A SEDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLERÁ A FINAIS DO MES DE XUÑO UNHA XORNADA SOBRE ´ARQUITECTURA VERDE´

20140529100329__MG_9895 Organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a xornada celebrarase do 24 ao 27 de xuño e consistirá en dar pautas e formación presencial co fin de crear empresas dirixidas por emprendedores da arquitectura verde.
 O proxecto ´Arquitectura Verde´ está financiado polo Fondo Social Europeo e busca impulsar o potencial de temas ambientais e de sustentabilidade co fin de xerar postos de traballo e crear e consolidar empresas verdes.
 Os destinatarios son os profesionais da arquitectura, integrando tanto a arquitectos superiores coma a aparelladores ou colectivos profesionais relacionados co sector da construción ou con novos sectores da arquitectura sostible.
 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na presentación da xornada xunto aos responsables da sede viguesa do COAG.

Vigo, 29 de maio de 2013.- A sede do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o edificio Cambón, acollerá a finais do mes de xuño, concretamente entre os días 24 e 27, a xornada ´Arquitectura Verde: construíndo con responsabilidade. Creación de empresas para emprendedores da arquitectura verde´.

Organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), trátase dunha acción formativa presencial de 20 horas de duración que pretende aportar as pautas, ferramentas e coñecementos necesarios co fin de crear empresas dirixidas por emprendedores da arquitectura verde. O prazo de inscrición xa está aberto para as 40 prazas para esta actividade que é gratuíta.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na presentación da xornada xunto ao presidente da sede viguesa do COAG, Antonio Davila, onde aplaudiu a iniciativa ao tempo que destacou a “importancia” que ten o programa, que busca impulsar o potencial de temas ambientais e de sustentabilidade co fin de xerar postos de traballo e crear e consolidar empresas verdes.

Deste xeito, Bravo Bosch animou aos profesionais do sector da arquitectura e da construción a participar nesta actividade xa que, segundo recalcou, o proxecto ´Arquitectura Verde´ “trata de ofrecer novos camiños” á construción e á edificación de novas vivendas que diminúan os impactos negativos desta actividade ademais de potenciar e promocionar novos sectores favorables ao medio ambiente.

Pola súa banda, o presidente da delegación viguesa do COAG cualificou a xornada de “moi interesante” ao considerar que se potencia a arquitectura verde e se ofrecen novos nichos de mercado. “Pretendemos dar novas oportunidades aos emprendedores”, dixo.

O proxecto ´Arquitectura Verde´ está financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) a través da Fundación Biodiversidade dentro do programa “Emprega verde”. O público ao que van dirixidas as diferentes accións do proxecto son os profesionais da arquitectura, integrando tanto a arquitectos superiores coma a aparelladores ou colectivos profesionais relacionados co sector da construción.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: