o departamento autonómico e as entidades locais. Entre outras, o programa existente para que os concellos poidan contratar persoal socorristas e persoal de salvamento, dado que a convocatoria sairá publicada nos próximas datos.

Tamén en materia laboral, e cunha clara vertente social, Mato e Rey Varela estudaron a futura orde de axudas que permitirá a contratación de perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), que está xa na súa última fase de tramitación.

En todo caso, para poder concretar máis todos estes asuntos, fixouse unha próxima xuntanza para a segunda quincena do mes de xuño, na que tamén participará a xunta de portavoces da Fegamp.

UNS 280 MOZOS E MOZAS PODERÁN REALIZAR PRÁCTICAS NUN TOTAL DE 36 PAÍSES NO MARCO DO PROGRAMA GALEUROPA DE XUVENTUDE

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe unha xornada cos participantes preseleccionados
 Este programa permite realizar prácticas formativas de 8 semanas en calquera país do mundo, agás España, a mozos e mozas menores de 30 anos
 Entre os países solicitados polo participantes, inclúense Brasil, Estados Unidos, China, Namibia, India ou Honduras

Santiago, 28 de maio de 2014.- Uns 280 mozos e mozas poderán realizar prácticas nun total de 36 países no marco do programa ‘Galeuropa’, posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar. O número e listaxe definitiva de beneficiarios –e, en consecuencia, de países- estará definida na primeira quincena de xuño.

Así o destacou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na inauguración dunha xornada cos participantes preseleccionados. O programa ‘Galeuropa’, cun orzamento de 600.000 euros, permite realizar prácticas formativas de 8 semanas de duración en calquera país do mundo, agás España, a mozos e mozas menores de entre 18 e 30 anos.

Os preseleccionados posúen coñecemento da lingua do país de destino elixido para a realización da práctica formativa e están en posesión do título universitario de grao ou equivalente, título de grao medio ou superior de técnico ou técnico superior de Formación Profesional, de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño ou de ensinanzas deportivas.

Os mozos e mozas preseleccionados nesta iniciativa solicitaron desenvolver as súas prácticas formativas en 36 países: Reino Unido, Portugal, Irlanda, Países Baixos, Brasil, Italia, Francia, Dinamarca, Malta, Alemaña, República Checa, Finlandia, Chile, Suecia, Estados Unidos, México, Cabo Verde, Grecia, Bélxica, Austria, Suíza, Romanía, Turquía, China, Bolivia, Albania, Eslovaquia, Letonia, Noruega, Ecuador, Croacia, Namibia, Australia, Polonia, India e Honduras.

A contía da axuda establécese en función do país de destino,e varía entre os 1.465 euros e os 2.400 euros. A orde prevé un anticipo do 80 por cento da axuda.

Rodeiro destacou que a mobilidade permite mellorar as competencias sociais dos mozos e mozas, e dotar á comunidade de profesionais con novos coñecementos, tanto da súa especialidade como do mundo empresarial internacional.

Neste sentido, lembrou que en xuño abrirase o prazo de inscrición para outro programa de mobilidade, o ‘Eurogal’, bolsas Leonardo da Vinci para estadías de 12 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en cinco países europeos: Francia, Italia, Irlanda, Polonia, Hungría e República Checa. En total, son 45 prazas de mobilidade para os sectores de hostalería, turismo, administrativo, electricidade e enerxía, marketing e comercio, informática e agroalimentario.

Xornada
O programa da xornada de hoxe, na que están a participar os preseleccionados, inclúe dous relatorios. O primeiro deles será “Novos horizontes laborais. Creación de spin-offs”, a cargo do director da área de valorización, transferencia e emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xosé Luis Villaverde Acuña. O segundo relatorio leva por nome “Internacionalización do mercado. Modelo de integración das experiencias laborais no mercado local”, impartido por Juan Feijoo Casanova, responsable de programas de internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia.

Ademais, durante a xornada desenvolverase a mesa redonda “Compartindo experiencias”, nas que os preseleccionados coñecerán de primeira man as experiencias doutros participantes en distintos programas de mobilidade.

A CONSELLERÍA DE BENESTAR CONCEDEU NO 2013 UN 38% MÁIS DE AXUDAS DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL QUE O ANO ANTERIOR

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe no Parlamento que as solicitudes da Renda de Inclusión Social (RISGA) se incrementaron un 117% desde o inicio da crise e asegura que está a “axilizar a tramitación” dos expedientes
 Case o 10% dos perceptores de axudas sociais en 2013 abandonaron o sistema tras mellorar a súa situación económica e atopar un traballo
 Mato lembrou que o Consello da Xunta aprobou hoxe a convocatoria dun novidoso programa de axudas dirixido a concellos e agrupacións locais que permitirá, por primeira vez, a contratación duns 600 perceptores da RISGA.

MATO INCIDE NA IMPORTANCIA DE QUE A DEMOGRAFÍA SE CONVERTA “NUN PARÁMETRO ESENCIAL” NA POLÍTICA EUROPEA

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, explicou hoxe no Parlamento de Galicia as actuacións que a Xunta está a levar a cabo no eido da demografía e as súas demandas ante a Unión Europea
 A titular de Benestar destacou que grazas a Galicia, o Estado solicitará na UE que o concepto de demografía se pondere na execución dos fondos europeos nos próximos 7 anos
 Mato sinalou que a Comunidade autónoma xa participa na Rede de Rexións afectadas polo cambio demográfico composta por 42 cidades europeas
 O departamento autonómico puxo en marcha un lobby de rexións españolas no que, ademais de Galicia, participan Asturias, Aragón, Castela A Mancha, Castela León e Estremadura
 O Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que contén 69 medidas, xa está en execución coa posta en marcha de medidas como o aumento nun 20 por cento das deducións fiscais por nacemento ou adopción

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: