A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia estrea un programa de formación para estudantes chineses

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia e o centro de idiomas Sinergy Didactic deseñaron un programa de formación empresarial e cultural destinado a estudantes chineses que atraerá a Vigo alumnos procedentes deste país nos próximos cinco anos. O vindeiro domingo 1 de xuño visitará Vigo unha delegación académica da Universidade de Estudos Internacionais de Beijing (BISU) para coordinar a posta en marcha do convenio asinado no mes de marzo entre esta institución académica, a Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia e Sinergy Didactic. Este acordo, ratificado para un prazo de cinco anos, ofrece aos estudantes chineses a oportunidade de realizar formación de grao e posgrao na Escola de Negocios e afondar no coñecemento da cultura e a lingua españolas no centro de idiomas Sinergy Didactic, acreditado oficialmente como centro examinador do Instituto Cervantes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: