O PARO REXISTRADO BAIXA EN GALICIA EN 6.700 PERSOAS EN MAIO E PRESENTA UN MELLOR COMPORTAMENTO QUE A MEDIA DO ESTADO

 A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, puxo hoxe en valor que se vén de rexistrar a sétima baixada interanual consecutiva do desemprego
 Trátase da primeira diminución dun mes de maio desde que comezou a crise económica e o maior descenso interanual en termos absolutos (-20.442 persoas) desde 1999
 A comunidade rematou o mes con menos parados que os que había en maio mes de 2012, isto é, “volveuse a niveis inferiores de paro que os existentes hai dous anos”

Santiago, 3 de xuño de 2014.- O paro rexistrado en Galicia no mes de maio presentou un mellor comportamento a nivel mensual e interanual que a media do Estado. En concreto, o mes pasado rematou con 6.700 desempregados menos, o que en termos relativos se traduce nun 2,48 por cento. En termos interanuais, a baixada foi de 20.442 persoas (-7,20 por cento).

Pola súa banda, no Estado o desemprego diminuíu en 111.919 (-2,39%) fronte ao mes de abril. Se se compara con maio do ano pasado, isto é, en termos interanuais, a cifra do descenso foi de 318.543 (-6,51%).

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, realizou hoxe unha valoración destas cifras, na que aproveitou para facer fincapé en que Galicia acaba de rexistrar a sétima baixada interanual consecutiva do desemprego en Galicia, “e a maior de todas elas”.

De feito, trátase da primeira diminución dun mes de maio desde que comezou a crise económica e o maior descenso interanual en termos absolutos (-20.442 persoas) desde 1999.

Isto confirma a tendencia que se iniciou en novembro de 2013, “o que vén a demostrar a contención da destrución de emprego e unha mellor progresiva”, destacou a responsable autonómica.

Deste xeito, Galicia rematou maio con menos parados (-13.614) dos que había en maio de 2012, o que supón volver a “niveis de paro inferiores aos que existían hai dous anos”.

A análise por sectores reflicte que o maior descenso produciuse no sector dos servizos (-3.034), seguido pola construción (-1.837), a industria (-1.423), a agricultura e a pesca (-229), e o colectivo sen emprego anterior (-177).

Por provincias, o paro baixou en todas elas. A maior diminución corresponde á de Coruña (-2.914); seguida por Pontevedra (-2.416); Lugo (-722) e Ourense (-648).

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de maio un total de 62.704 contratos, 4.850 contratos máis que no mes anterior. Deste total, 4.982 foron indefinidos (7,95%) e 57.722 temporais (92,05%).

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: