AXENDA SINSALAUDIO // O DÚO ITALIANO OVO EN CONCERTO EN VIGO ESTE DOMINGO

Sala Master de Vigo
Domingo, 1 de xuño
21.00 horas
5€ (venda na billeteira).

​​

 

OvO veñen dende Italia cunha proposta realmente personal e arriscada. Os seus compoñentes son Bruno e Steffan, unha parella que fixo deste proxecto un estilo de vida. Punknoisesludge, guitarras furiosas, percusións tribais, etc. son algúns dos elementos presentes no seu son chamanista que, en directo, vese aderezado polo carácter de performance usando disfraces e máscaras, bailes, spoken word, etc. Con máis de doce anos de traxectoria, e case 700 concertos por varios continentes, este dúo alcanzou un merecido recoñecemento coa súa fusión entre drone metal e avant-garde jazz.

Abisso, o seu álbume máis recente, contou coas colaboracións de Carla Bozulich e Aalan Dubin, e é unha demostración máis da enorme potencia dun dúo que non deixa de medrar abrindo novos camiños que os achegan a ser os donos dun son único alén das referencias. Brutais e extremos, o primitivismo sonoro de OvO chega na súa última etapa ao seu máis alto nivel, Abisso é un compendio de cancións que entran directas na corrente sanguínea do oínte derrubando a defensa contra o seu ruído glorioso.
 
Acudir a un concerto de OvO é unha experiencia única que deixa ferida. Este domingo por primeira vez en Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: