SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // ENTRADAS XA Á VENDA PARA O FESTIVAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

ENTRADAS Á VENDA PARA SINSAL SON ESTRELLA GALICIA
letras

Xa están á venda, desde esta mañá, as entradas para acceder a Sinsal Son 

Estrella Galicia en Entradas Novagaliciabanco

Nesta ocasión haberá dous portos de embarque para acceder a San Simón, San Adrián de Cobres e Vigo

Illa de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

Volve Sinsal Son Estrella Galicia e volve a San Simón, dúas illas –San Simón e San Antón– situadas ao final da Ría de Vigo, no Concello de Redondela (Pontevedra). O arquipélago foi empregado durante a súa historia como mosteiro, lazareto, cárcere e residencia. Desde o ano 1999 está catalogado como Ben de Interese Cultural e dende hai catro anos é o lugar no que se leva adiante o festival máis peculiar da axenda nacional.

Xa se poden consultar os prezos e os horarios de ida e volta dos barcos a San Simón na nova web, elaborada para o evento que estreamos hoxe para canalizar o fluxo de persoas interesadas en coñecer

toda a información e comprar as entradas que darán acceso ao festival.

  1. sinsalaudio.es

Novidades

Sinsal Son Estrella Galicia celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo de 2014. Nesta edición hai varias novidades. En primeiro lugar, o día 25 de xullo, entre as 17.00 e as 22.00 horas, haberá unha xornada de apertura que contará con cinco artistas anunciados con anterioridade ao evento. Para os días 26 e 27 de xulio, entre as 13.00 e as 22.00 horas, está previsto a presentación de oito concertos e as actividades paralelas complementarias. Como noutras edicións, o cartel será segredo e repetiremos sete dos oito grupos cada xornada. Nesta edición, tendo en conta que o público do día 27 xoga coa desvantaxe de coñecer aos artistas un día antes, cambiaremos a un dos oito artistas da xornada anterior.

Por primeira vez na historia do evento permitiremos ao público acceder coa súa comida, quedando expresamente prohibido o acceso con bebidas alcohólicas. Por razóns de seguridade non se permitirá o acceso á illa con envases de cristal ou latas. Tampouco estarán permitidos tenedores, coitelos e navallas de metal –si se pode acceder cos de plástico–. Na propia Illa, como é habitual, haberá comida á venda con opcións para vexetarianos e veganos.

Nas próximas semanas iremos achegando máis información, pistas sobre grupos e os nomes que formarán parte do cartel do día 25.

Horarios

Venres 25

Vigo – Ida: 15:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 15:45 e 16:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Sábado 26

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Domingo 27

Vigo – Ida: 11:15 / Volta: 22:55

San Adrián – Ida: 11:45 e 12:15 / Volta: 22:10 e 22:50

Prezos

Venres 25

Vigo (Adulto) – 28€
San Adrián (Adulto) – 25€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 6€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 6€

Sábado 26

Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€



Domingo 27


Vigo (Adulto) – 47€
San Adrián (Adulto) – 43€
Vigo 
(Neno menor de 13 anos) – 10€
San Adrián (Neno menor de 13 anos) – 10€


O prezo da entrada inclúe a viaxe de ida e volta no barco, acceso ao festival, gastos de xestión e impostos. O número máximo de entradas que se pode mercar por persoa son seis.

Recordamos que o cartel repetirase o sábado 26 e domingo 27. O venres 25 será medio día e contará cun cartel diferente.

Entradas á venda dende o mércores 4 de xuño a primeira hora da mañá en:


Entradas Novagaliciabanco

 

 

 

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: