CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

MEDIO AMBIENTE LICITA POR CASE 150.000 EUROS O CONTRATO DE MANTEMENTO DA PRESA DE BAIONA ATA O 2016

 Trátase dunha importante infraestrutura que axuda a subministrar auga de calidade e con menores custes de transporte e xestión que á que se subministra dende o sistema de abastecemento de Vigo
 Compre lembrar que en 2012 Augas de Galicia rematou as obras de mellora e automatización da presa de Baiona, cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros

Santiago, 5 de xuño de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe na plataforma de contratación por case 150.000 euros o contrato de mantemento e xestión necesarias para a correcta explotación da presa de Baiona para os anos 2015 e 2016.

A presa do encoro de Bahiña en Baiona é unha das principais infraestruturas de abastecemento de auga deste concello. Dende este encoro Baiona captase a maior parte da auga que a súa poboación demanda anualmente. É, polo tanto, unha importante infraestrutura que axuda a subministrar auga de calidade e con menores custes de transporte e xestión que á que se subministra dende o sistema de abastecemento de Vigo.

Esta infraestrutura é explotada na actualidade pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencia de prestación do servizo municipal de abastecemento.

Ademais da explotación en mantemento continuados, Augas de Galicia rematou en 2012 as obras de mellora e automatización da presa de Baiona, cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros.

As actuacións máis importantes levadas a cabo foron a construción dun novo peche perimetral, a rehabilitación do edificio de control, e a reparación dos desaugadoiros de fondo e toma.

Tamén se melloraron as instalacións eléctricas, a rehabilitacións das galerías da presa e se executaron melloras en relación á auscultación e automatización da presa, incluíndo a instalación dunha estación meteorolóxica.

A XUNTA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE CON ACTIVIDADES DIRIXIDAS A RAPACES, MAIORES E PROFESIONAIS DO SECTOR

 A primeira delas trátase dun obradoiro para nenos e nenas: “Este parque é o meu parque”
 Outra das actividades centrase na celebración de “Encontros” na illas de Cíes e Ons, cos guías do parque
 O Parque Nacional ten preparada a Xornada divulgativa sobre o DIA con actividades de participación
 Esta semana o Parque tamén acolle o Curso “Dominio Público marítimo terrestre nos Parques Nacionais” dirixido a Garda Civil do Mar.

AS OBRAS DE ABASTECEMENTO EN PIÑEIROS E BROULLÓN, EN MOAÑA, ENTRARÁN EN SERVIZO NOS PRÓXIMOS MESES COA EXECUCIÓN DA REDE DE DISTRIBUCIÓN POR PARTE DO CONCELLO

Augas de Galicia executou estas actuacións hidráulicas mediante a achega de máis de 885.000 euros

 O orzamento da rede de distribución ascende a máis de 92.000 euros e consta dun prazo de execución de dous meses, polo que se prevé que a obra executada pola Xunta poida estar en explotación nos vindeiros meses
 O concello de Moaña planificou a actuación de modo que poida ser financiada pola Deputación de Pontevedra no seu Plan urxente de mantemento do servizos e infraestruturas 2014.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: