Concello de Vigo


Caballero celebra que Volotea xa conecte Vigo con Valencia, Ibiza e Mallorca

O alcalde eloxiou hoxe martes a Volotea, unha compañía de grandes prestacións e baixo custo coa que coopera o Concello e que este verán conectará Vigo con Valencia, Ibiza e Mallorca. Ao día seguinte ao vóo inaugural da tempada a Valencia, o rexedor lembrou que a única administración que apoia estes enlaces é o Concello de Vigo.

 

O goberno de Vigo aproba a achega de 40.000 euros para a celebración de O Marisquiño

Abel Caballero informou este martes da aprobación do convenio de apoio a O Marisquiño, o evento dos que se celebran cada ano en Vigo que atrae máis persoas á cidade. O alcalde valorou a aportación municipal nuns 75.000 euros en total, sumando a achega da seguridade e a cesión durante tres días do Auditorio Mar de Vigo.

 


Caballero destaca a importancia da “economía audiovisual” na presentación de Primavera de Cine en Vigo

As proxeccións do terceiro festival de filmes Primavera do Cine en Vigo comezarán mañá mércores nos auditorios do Concello de Vigo e do MARCO, e finalizarán o próximo domingo 8 de xuño. Durante a presentación do programa, o rexedor sumouse aos organizadores ao ratificar o carácter reflexivo deste festival .

 


O alcalde define a Copa Vigo de fútbol como “unha tradición que moi poucos poden exhibir”

O fútbol vigués ten o seu momento estelar coa Copa Vigo, o torneo máis vello de Galicia ao terse iniciado en 1933. Directivos e futbolistas arrouparon ao alcalde da cidade, Abel Caballero, e ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento, que o rexedor definiu como “unha tradición que moi poucos poden exhibir no mundo. Oitenta e un anos de Copa Vigo é unha forma de entender o fútbol e o deporte na cidade de Vigo”.

 

O Concello ofrece visitas guiadas de balde á mostra “Arquivo Fotográfico Pacheco. Documento Gráfico”

Desde hoxe martes, e ata o 29 de xuño, o Concello de Vigo oferta visitas guiadas á exposición ubicada na Casa das Artes, tanto con cita previa como para o público presente na sala. A mostra encádrase no labor do Concello de Vigo de difusión e recuperación do arquivo.

 


Obradoiros de teatro no verán

A Escola Municipal de Teatro organiza no mes de xullo os obradoiros monográficos de “Creación teatral”, “Interpretación ante a cámara” e “Teatro Musical” dirixidos a persoas maiores de 15 anos. O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 9 de xuño e finalizará o 24 de xuño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: