Concello do Porriño
TEATRO ESTE JUEVES Y VIERNES EN PORRIÑO
La compañía Atrezo Teatro se subirá al escenario del centro cultural municipal para poner en escena “Así é a vida, meus nenos” y “De conciencias, desconfianzas e outros pactos” .
PORRIÑO ACOGE POR PRIMERA VEZ UN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE
Las clases se impartirán en el Lourambal, del 23 de junio al 30 de julio, e incluyen formación en técnica, táctica, entrenamiento deportivo, reglas de juego, medicina del deporte, psicología, metodología, dirección de equipos y reglamentación deportiva .
PP noticias
PEDRO PUY AFIRMA QUE A XUNTA DEMOSTRARÁ NO PLENO QUE ACTÚA RESPONSABLEMENTE NA XESTIÓN DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, “GARANTINDO UN SERVIZO BÁSICO DE COMPETENCIA MUNICIPAL”
O portavoz popular manifestou o “máximo respecto” polas iniciativas lexislativas populares, destacando que Galicia é a comunidade con máis participación cidadá a través deste instrumento normativo
- A sesión plenaria inclúe a comparecencia da conselleira de Medio Rural e do Mar para informar do plan de prevención e defensa contra os incendios forestais.
-
Figueroa muestra su satisfacción por el estado de las obras de Gobierno, Xunta y Diputación en Vigo, tras chequear su grado de ejecución
-
El portavoz del Grupo Popular afirma que “hay que reconocer el trabajo de las administraciones que gestiona el Partido Popular, que invierten en Vigo más que nunca en la historia de la ciudad”.
-
“Hay una asignatura pendiente con el aeropuerto: las infraestructuras están listas, pero hay que acometer una estrategia de vuelos y le tendemos la mano al alcalde para evaluar la situación”, afirma José Manuel Figueroa.
-
El líder del PP vigués insta al gobierno municipal a que “busque un punto de encuentro” con los responsables de la Federación Vecinal.
-
“El Partido Popular mantiene su posición de máxima colaboración para todos los proyectos que beneficien a Vigo”, enfatiza Figueroa.
Saludos. Gabinete de Comunicación.
-
- Respecto á situación do Concello de Santiago, Puy reiterou que “debemos garantir a gobernabilidade, respectando as leis e os procedementos establecidos”
Os CM da Fundación Novacaixagalicia cubriron máis de 6000 prazas nas actividades ofertadas no curso 2013-2014
Os doce centros de maiores da Fundación Novacaixagalicia remataron o seu curso 2013-2014 o pasado 31 de maio con máis de 6000 prazas cubertas nas súas actividades culturais, físicas e da saúde, de informática, idiomas, artesanía e artes plásticas. As clases preferidas polos maiores de 55 anos que acoden aos centros da entidade e, polo tanto, as máis demandadas, son aquelas que promoven a prevención e facilitan unha mellora na calidade de vida, tales como as físicas e da saúde, por exemplo as terapias corporais como ximnasia articular, aerodanza, bailes de salón, Pilates, ioga, tai-chi ou costas saudables; tamén teñen unha gran demanda a estimulación cognitiva, as clases de memorización e a musicoterapia
crónica do acto desta mañá ILP Renda Básica
Esta mañá a Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e GAS concentrámonos xunto a entrada da delegación de Facenda en Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 centos non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.
O vindeiro venres volveremos á rúa, desta vez na entrada do Alcampo na avenida Castelao de 10h00 a 13h00, para continuar coa recollida, porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer tamén na ODS-Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo), todos os luns de 17h00 a 19h00.
Achegamos o texto que elaboramos para o acto:
Hoxe concentrámonos diante do edificio de Facenda convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Trátase, sobre todo, de informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, pero tamén, coma moitas outras veces, de saír á rúa para denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.
As cifras son so cifras, e pouco poden dicir dos auténticos dramas persoais que agachan detrás, pero non menten. Medra día a día o número de persoas e familias que viven (ou malviven) por baixo do limiar da pobreza (máis do 20% da poboación estatal, segundo a Enquisa de Condicións de Vida realizada en 2013 polo Instituto Nacional de Estatística). Pero do mesmo xeito medra sen descanso o número de ricos: 1625 persoas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros, o que supón un 7% máis que o ano anterior. A riqueza común, en fin, acumulada nas mans dun poucos, mentres unha crecente porcentaxe da poboación carece do máis elemental.
Fronte a estas cifras que falan con claridade da inxustiza social, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.
Deste esforzo colectivo e do convencemento de que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza, nace a campaña de recollida de sinaturas da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL.
Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.
A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.
A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.
Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.
Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA, XA!
Vigo, 9 de xuño de 2014
ODS-Coia – Parroquia Cristo da Victoria – Grupo Axitación Social