A Fundación Novacaixagalicia presenta o espectáculo de danza da Fundación Igualarte
A Fundación Novacaixagalicia acollerá mañá, venres 30 de maio, en Vigo o espectáculo Nos meus zapatos, interpretado pola compañía de danza da Fundación Igualarte, unha entidade que traballa o desenvolvemento artístico en persoas con capacidades diferentes. A función será no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo ás 20.30 h. Aqueles que desexen adquirir as entradas poderán facelo, desde hoxe mesmo, a través das canles habituais: a web de Servinova, www.servinova.com, a billeteira telefónica no 902 504 500, os despachos de billetes da Central de Espectáculos, os centros da Fundación de Ourense, Santiago e A Coruña e no propio recinto o mesmo día do espectáculo.