Archivo | junio 3, 2014

“Memoria de actividade” referente ao pasado ano 2013_Fundación Novacaixagalicia

Prezadas compañeiras e compañeiros, achegámosvos a Memoria de actividade referente ao pasado ano 2013. Nela figuran as diferentes liñas de acción que puxemos en marcha así como os proxectos que a entidade desenvolveu, tanto de xeito individual como en colaboración con outras institucións, en todas as súas áreas de actuación e que reflicten o seu traballo a prol da mellora e da cohesión social, da educación, da cultura e do tecido produtivo en Galicia

https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=750263fa11&view=att&th=14661066fe83f144&attid=0.0.1&disp=emb&realattid=80ada814f11c0336_0.1&zw&atsh=1

A Fundación Novacaixagalicia estrea en xullo o seu novo proxecto de Escola de Verán

A Fundación Novacaixagalicia desenvolverá no mes de xullo o seu novo proxecto de Escola de Verán, unha completa proposta didáctica e de ocio para os nenos e nenas de entre 8 e 13 anos. O programa articúlase en dúas quendas en función das dúas quincenas do mes e en cada unha delas haberá unha oferta de 20 prazas. Para solicitar información pormenorizada sobre os contidos, pódese contactar co persoal da área educativa da fundación nos teléfonos 986 129 032 ou 986 120 088 ou consultar na páxina web, www.obrasocialncg.comA matrícula pódese formalizar a través de www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

A Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá mañá, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Christoph König e con Alexander Melnikov ao piano como artista invitado, interpretará a Suite de Hercules e Omphale, de Fernando Soro Concerto para piano núm. 5 en mi bemol maior, op. 73 «O emperador», de Ludwing van Beethoven; e a Sinfonía núm. 2 en re, op. 35, de Louise Farrenc. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de sete anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce a entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

Noticias CIG

LIGAZÓN: Non máis monarquía! Por unha república galega plenamente soberana

LIGAZÓN: O persoal de Pórtico convoca varias xornadas de folga e concentracións na Xunta e no Fogasa

CIG-SAUDE DENUNCIA
PACIENTES EN TERRA DE NINGUÉN

Temos un problema no Hospital Meixoeiro, que responsables da Dirección
parece non saben ou non queren solucionar. Semella que pola súa parte si
tiveran un pouco de humanidade, vergoña ou sentido común podería
arranxarse, pero xestionar un centro sanitario precisa algo máis que isto.
Os usuarios que acoden a este centro facendo uso do transporte sanitario (ben
a unha consulta, rehabilitación, tratamentos en radioterapia, diálises,..),
carecen dun acceso axeitado, (non dispoñen dun espazo acondicionado para
agardar polo vehículo que lles recollerá. Falamos de pacientes que teñen que
desprazarse en cadeira de rodas, en padiolas ou que como mínimo teñen
dificultades á hora de desprazarse na maioría dos casos.
A Dirección do hospital considera que a entrada compartida pola Escola de
Enfermería e o servizo de Rehabilitación é o máis axeitado, aínda carecendo
de servizos básicos nun hospital como pode ser unha toma de osíxeno, baños
adaptados ou o que é máis importante, unha dotación de persoal que poida
satisfacer as súas atencións (tanto fisiolóxicas como sanitarias), semella
que se esquecen do motivo polo cal acoden a un centro sanitario, e lonxe de
procurar unha solución axeitada, o cal pensamos nós que debe ser a labor de
quen se dedica a xestionar, apelan desta vez sí a humanidade do persoal que
pase por alí.
Resulta indignante ver aos doentes en padiolas aparcados nun lugar sen a
mais mínima atención e intimidade, expostos nunha entrada por onde entran
alumnas/os da escola de enfermería, persoal e demais usuarios. Na maioría
dos casos quedan sos esperando a que o transporte sanitario os veña a
recoller, as veces teñen que esperar horas.
Esquécese ou descoñece esta dirección que é neste preciso momento, no que
o actual goberno pon tanto empeño en desmantelar o noso sistema sanitario,
onde as traballadoras e traballadores do SERGAS están a poñer máis desa
humanidade que a eles lles falta, xa que sen ela xa fai tempo que a sanidade
pública houbera naufragado.
De momento todo segue igual logo de que se instara á Dirección a que puxera
solución a esta indignante situación. Como sempre, boas palabras e ningunha
solución, esa e a forma de actuar desta dirección, moito recorte e pouca
prestación.
Vigo a 02 de xuño de 2014

 

A CONSELLEIRA DE FACENDA RESALTA A IMPORTANCIA DA EMPRESA FAMILIAR PARA XERAR RIQUEZA E EMPREGO E O PAPEL DE INCENTIVO DA XUNTA PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO

140602 facenda 03x

Elena Muñoz Fonteriz clausurou hoxe a XIV Asemblea Xeral da Asociación Gallega de la Empresa Familiar
 Lembrou que o xa está en vigor a norma autonómica que facilita a sucesión das empresas familiares
 Salientou que a Xunta concedeu nos últimos cinco anos aprazamentos por 115 millóns de euros para aliviar a carga fiscal de familias e empresas
 Apostou por que o cambio de tendencia producido se consolide para que empresas e familias “o noten o antes posible”

Santiago, 2 de xuño de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, destacou hoxe a importancia das empresas familiares na xeración de riqueza e emprego, ao tempo que resaltou o papel que ten que xogar o Goberno para pór as bases de incentivo e estímulo que permitan ese impulso e o seu traslado á economía real.

Muñoz Fonteriz, que clausurou hoxe en Santiago de Compostela a XIV Asemblea Xeral da Asociación Gallega de la Empresa Familiar, fixo un repaso da evolución da economía autonómica nos últimos anos, subliñou que Galicia foi a terceira comunidade que mellor resistiu a crise e apuntou que o cambio de tendencia económica xa en marcha “ten que ser consolidado para que empresas e familias o noten o antes posible”.

A titular de Facenda explico que, aínda que este ano haberá crecemento económico, cunhas fortalezas comparativas que no caso de Galicia axudaron a un mellor comportamento que no conxunto de España, Muñoz Fonteriz quixo mandar unha “mensaxe de prudencia” e animou a seguir traballando arreo para consolidar este crecemento.

Incentivos fiscais
Para facilitar a sucesión das empresas familiares, a conselleira recordou que xa está en vigor nos orzamentos deste ano o cambio introducido na normativa para acceder as bonificacións fiscais no caso de transmisión dunha empresa, de tal xeito que o donante e o donatario poidan compaxinar os dous a dirección da mesma durante o máximo dun ano.

Tamén no ámbito fiscal, Elena Muñoz Fonteriz dixo que nos seis últimos anos 2.400 transmisións de empresas puideron acollerse ás reducións previstas no imposto de Sucesións e Doazóns, o que lles permitiu diminuír a súa carga fiscal nuns 14 millóns de euros no último ano. Ademais, nos últimos cinco anos a Xunta concedeu aprazamentos de impostos por importe de case 115 millóns para aliviar o pago a familias e empresas.
En canto ao impulso á creación de empresas, recalcou tamén que Galicia “conta cun potente instrumento”, a Lei de Emprendemento e da Competividade de Galicia, coa que se aspira a dar resposta ás necesidades de empresarios e emprendedores, facilitando a posta en marcha de proxectos e combatendo a falla de crédito con novas liñas de financiamento.

Entre outras vantaxes, a norma suprime a necesidade de licenza para a apertura dun negocio e facilita a súa posta en marcha de maneira inmediata, grazas á actividade da Unidade de Galicia Emprende, con capacidade para emitir informes de viabilidade para proxectos maduros nun máximo de 30 días. Existen ademais Puntos de Atención ao Emprendedor para a constitución formal dunha nova empresa de “maneira automática”, referiu.

A conselleira falou igualmente de que se acaban de aprobar instrumentos para impulsar o investimento empresarial, promover a rexeneración das empresas e consolidar a recuperación económica, con medidas como o paquete integral de financiamento denominado ‘Galicia 1.000’ e obxectivos como, a partir dun orzamento de 50 millóns de euros, aspirar a mobilizar 200 millóns en 1.000 proxectos. Aludiu tamén á aplicación de fórmulas de capital de capital-risco, aos préstamos participativos, aos prestamos ‘Jeremy’ ou as bonificacións de tipos de xuro.

 

Concello do Porriño

LA POLICÍA LOCAL DE PORRIÑO INCREMENTA SU PLANTILLA EN ÉPOCA ESTIVAL

El alcalde Nelson Santos y el concejal de Tráfico y Seguridad Ciudadana José Manuel Jacobo dieron la bienvenida a los ocho agentes que se incorporan como auxiliares para reforzar el cuadro de personal durante los próximos cuatro meses .

UN CENTENAR DE ESTUDIANTES DE PORRIÑO CELEBRAN SU GRADUACIÓN

Graduación_IES_RibeiradoLouroEl alcalde Nelson Santos y la concejala de Educación Ana Martínez asistieron a los actos de los dos institutos, Ribeira do Louro y Pino Manso

“El positivismo debe ser vuestro libro de cabecera, el libro de los valores, el de la lucha, el esfuerzo, la constancia, la profesionalidad, la humanidad y el éxito”, les señaló Santos a la vez que les recomendaba seguir estudiando y formándose .

O DOG PUBLICARÁ MAÑÁ A ORDE QUE PERMITIRÁ AOS CONCELLOS CONTRATAR ENTRE 7 E 9 MESES A UNS 600 BENEFICIARIOS DA RISGA

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe esta convocatoria, que está dotada con 3 millóns de euros
 As contratacións serán a tempo parcial, pero terán que ter unha duración sempre por riba do 50 por cento da xornada laboral
 As condicións do posto de traballo seguirán o establecido nos convenios colectivos correspondentes, e o Goberno galego encargarase do 100 por cento dos custos salariais
 Esta iniciativa, pioneira en Galicia, ten como principal obxectivo que a situación destas persoas non se cronifique
 Preto do 10 por cento das persoas que estaban percibindo a RISGA en 2013 conseguiron atopar un posto de traballo

Santiago, 2 de xuño de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a orde que permitirá a concellos e agrupacións locais a contratación duns 600 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Os beneficiarios optarán así a un contrato temporal, que durará entre 7 e 9 meses, e que será a tempo parcial, sempre por riba do 50 por cento da xornada laboral, e cunhas retribucións de acordo aos convenios colectivos correspondentes.

Así o explicou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen ofreceu en rolda de prensa unha explicación detallada desta convocatoria, que é pioneira en Galicia. “O obxectivo que perseguimos é moi claro: ofrecer a resposta que precisa as persoas en risco de exclusión e conseguir que a súa situación non se cronifique”, subliñou.

Esta aposta por vincular inclusión e emprego é tamén a “finalidade principal” da nova Lei de inclusión social de Galicia, que se aprobou no Parlamento autonómico a finais de 2013. De feito, segundo os últimos datos, preto do 10 por cento das persoas que estaban percibindo a RISGA no 2013 conseguiron atopar un traballo, unha cifra que considerou “positiva, pero insuficiente”.

Estas axudas estarán dotadas cun total de 3 millóns de euros, o que permitirá financiar o 100 por cento dos custos salariais destas contratacións, e poderán ser solicitadas por concellos e agrupacións locais. Os beneficiarios terán que cumprir os seguintes requisitos: ser perceptor da RISGA, ter unha antigüidade mínima de seis meses, e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Ademais, van ter preferencia os perceptores da RISGA que se teñan comprometido cun proxecto de inserción sociolaboral.

Xa no que se refire á distribución territorial, Mato sinalou que se seguirán fundamentalmente dous criterios. O primeiro, e o “principal”, é o número de perceptores de RISGA que haxa en cada localidade. En función deste aspecto, os concellos poderán optar a entre 1 e 40 contratacións como máximo.

O segundo criterio será a necesidade dun equilibrio territorial e a solidariedade cos territorios máis desfavorecidos. Ademais, Mato apuntou a outro factor a salientar, que é que todas as contratacións van estar dirixidas á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social.

“A posta en marcha desta nova iniciativa a prol da inclusión social volve demostrar, unha vez máis, que esta é un obxectivo prioritario para este Goberno”, destacou a conselleira, quen indicou que esta é tamén unha das principais liñas de actuación fixadas pola Unión Europea na Estratexia 2020.

Ao respecto, lembrou que actualmente está en marcha a Plataforma europea contra a pobreza e a exclusión social, que plantexa rescatar a 20 millóns de europeos da pobreza e a exclusión social. Para conseguilo, a Comisión Europea está a estudar unha proposta para que o 20 por cento do Fondo Social Europeo estea dedicado á inclusión.

Polo tanto, tanto a estratexia europea como a galega, comparten unha “base común: a aposta pola inclusión activa”. Isto demóstrase tanto na Lei de inclusión social, como no incremento do orzamento das partidas destinadas a esta materia. En concreto, o financiamento dirixido á inclusión en 2014 conta con 59,2 millóns de euros, un 13,6 por cento máis que o ano pasado. Deste, só para a RISGA están orzamentados 42,4 millóns de euros, un 30 por cento máis que o orzamento inicial de 2013.

Comunicado Cámara sobre abdicación SMR

Vigo, 02-06-14.- La Cámara de Comercio de Vigo, ante la noticia anunciada esta mañana, de la intención de Su Majestad El Rey D. Juan Carlos I de España de abdicar en el Príncipe de Asturias S.A.R. D. Felipe De Borbón desea:

– En primer lugar dejar constancia de la altísima consideración que la figura del Rey D. Juan Carlos merece y ha merecido para los miembros de esta Corporación, y de la profunda gratitud por la inestimable labor desempeñada por S.M. en los 39 años de su reinado. Este período, que pasará a la historia como uno de los más brillantes en la Historia de España, ha visto logros innegables entre los que destaca la culminación de una transición pacífica a un régimen plenamente democrático, la integración en la Unión Europea, y una modernización social e institucional sin precedentes históricos anteriores en nuestro país. Todas estas profundas transformaciones han necesitado del indiscutible liderazgo de D. Juan Carlos, quién supo conectar de manera inusualmente directa con las necesidades y aspiraciones de los ciudadanos y contribuir a dar forma práctica a dichas aspiraciones.
– En segundo lugar, la Cámara de Comercio de Vigo destacar la capacidad, preparación y personalidad del actual Príncipe de Asturias, D. Felipe, para hacerse cargo de las responsabilidades y tareas asociadas a la Jefatura del Estado, así como la oportunidad del momento elegido por Su Majestad para la transferencia de dichas responsabilidades.
– Por último, queremos subrayar que ésta es y debe ser para todos, una nueva ocasión para reforzar las instituciones de nuestro régimen democrático, consolidando la normalidad de los cambios que el tiempo hace inevitables.

Ramón Masats, galardonado con el Premio PHotoEspaña, Gervasio Sánchez obtiene el Premio Bartolomé Ros

image005PHotoEspaña hace públicos sus máximos galardones, que han correspondido a dos grandes figuras de la fotografía española

Ramón Masats recibe el Premio PHotoEspaña en reconocimiento a su papel clave en el proceso de modernización y profesionalización de la fotografía española, la capacidad narrativa de su trabajo y su amplia influencia sobre posteriores generaciones de fotógrafos

La obra de Masats se exhibirá, dentro de la programación de PHE14, en el Círculo de Bellas Artes, en la exposición La palangana y en la galería Blanca Berlín

Gervasio Sánchez es el nuevo Premio Bartolomé Ros, que reconoce su fotografía humanista, su compromiso ético y profesional con los conflictos de nuestro tiempo y su impulso a la promoción del fotoperiodismo

Descargar biografías de los premiados aquí

Descargar fotografías de los premiados aquí

Más información: www.phe.es 

Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/notas_prensa/prensa050908.jpg

La directora de PHotoEspaña, Claude Bussac, ha hecho públicos en rueda de prensa los nombres de los premiados con los máximos galardones que, año a año, entrega PHotoEspaña a destacadas personalidades del ámbito de la fotografía y las artes visuales. El acto ha contado con la presencia de Rosa Ros, responsable del legado de Bartolomé Ros, y los dos premiados.

El Premio PHotoEspaña 2014, que reconoce la trayectoria profesional de una personalidad en el ámbito de la fotografía nacional o internacional, ha correspondido a Ramón Masats.

PHotoEspaña reconoce así «el trabajo de un autor capital para la historia de la fotografía española, poseedor de una mirada irónica, fresca y potente. La aportación de Ramón Masats a la modernización y profesionalización de las artes visuales en nuestro país, en solitario y como miembro de diferentes colectivos fotográficos, ha sido clave, así como su influencia en generaciones posteriores». El Festival destaca también «la gran capacidad narrativa de su fotografía, presente en las diferentes publicaciones que recogen su trabajo».

El Premio PHotoEspaña ha correspondido en anteriores ediciones a Bernard Plossu, Alberto García-Alix, Thomas Ruff, Graciela Iturbide, Malick Sidibé, Martin Parr, Robert Frank, Hiroshi Sugimoto, William Klein, William Eggleston, Helena Almeida, Nan Goldin, Duane Michals, Chema Madoz, Luis González Palma y Josef Koudelka.

El trabajo de Ramón Masats está presente en dos exposiciones de la Sección oficial de PHotoEspaña 2014: La palangana, exposición colectiva organizada por la Fundación Banco Santander que podrá visitarse desde el 3 de junio hasta el 31 de agosto, y Ramón Masats inédito, hasta el 26 de julio en la galería Blanca Berlín.

El Premio Bartolomé Ros a la mejor trayectoria española en fotografía ha sido concedido a Gervasio Sánchez.

El jurado, formado por Rosa Ros, responsable del legado de Bartolomé Ros; Carlos Pérez Siquier, fotógrafo y último ganador del Premio; Chema Conesa, comisario independiente; y Alberto Anaut, presidente de PHotoEspaña, ha querido reconocer con este premio «su fotografía humanista, su compromiso ético y profesional con los conflictos de nuestro tiempo y su impulso a la promoción del fotoperiodismo.»

El galardón, otorgado por el legado de Bartolomé Ros, reconoce la aportación de una personalidad española al desarrollo de la fotografía en cualquiera de sus campos, ya sea como comisario, autor, historiador, crítico o a través de cualquier otro vínculo directo con el medio. En otras ediciones han resultado premiados Carlos Pérez Siquier, Fundaciò Foto Colectania, Chema Madoz, Chema Conesa, Isabel Muñoz, Ricard Terré, Javier Vallhonrat, Marta Gili, Alejandro Castellote, la librería Kowasa, Joan Fontcuberta, Alberto García-Alix, Juan Manuel Castro Prieto, Ramón Masats, Cristina García Rodero y Publio López Mondéjar. 

Mañá gradúase a primeira promoción do grao en ADE da Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia entregará mañá, ás 18.30 h, os diplomas da súa primeira promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas nunha cerimonia que terá lugar no Centro Social da fundación, Policarpo Sanz, 26, que estará presidida polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e na que o xerente da entidade, Pedro Otero Espinar e o director da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia, Eduardo García Erquiaga,  darán a benvida aos alumnos recentemente graduados.