A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO ACOLLE ATA O 17 DE XUÑO A EXPOSICIÓN DE PINTURA DOS COLECTIVOS ARTÍSTICOS AÑUCA E TEMARE

LauraLena

Baixo a dirección da artista Checha Montenegro, a mostra é unha compilación de obras realizadas nunha actividade extraescolar de plástica do CEIP Escultor Acuña.
 Os 42 cadros realizados en acrílico sobre lenzo están feitos polos dous grupos artísticos: Añuca de alumnos e alumnas dende os 2 anos e, Temare, de adultos.
 A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Vigo de luns a venres de 9.00 a 19.00 horas e os sábados de 9.00 e a 14.00 horas

Vigo, 03 de xuño de 2014.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle ata o vindeiro 17 de xuño a exposición de pintura dos colectivos artísticos Añuca e Temare dirixida pola artista Checha Montenegro.

Trátase dunha compilación de obras realizadas dentro da actividade extraescolar de plástica que Checha Montenegro ofrece na Anpa do CEIP Escultor Acuña. Así, os seus alumnos e alumnas van dende os 2 anos ata a idade adulta. No marco destas clases, formáronse os dous colectivos artísticos que nestes días, de forma conxunta, expoñen no edificio administrativo da Xunta. Añuca é o grupo formado polos nenos e nenas e por adolescentes, mentres que Temare, é o dos adultos.

En total, expoñen 42 cadros realizados en acrílico sobre lenzo cunha temática que, en verbas da artista que a dirixe, amosa “a natureza e os incendios que a veces a asolan”.

Dirixida a tódolos públicos, está situada na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Vigo e xa se pode visitar en horario de apertura do Rexistro, é dicir, de luns a venres de 9,00 a 19,00 horas e os sábados, de 9,00 a 14,00.

Esta mostra súmase así ás múltiples exposicións de artistas, asociacións e colectivos culturais que xa se realizaron na planta baixa do edificio abrindo o edificio administrativo á participación de artistas e colectivos ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

Checha Montenegro
Nace en Vigo en 1948 e comeza a súa andaina como pintora en 1963. Estuda no colexio alemán e dedícase profesionalmente á enfermería. Desde moi cedo lle atrae a aventura da viaxe e así percorre primeiro Galicia, para facelo logo polo resto do estado e máis tarde por Europa e América.

Como artista podemos definir a Checha Montenegro como unha pintora autodidacta que nos trae unha visión colorista do seu persoal universo. As caras, as flores e, por extensión, a natureza constitúen o mundo expresivo dunha muller que, en continua procura, atopa na simplicidade, a cor e o debuxo, as claves da súa obra.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: